Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A11 |
Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A28 |
Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade de deseñar e planificar un proxecto |
A1 A5 A11 A15 A22 A28
|
B2 B4 B5
|
C1 C3
|
Ter coñecementos dos procesos químicos industriais |
A11 A22
|
|
C1
|
Capacidade de traballo en equipo. |
A22
|
B2 B5 B7
|
C1 C3
|
Elaborar e escribir memorias e informes de carácter científico e técnico |
A1 A28
|
B4 B5
|
C1
|
Capacidade de indagar e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
A22
|
B5
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE PROXECTOS |
1.1. Definición de proceso e cuestións fundamentais
1.2. Teoría de proxecto: Definición e clasificación
1.3. Características do proxecto e etapas
1.4. Ciclo de vida dun proxecto
1.5. A dirección do proxecto. Características principais da dirección do proxecto
|
2. ESTUDOS PREVIOS: VIABILIDADE ECONÓMICA DO PROXECTO
|
2 Estudos previos económicos
2.1. Estudio de mercado
2.2. Demanda e oferta
2.3. Mecanismo de mercado
2.4. Elasticidade da demanda: Definición e tipos
2.5. Estimación de prezo e ingresos
|
3. ESTUDOS PREVIOS: LOCALIZACIÓN E TAMAÑO DA PLANTA |
3.1 Localización da planta
3.1.1 Factores determinantes
3.2.2. Métodos de estimación
3.2. Estimación do tamaño de planta
3.2.1. Economía do tamaño de planta
3.2.2. Métodos de estimación
|
4. ESTUDOS PREVIOS: TIPOS E ESTIMACIÓN DE CUSTOS |
5.1. Produción: Definición e relación cos custos
5.2. Custos: descripción, tipos e estimación de custos |
5. ESTUDOS PREVIOS: ESTIMACIÓN DA INVERSIÓN. |
4.1. Tipos de capital
4.2. Estimación dos tipos de capital inmovilizado
4.3. Estimación dos tipos de capital circulante
|
6. ESTUDOS PREVIOS: AVALIACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO |
6.1. Avaliación económica do proxecto: Descripción
6.2. Métodos estáticos de avaliación económica do proxecto
6.3. Métodos dinámicos de avaliación económica do proxecto
|
7. DESEÑO DO PROXECTO |
7.1. Enxeñería básica do proxecto.
7.2. Diagrama e descripción do proxecto.
7.3. Especificacións da enxeñería básica.
7.4. Deseño dun equipo.
|
8. BALANZO DE ENERXÍA: PLANTEXAMENTO E APLICACIÓN. |
8.1. Plantexamento formal do balanzo
8.2. Ecuación de conservación. Balanzo de enerxía.
8.2.1. Ecuación balanzo. Formas simplificadas.
8.3. Intercambiadores de calor. Descrición e tipos.
8.3.1. Intercambiadores de carcasa e tubos: Cálculos.
8.4. Cálculos en evaporadores.
|
9. SEGURIDADE NA INDUSTRIA QUÍMICA |
9.1. Introdución á seguridade na industria química
9.2. Accidentes químicos:
9.2.1. Toxicidade: Tipos e efectos das mesmas
9.2.2. Inflamabilidade
9.2.3. Fichas de seguridade
9.3. Accidentes térmicos
9.4. Accidentes mecánicos
8.5. Seguridade no proxecto
|
10. IMPACTO AMBIENTAL DOS PROCESOS QUÍMICOS |
10.1. Emisións industrais
10.1.1.Emisións gaseosas industriais
10.1.1.1 Contaminación atmosférica: Efectos sobre o medio
10.1.1.2. Clasificación de contaminantes atmosféricos
10.1.2. Emisións líquidas
10.1.2.1 Tipos de contaminantes
10.1.2.2 Efectos de contaminates no medio
10.2. Control de emisións
10.2.1. Control e descontaminación de emisións gaseosas
10.2.2. Control e descontaminación de emisións líquidas
10.3 Impacto ambiental.
10.3.1. Estudo de impacto ambiental.
10.3.2 Avaliación de impacto ambiental.
10.4 Prevención do impacto ambiental
10.4.1 Auditoría dirixida á minimización
10.4.2 Plan de minimización |
11. DOCUMENTACIÓN DO PROXECTO |
11.1. Documentación previa
11.2. Proposta
11.3. Informes parciais e análise de resultados
11.4. Informe final
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A5 A28 |
26 |
52 |
78 |
Seminario |
A11 A15 B2 B4 B7 |
9 |
18 |
27 |
Traballos tutelados |
A22 A28 B4 B5 C1 C3 C4 |
10 |
30 |
40 |
Proba mixta |
A1 A15 B2 B4 C1 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais impartiranse ó grupo completo. Consistirán en leccións expositivas nas que se exporá de forma ordenada o temario da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o contido e obxectivos principais de dito tema. Asemesmo, ó final do tema farase un breve resumo dos contidos máis salientables. Para facilita-la labor de seguimento por parte do alumno das clases presenciais proporcionaráselle con antelación o material docente utilizado polo profesor. A exposición de cada un dos temas apoiárase en medios audiovisuais. |
Seminario |
Esta clase de metodoloxía ten por obxectivo a de profundizar nalgúns aspectos concretos da materia tratados cun carácter máis xeral nas clases de teoría. Para isto, traballarase na resolución de casos prácticos relacionados co desenvolvemento de proxectos e unidades de proceso. |
Traballos tutelados |
Os traballos tutelados teñen por obxectivo a realización, por parte dos alumnos, dun pequeno estudo/ proxecto en grupos reducidos. A misión destas sesións será orientar e dar pautas para que o alumnado poida realizar dito estudo, que deben presentar por escrito. Este proxecto será avaliado como unha actividade de traballo autónomo ou non presencial. |
Proba mixta |
Realizarase unha proba mixta, que abranguera preguntas teóricas tipo test e exercicios, onde o alumno debe amosa-los seus coñecementos da materia adquiridos ó longo do curso. Esta proba será de modo presencial. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
|
Descrición |
Nos seminarios, a atención personalizada farase mediante titorias presenciais e por medios telemáticos. A nivel individual o alumno poderá expor as súas dúbidas referentes ás cuestións de carácter práctico plantexadas na clase.
No traballo tutelado, a atención personalizada buscará resolver as dificultades que se lle planteen ao alumnado na formulación do proxecto, na elección das ferramentas e na análise da información e dos resultados acadados, así como a revisión dos sucesivos borradores do informe do traballo.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A15 B2 B4 C1 |
Realizaráse unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 1 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos catro puntos na mesma.
|
50 |
Traballos tutelados |
A22 A28 B4 B5 C1 C3 C4 |
Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará por escrito, un pequeno estudo/proxecto en equipos reducidos. Avaliarase a claridade de contidos, a presentación e redacción da memoria. Avaliarase así mesmo o proceso de elaboración do traballo, con especial atención á capacidade de traballo en grupo e de iniciativa individual. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a realización e presentación do mesmo dentro dos plazos fixados no seu momento. |
25 |
Sesión maxistral |
A1 A5 A28 |
A presencia activa nas sesións maxistrais incentivaráse, proporcionalmente, cun máximo dun 10% na nota final sempre e cando esta presencia sexa igual ou maior ó 90%. |
10 |
Seminario |
A11 A15 B2 B4 B7 |
Durante a semá entregarán-se cuestións prácticas ó alumnado para que traballen na súa resolución. As cuestións resoltas deberán ser entregadas ó profesor antes da clase de resolución das mesmas. En outras ocasións, presentaránse os alumnos, ó inicio da sesión, problemas para resolver na mesma aula, tendo que entrega-los resoltos ó fin da mesma. A entrega e resolución dos traballos resoltos computará, proporcionalmente, ate un máximo dun 15% da nota final.
|
15 |
|
Observacións avaliación |
A proba mixta estará composta de dúas partes: Unha teórica e outra práctica que abranguerá a materia teórica e a resolución de problemas tratados durante o curso. A nota desta proba sumarase á cualificación obtida nos traballos tutelados e nos seminarios durante o curso. Para supera-la materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 4, ter elaborado e entregado o traballo tutelado e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima de 5. De non acadarse dita puntuación mínima na proba mixta e/ou non ter presentado o traballo tutelado, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20 % das actividades avaliables programadas. A calificacion dos seminarios e do traballo tutelado conservaránse na segunda oportunidade, namentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se teñen cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volve comenzar cun novo curso , incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). .
Canon, J.L. , Rebollar, R. e Saenz, M.J. (2003). Curso de gestión de proyectos. Manual del alumn. Asociación Española de Ingeniería de Proyectos (AEIP)
Corchuelo, B., Eguía, B. y Valor, M.T. (2006). Curso práctico de microeconomía. Delta publicaciones
Cepeda, I.; Lacalle, M.; Simón, J.R.; Romero, D. (2004). Economía para ingenieros. Thomson editores
Institut Cerdá (1994). Manual de minimización de residuos y emisiones industriales. Institut Cerdá, Barcelona
Cabra Dueñas, L., de Lucas Martínez, A., Ruiz Fernández, F. e Ramos Marcos, M.J. (2010). Metodología del diseño aplicado y gestión de proyectos para ingenieros quiímicos. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha
Sapag Chain, N. y Sapag Chain, R. (2000). Preparación y Evaluación de Proyectos. Editorial McGraw-Hil
Storch de Gracia, J. N. y García Martín, T. (2008). Seguridad Industrial en Plantas Químicas y Energéticas. Editorial Díaz de Santos
Cos Castillo, M. de (1997). Teoría General del Proyecto. Volumen I: Dirección de Proyectos. Editorial Síntesis |
|
Bibliografía complementaria
|
Corchuelo, B., Eguía, B. y Valor, M.T. (2006). Curso práctico de microeconomía. Delta Publicaciones
Sinnott, R. & Towler, G. (2012). Diseño en Ingeniería Química. Editorial Reverté
Vian, A. (1991). El Pronóstico Económico en Química Industrial. Editorial Eudema
Peters, M. S., Timmerhaus, K. D. y West, R. E. (2012). Plant Design and Economics for Chemical Engineers. Editorial McGraw-Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/610G01001 | Matemáticas 2/610G01002 | Física 1/610G01003 | Física 2/610G01004 | Química 1/610G01007 | Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 | Química 4/610G01010 | Laboratorio de Química/610G01032 | Enxeñaría Química/610G01033 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|