É necesario ter superados 225 créditos do Grao (todas as materias excepto o TFG) para que o alumno poda entregar a
memoria e realizar a defensa do TFG.
As instrucción relativas á presentación dos TFG figuran como Anexo IV do Regulamento dos TFG dos títulos de Grao xestionados pola Facultade de Ciencias.
Como norma xeral, o estudantado defenderá o TFG presencial e publicamente. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo, sen sobordar os 15 minutos, do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal.
A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Os criterios do tribunal faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal.
A cualificación outorgarase segundo o sistema establecido pola normativa da UDC.
Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.
No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.
A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC.
A matrícula da dereito ao alumno a
presentarse,exclusivamente, as dúas oportunidades fixadas en cada curso
académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC.
No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordó entre titor e estudante, e así o solicite o estudante.
RECOMENDACIÓNS DE ESTILO DA
MEMORIA:
· Tipo e tamaño de letra: Times New Roman 12
puntos / Arial 11 puntos (ou similares)
· Marxes: superior/inferior: 2,5 cm; esquerdo/dereito:
3 cm
· Interlineado: 1,5
· Separación entre parágrafos: 12 puntos
· Extensión da memoria: mínimo 35 páxinas-
máximo 50 páxinas (incluindo anexos) ou mínimo 10.000 palabras – máximo 12.000
palabras (esta cifra correspondese con unhas 40-45 páxinas con certa carga gráfica).
· Portada:
-
Logotipo
da Universidade da Coruña.
-
Facultade
de Ciencias.
-
Grao
correspondente.
-
Título
do traballo nos 3 idiomas (castelán/galego/inglés)
-
Nome
dos directores.
-
Nome
do autor do traballo.
- Data da convocatoria á que se presenta.