Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A7 |
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Análise de Datos e de Estatística Descritiva |
A4 A10 A11 A12
|
B1 B2
|
C1 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e comprender o manexo das técnicas básicas da Análise de Datos e de Estatística Descripitiva |
A4 A6 A7 A8 A10
|
B6 B10
|
C1 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades |
A4
|
B3 B4
|
C1 C4 C5 C6 C7 C8
|
Manexar os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades |
A4
|
B5 B7
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Estatística Descritiva
|
Análise descritiva unidimensional
Análise descritiva bidimensional y n-dimensional
Regresión y correlación
|
Series temporais |
Series temporais |
Números índices |
Números índices |
Cálculo de probabilidades |
Introducción ao cálculo de probabilidades
Variable aleatoria
Principais distribucións dunha variable aleatoria
Converxencia e teorema central do límite
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A7 B1 B2 B3 B4 |
17 |
34 |
51 |
Obradoiro |
A4 A6 A11 B5 B6 |
15 |
30 |
45 |
Prácticas a través de TIC |
A8 C4 |
3 |
6 |
9 |
Proba mixta |
A4 A6 B7 |
4 |
8 |
12 |
Aprendizaxe colaborativa |
A12 B10 C1 |
4 |
8 |
12 |
Proba de ensaio |
C1 C6 C7 |
3 |
6 |
9 |
Seminario |
A11 |
4 |
0 |
4 |
Proba oral |
A10 C5 C6 C7 C8 |
2 |
4 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Lección impartida polo profesor que pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Ademais pode introducir algunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
O obxectivo é introducir ao alumno nos conceptos da materia, transmitíndose así a base do coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe. |
Obradoiro |
Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesor: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposicións e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentacións, exposicións, debates e comentarios de traballos, aclaracións de dúbidas sobre a teoría, etc.
Con todo, tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación, ou en todo caso como simple comentario da sesión maxistral.
|
Prácticas a través de TIC |
Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e a supervisión do profesor. Trabállase co apoio do computador e resérvanse para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos necesita da ferramenta informática. Ademais introducirase aos alumnos no traballo da estatística con medios informáticos. |
Proba mixta |
Proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Nesta proba pódense combinar diferentes formatos de preguntas como exercicios, cuestións, test, etc. O obxectivo final reside en que o alumno desenvolva a súa capacidade de razoamento e o profesor conte cun instrumento de avaliación dos coñecementos, destrezas, rendemento e habilidades do estudante.
Realizaranse dúas probas mixtas: a primeira comprende os temas de Estatística Descritiva, Series temporais e Números Indices; a segunda corresponde aos temas de Cálculo de Probabilidades.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, da resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como o dos restantes membros do grupo.
Antes da entrega do traballo en grupo, dedicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou as dificultades coas que se atoparon na realización dos mesmos. Desta forma créase un debate entre os alumnos, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito crítico.
|
Proba de ensaio |
Proba na que se responde por escrito a preguntas de certa amplitude. Nesta proba pódese combinar a realización de exercicios dos distintos temas, con preguntas breves e/ou cuestiones tipo test.
Permite medir os coñecementos que vai adquirindo o alumno e, desta maneira, analizar a súa evolución na materia. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo. En cada grupo formaranse dous subgrupos de alumnos. Fixaranse tutorías cunha duración total de 4 horas por alumno repartidas en varias sesións. Poderanse utilizar para o desenvolvemento das prácticas a través de TIC, atender dúbidas sobre a solución de problemas ou sobre a preparación do exame. Avisarase en clase con suficiente antelación sobre o lugar e horas en que se van á celebrar. |
Proba oral |
Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas, valorando especialmente a capacidade de razoamento. Permite medir diferentes habilidades do estudante. Nesta proba pódese incluír tamén a realización e exposición de exercicios prácticos (tipo I e tipo II). A exposición será individual, pero a súa realización e evolución poderán combinar casos individuais e/ou casos en grupo.
Exercicios tipo I: exercicios individuais que os alumnos realizarán durante as diferentes clases a proposta do profesor.
Exercicios tipo II: exercicios en grupo baseados en boletíns proporcionados polos profesores; aínda que non teñen porqué ser idénticos, serán do mesmo estilo.
Neste apartado avaliarase a participación do alumno na clase. Será criterio do profesor a elección do tipo de proba ou probas a realizar.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado,
ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A4 A6 B7 |
Co obxectivo de motivar ao traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor realizará unha primeira proba mixta liberatoria (primeiro parcial) que comprende os temas de Estatística Descritiva, Series temporais e Números Indices e que suporá un 40% da cualificación.
A segunda proba mixta (segundo parcial) corresponde aos temas de Cálculo de Probabilidades, e realizarase na mesma data que o exame final; supón un 30% da cualificación total.
|
70 |
Proba oral |
A10 C5 C6 C7 C8 |
Con esta proba se evalua a participación en clase por parte do alumnado. A/s modalidade/s de proba oral estableceranse segundo criterio do profesor. Pódese avaliar a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición en clase de exercicios prácticos (xa sexan individuais e/ou en grupo) ou outro tipo de proba desenvolvida para ese efecto. |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
A12 B10 C1 |
Constitúe a realización do traballo en grupo.
O traballo consiste na aprendizaxe do manexo dunha folla de cálculo para a aplicación das técnicas estatísticas desenvolvidas en clase. O traballo será avaliado na aula de informática. O profesor poderá considerar como parte do traballo a asistencia ás sesións formativas na aula de informática.
O traballo será realizado e avaliado segundo criterio do profesor. |
10 |
Proba de ensaio |
C1 C6 C7 |
Desenvolverase na segunda parte da materia. Proba para responder por escrito a preguntas de certa amplitude. Pode incluír preguntas breves e/ou cuestiones tipo test.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
As probas e actividades de avaliación da materia realizaranse unicamente nas datas previstas, salvo causa excepcional, sometida a criterio do profesor. As datas de realización da proba mixta liberatoria e da proba de ensaio anunciaranse na aula coa suficiente antelación. As probas mixtas (parciais) considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un mínimo do 40% da nota en cada unha delas, é dicir unha cualificación de 4 puntos, para computar coas outras actividades que se avalíen. Considerarase liberado o primeiro parcial a condición de que se obteña unha cualificación maior ou igual a 4 puntos. Se se libera o primeiro parcial, no exame final haberá que realizar unicamente o segundo parcial. Os alumnos que non obtivesen a nota mínima nas probas mixtas (parciais) e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña cinco puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nos parciais. Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final. Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación ao profesor e autorización por parte deste. Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, é dun 70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Levine, D. M., Krehbiel, T. C. and Berenson, M. L. (2010 (5th ed.)). Business Statistics: A first course. Upper Saddle River, Pearson Education
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de Estadística Descriptiva y probabilidad. Madrid, Pirámide
Montiel, A. M., Rius, F. y Barón, F. J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Madrid, Prentice Hall
Esteban García, J. y otros (2004). Estadística Descriptiva y nociones de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J. y Ruiz-Maya, L. (2006). Fundamentos de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J., Montero, J. M. y Ruiz-Maya, L. (2006). Problemas de Probabilidad. Madrid, Thomson
Newbold, P., Carlson, W. and Thorne, B. (2010). Statistics for business and economics, 7/E. Pearson/Prentice Hall
Levine, D. M. et al. (2011). Statistics for managers using MS Excel, 6/E. Prentice Hall |
Os tres últimos libros servirán como referencia bibliográfica para o grupo de inglés (grupo A) desta materia. |
Bibliografía complementaria
|
Uña Juárez, I., San Martín Moreno, J. y Tomeo Perucha, V. (2010). Cálculo de Probabilidades. Madrid, Garceta
García-Carro Peña, B., Sánchez Sellero, M. C. y Martínez Filgueira, X. M. (2003). Curso práctico de Probabilidad con aplicaciones económicas. Universidad da Coruña
Tomeo Perucha, V. y Uña Juárez, I. (2009). Estadística Descriptiva. Madrid, Garceta
Benítez Márquez, M.D. y otros (2012). Estadística Descriptiva. Madrid, McGraw-Hill
Cao Abad, R. y otros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Madrid, Pirámide
Sánz, J. A., Bedate, A., Rivas, A. y González, J. (1996). Problemas de Estadística Descriptiva Empresarial. Madrid, Ariel |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014 |
|
Observacións |
A principio do curso porase a disposición dos alumnos unhas normas complementarias e aclaratorias para todos os grupos (incluído o de inglés). O grupo A de esta materia impartirase integramente en inglés. O material de traballo, neste idioma, figurará igualmente na plataforma virtual da materia. Os criterios de avaliación para este grupo serán iguais que os estipulados para os demais grupos. |
|