Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Microbioloxía Código 610G02015
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Celular e Molecular
Coordinación
Herrero Lopez, Maria Concepcion
Correo electrónico
concepcion.herrero@udc.es
Profesorado
Cid Blanco, Angeles
Esperanza Llera, Marta
Fidalgo Paredes, Pablo
Herrero Lopez, Maria Concepcion
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
marta.esperanza@udc.es
pablo.fidalgo@udc.es
concepcion.herrero@udc.es
enrique.torres@udc.es
Web
Descrición xeral Materia obrigatoria do grao en Bioloxía. Inicia ao alumnado nos conceptos básicos de Microbioloxía, tanto teóricos como prácticos: estrutura de microorganismos; fisioloxía bacteriana; introdución á Viroloxía; xenética microbiana; filoxenia e sistemática de microorganismos. Serve de base para cursar posteriormente outras materias da área, tanto obrigatorias como optativas. Compleméntase con outras materias do Grao, como Bioquímica, Xenética, Ecoloxía, etc.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A13 Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A15 Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B12 Adaptarse a novas situacións.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento teórico e práctico dos microorganismos nos seus aspectos básicos Coñecementos básicos sobre a estrutura e fisioloxía dos microorganismos, así como as bases metodolóxicas para o estudo dos mesmos A1
A2
A4
A13
A15
A21
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12

Contidos
Temas Subtemas
Sección I: : Introdución á Microbioloxía 1.- O mundo microbiano: definición e obxecto de estudo da Microbioloxía. Desenvolvemento histórico. Importancia dos microorganismos
2.- Diversidade do mundo microbiano. O tres Dominios: Bacteria, Archaea e Eukarya. Virus. Concepto de especie bacteriana. Nomenclatura
SECCIÓN II: Estrutura da célula procariota 3.- Tamaño. Forma. Parede celular
4.- Protoplasto bacteriano
5.- Apéndices e capas superficiais
6.- Diferenciación en procariotas: endospora bacteriana
SECCIÓN III: Nutrición, metabolismo e crecemento 7.- Principios de nutrición e cultivo. Categorías nutricionais. Clases e fontes de nutrientes. Medios de cultivo.
8.- Principios básicos do metabolismo microbiano. Diversidade metabólia dos microorganismos
9.- Crecemento: división celular e crecemento poboacional. Métodos de medida do crecemento
10.- Efecto de factores ambientais sobre o crecemento
SECCIÓN IV: Viroloxía 11.- Principios básicos
12.- Virus bacterianos
13.- Virus animais. Virus oncoxénicos. Quimioterapia antiviral
14.- Virus vexetais. Partículas subvíricas
SECCIÓN V: Xenética microbiana 15.- Nucleoide bacteriano: replicación. Regulación da expresión xénica. Plásmidos
16.- Mutación
17- Mecanismos de intercambio xenético en procariotas: transformación, transducción e conxugación. Elementos transponibles
SECCIÓN VI: Evolución e sistemática microbiana 18.- Evolución microbiana
19.- Sistemática microbiana. Clasificación e identificación
20.- Domino Archaea
21.- Dominio Bacteria
PRÁCTICAS DE LABORATORIO - Observación de microorganismos. Tinciones
- Preparación de medios de cultivo
- Illamento e cultivo de microorganismos
- Microbiota normal
- Estudo do crecemento
- Probas de identificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A15 A21 A29 B1 B3 B6 B8 B9 30 75 105
Prácticas de laboratorio A2 A4 A13 A29 A30 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B12 15 9 24
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B4 B8 B9 2 0 2
Proba obxectiva B2 B3 1 0 1
Seminario B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 4 9 13
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado das bases teóricas da materia
Prácticas de laboratorio
As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria. Nelas abordaranse, desde o punto de vista experimental, aspectos tratados nas sesións maxistrais e nos seminarios. Tratarase que o alumno/a se inicie correctamente nos procesos e metodoloxías básicas da Microbioloxía.
Proba mixta Proba escrita na que se porá valor ao grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno/a
Proba obxectiva A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Seminario Realización de seminarios, que poderán ser de distintos tipos, relativos a aspectos da materia. Supoñen un reforzo dos contidos tratados nas clases maxistrais e nas prácticas e tratarán de estimular o traballo continuado do alumno ao longo do cuadrimestre. Serán valorados conxuntamente coa sesión maxistral na proba mixta, sen prexuízo de establecer valoracións específicas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Proba mixta
Proba obxectiva
Descrición
Durante o desenvolvemento da materia atenderanse as necesidades e consultas do alumno relacionadas coa materia, proporcionándolle a orientación e o apoio que sexan necesarios, tanto de forma presencial como non presencial.
Dentro da atención personalizada pódense incluír sesións de preparación dos exames, así como a posterior revisión dos mesmos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A15 A21 A29 B1 B3 B6 B8 B9 Avalíase a través da proba mixta e da proba obxectiva 0
Prácticas de laboratorio A2 A4 A13 A29 A30 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B12 Asistencia obligatoria. Evaluación continua durante el desarrollo de las mismas (10%).
Examen (15%)
20
Seminario B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 Avalíase na proba mixta. Ademais poden establecerse mecanismos específicos de avaliación dos distintos seminarios que serán oportunamente explicados. Como máximo suporán o 10% da nota total da materia 0
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B4 B8 B9 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e seminarios. Como máximo suporá o 70% da nota total da materia. 70
Proba obxectiva B2 B3 Hacia a metade da materia, se realizará una proba obxectiva para axudar ao traballo continuo do alumno e poder avaliar o progreso do mesmo 10
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio para ser avaliado, así como entregar en tempo e forma as tarefas que poidan ser establecidas como obrigatorias nos seminarios.


O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a proba mixta para superar a materia.


Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente.


Baseándose na avaliación continua valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto.


Para que un alumno sexa considerado como "NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta.


No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a proba escrita, repetindo esta (tendo en conta que inclúe a parte das sesión maxistrais e dos semiamrios). Se son as prácticas, repetindo o exame. ADVERTENCIA: se non se realizaron as prácticas haberá que superar ademais un exame práctico.


Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primeira opción, non poderá concederse ninguna na segunda opción aínda que se obteña a máxima nota


 


Fontes de información
Bibliografía básica MADIGAN, M., MARTINKO, J., BENDER, K., BUCKLEY, D. and STAHL, D. (2014). Brock Biology of Microrganims . Pearson
MADIGAN, M.T., MARTINKO, J.M., DUNLAP, P.V. and CLARK, D.P. (2009). Brock. Biología de los microorganismos. Pearson
WILLEY, J.M., SHERWOOD, L.M. and WOOLVERTON, C.J. (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. McGraw Hill
WILLEY, J.M., SHERWOOD, L.M. and WOOLVERTON, C.J. (2014). Prescott's Microbiology. McGraw Hill
CARRASCO, L & ALMENDRAL DEL RIO, J.M. (2006). Virus patógenos. Hélice

http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/MicrobeWiki

http://www.semicrobiologia.org/

http://www.asm.org/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Citoloxía/610G02007
Bioquímica: Bioquímica I/610G02011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016
Técnicas en Microbioloxía/610G02017
Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental/610G02018

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías