Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Medio ambiente e calidade Código 610G01037
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Analítica
Coordinación
Andrade Garda, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Fernández Amado, María
Lopez Mahia, Purificacion
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
maria.fernandez.amado@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Es una materia que versará sobre los principales contaminantes, sus fuentes y efectos en el medio ambiente, así como la legislación aplicable en cada medio. Adquisición de los conocimientos básicos relacionados con los sistemas de gestion de calidad y medioambientales. Identificación de problemas medioambientales y aplicación de estrategias químico-analíticas para su evaluación. Interpretación de datos medioambientales de acuerdo con la legislación y/o normativas específicas. Se realizará una introducción a los sistemas de Gestión de Calidad y de Gestión Medioambiental. Se discutirá qué debe entenderse como calidad de un laboratorio y se presentarán algunas herramientas típicas para el control de la calidad y ambiental.

A materia céntrase no estudo dos principais contaminantes no medio ambiente; nas súas fontes de orixe e nos efectos que poden causar. Farase tamén especial fincapé na lexislación básica aplicable, nacional e internacional. Darase especial importancia aos procesos de identificación de problemas ambientais e, nomeadamente, ao estabelecimento de estratexias analíticas para o seu estudo. Abordaranse os aspectos da interpretación da información ambiental e a súa relación coa lexislación. A materia tamén abordará os principios básicos dos modelos internacionais de Xestión Ambiental e os conceptos básicos da Calidade nos laboratorios. Discutiranse ferramentas básicas para o control da calidade.

The subject is about studying the major environmental pollutants, their most frequent sources and the effects they may cause into the environment. The most relevant national and international legislation will be reviewed. Major emphasis will be placed on developing procedures to identify environmental problems and how to set an analytical strategy to study them. Following, how to report the information and how to evaluate it according to legal settings will be discussed. The subject deals also with the basics of formal, internationally-driven, Environmental Management Systems and Quality Management in laboratories.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber identificar os principais contaminantes e as súas fontes. Saber identificar e predecir os efectos no medio. Saber identificar e aplicar a lexislación aplicable en cada medio. Saber establecer estratexias químico-analíticas para a evaluación da calidade ambiental dun medio (dende a mostraxe até a interpretación de datos). A15
A16
A17
A19
A23
B2
B3
B4
C3
C4
Saber os principios básicos dos sistemas de Xestión de Calidade e de Xestión Medioambiental segundo os modelos internacionais. Saber interpretar a información derivada de ditas ferramentas. Saber identificar a importancia dos recursos humáns. A14
A16
A26
A28
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Química Analítica do Medio Ambiente. Natureza e campo de aplicación. Definición e tipos de contaminación. Necesidade da Química Analítica nos problemas medioambientais. Tipos de análises. Nocións sobre lexislación medioambiental.
Tema 2. Principais contaminantes atmosféricos. Control analítico da contaminación atmosférica. Contaminación atmosférica: emisión e inmisión. Principais contaminantes e as súas fontes. Efectos no medio ambiente e na saúde. Parámetros de calidade do ar. Redes de vixilancia e control. Lexislación específica. Toma de mostra. Investigación analítica dos principais contaminantes na atmosfera.

Tema 3. Principais contaminantes do medio acuático. Control analítico da contaminación no medio acuático.
Caracterización físico-química das augas. Parámetros de calidade das augas. Principais contaminantes e a súa orixe. Lexislación específica. Toma de mostra: augas, sedimentos e organismos. Investigación analítica dos principais contaminantes en augas.
Tema 4. Principais contaminantes no chan e na vexetación: fontes e efectos. Control analítico da contaminación. O chan como receptor de verquidos e residuos. Orixe, transporte e destino dos principais contaminantes. Lexislación específica. Toma de mostra: chan e vexetación. Investigación analítica dos principais contaminantes.
Tema 5. A calidade no laboratorio químico Calidade dun laboratorio de análise. Perspectiva do cliente. Perspectivas do laboratorio/empresa. A calidade como proceso.
Tema 6. Introducción aos Modelos Internacionais para a Xestión da Calidade Definición formal de calidade. ISO 9000, ISO 17025. Aspectos fundamentais que contemplan ambas normas. Algunhas dificuldades habituais. Discusión dalgúns aspectos críticos que configuran a calidade dun laboratorio. Ferramentas básicas empregadas no control da calidade: diagramas de Pareto, de Ishikawa, de afinidade. Cartas de control. Outras ferramentas.
Tema 7. Introducción aos Sistemas Internacionais de Xestión medioambiental Importancia da empresa na protección ambiental. A idea de Taguchi: calidade e Sociedade. Introducción aos modelos ISO 14000 e Europeo de Autoxestión e Autocontrol, EMAS.
Prácticas de laboratorio Abordarán o proceso analítico da forma máis completa posible, dende a toma de mostra até a interpretación do resultado. Versarán sobre problemas reais dentro do campo medioambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 7 17.5 24.5
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 10 25 35
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 3 0 3
Sesión maxistral A15 A16 A28 B6 C4 C7 18 28.8 46.8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Como complemento das clases maxistrais realizanse seminarios adicados áa resolución dalgúns dos problemas e cuestión que, previamente terán sido entregados ao estudante. Neles interpretaranse datos e resolveranse problemas reais relacionados con parámetros indicadores da calidade do ar, augas y chan. Tamén se discutirá algún exemplo de puntos críticos no control da calidad de laboratorios.
Prácticas de laboratorio O estudante aplicará en mostras reais os conceptos teóricos estudados ao longo do curso e será capaz de constrastar os resultados obtidos coas especificacións da lexislación específica. Ao rematar as prácticas terá que entregar unha memoria do traballo feito que inclúa un informe e/ou análise crítica e detallada sobre os resultados obtidos.
Proba mixta Constará de afirmacións a validar empregando varias alternativas indicadas, para que o estudante seleccione a que mellor resposte á pregunta. Ademáis realizaranse preguntas nas que se deixa un espazo limitado para a súa contestación. Terán que resolverse exercicios numéricos.
Sesión maxistral Abordarán os contidos máis importantes do programa. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao aluno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
A atención persoal que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo pesencial cos alumnos, de xeito que implica a participación obrigatoria dos mesmos, baixo a supervisión do profesor, que pode resolver dúbidas e organizar a busca bibliográfica, etc.
Haberá sesións de 45 minutos de duración con conexións para as tres metodoloxías descritas. Esta atención realizarase na oficina do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 O exame consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e exercicios numéricos e/ou de estudo de casos.
65
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 Valorarase de forma continua o traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención,..) e a memoria entregada.
15
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 Valorarase a participación dos alumnos nas clases, ademáis da resolución das cuestións e/ou exercicios plantexados.
20
 
Observacións avaliación

O traballo do alumno será evaluado de forma continua e periódica a través da asistencia regular ás actividades evaluables, a súa participación nos traballos de seminario, a resolución de cuestións e exercicios plantexados polo profesor (que terán de ser entregados no prazo que se indique), polas prácticas de laboratorio (cuxa realización é obligatoria) e polos exámenes escritos. Ao final das prácticas deberán entregar un informe do procedimiento, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

Para superar a asignatura é preciso obter, tanto na proba mixta coma no resto de actividades evaluables, unha nota mínima de 4 (sobre 10) e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades evaluables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A asignatura
non será aprobada (incluso no caso de que a suma total supere 5) se a
puntuación dunha das actividades evaluables non acada o 4. Neste caso, a
puntuación final da asignatura será suspenso (4).

O alumno obterá calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades académicas programadas e non se presente ao exame final.

No contexto de "evaluación continuada" a "segunda oportunidade de xullo" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Xa que logo, para as prácticas e seminarios manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, mentres que a calificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta de xuño.


Polo que fai aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a evaluación, refirese a un curso académico e, xa que logo, voltaría a comezar co novo curso, incluídas tódalas actividades e procedimentos de evaluación que sexan programadas para dito curso.

Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubrira na súa totalidade na primeira oportunidade


Fontes de información
Bibliografía básica BADIA, A. (2002). Calidad, Modelo ISO9001. Deusto
OROZCO, C.; PEREZ, A.; GONZALEZ, n.; RODRIGUEZ, F.J.; ALFAYATE, J.M. (2002). Contaminación medioambiental: una visión desde la Química. Madrid, Thomson, Paraninfo
MANAHAN, S.E. (2000). Environmental chemistry. Boca Raton, Lewis
SAGRADO, S.; BONET, E.; MEDINA, M.J.; MARTIN-BIOSCA, Y (2005). Manual práctico de calidad en los laboratorios. Madrid, AENOR

Bibliografía complementaria ALLOWAY, B.J.; AYRES, D.C.; (1997). Chemical principles of environmental pollution, 2nd Edition. London, Blackie Academic & Professional
FITFIELD, F.W.; HAINES, P.J.; (2000). Environmental analytical chemistry, 2nd edition. Oxford, Backwell Science
PATNAIK, P (2000). Handbook of environmental analysis. Boca Raton, CRC Press
ISHIKAWA, K (1994). Introducción al control de calidad. Madrid, Díaz de Santos
JURAN, J.M.; GRYNA, F.M. (1993). Manuel de control de calidad. Madrid, Díaz de Santos, McGraw Hill
BAIRD, C (2001). Química ambiental, 2a edición. Barcelona, Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Analítica 1/610G01011
Química Analítica 2/610G01012
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Química Analítica Instrumental 2/610G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015

Materias que continúan o temario
Traballo de fin de Grao/610G01043

Observacións

Ter coñecementos básicos dos métodos clásicos e instrumentais de análise (volumetrías, gravimetrías, métodos de separación, técnicas electroanalíticas, ópticas e cromatográficas).

Ter coñecementos, a nivel de usuario, das ferramentas informáticas comúns (follas de cálculo, procesador de textos, navegación pola web, etc).

Coñecementos básicos de inglés.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías