Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e utilizar axeitadamente algunhas técnicas de inferencia estatística, e comprender os resultados da súa aplicación empírica. |
A3 A4 A6 A8 A12
|
|
C1
|
Coñecer e valorar a utilidade dos modelos econométricos no campo da predición. |
A3 A4 A6
|
B1
|
C1 C6
|
Coñecer, comprender e analizar as consecuencias do incumprimento das hipóteses do modelo de regresión lineal normal clásico. |
A4
|
B3 B4
|
C1 C4
|
Coñecer e comprender as técnicas axeitadas para a estimación, contraste e predición no modelo de regresión lineal normal xeneralizado. |
A11 A12
|
B5 B10
|
C1 C4 C5 C6
|
Coñecer e aplicar os procedementos do software apropiado para estimar, contrastar e predicir nun modelo de regresión lineal múltiple. |
A3 A4 A8 A9 A10
|
B2
|
C8
|
Analizar, dende un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas e instrumentos que se utilizan no ámbito da disciplina. |
A11 A12
|
|
C1 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Revisión do modelo de regresión lineal clásico. |
1.1. Hipóteses e estimación dos parámetros do modelo.
1.2. Propiedades dos estimadores.
1.3. Análise da bondade do axuste.
|
2. Inferencia no modelo de regresión lineal normal clásico. |
2.1. Hipótese de normalidade.
2.2. Distribucións de probabilidade para os estimadores.
2.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
2.4. Estimación por intervalo.
2.5. Estimación máximo-verosímil.
|
3. Predición no modelo de regresión lineal clásico. |
3.1. A predición: concepto e clases.
3.2. Predición óptima no modelo clásico.
3.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
3.4. A estabilidade no período de predición. |
4. Multicolinealidade. |
4.1. Concepto.
4.2. Causas e consecuencias.
4.3. Procedementos para detectar a multicolinealidade.
4.4. Posibles formas de actuar. |
5. O modelo de regresión lineal xeneralizado. |
5.1. Hipóteses.
5.2. Estimación, inferencia e predición.
5.3. Heterocedasticidade: estruturas, causas, contrastes, estimación e predición.
5.4. Autocorrelación: estruturas, causas, contrastes, estimación e predición.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A9 |
1 |
0 |
1 |
Obradoiro |
A3 A12 |
17 |
42.5 |
59.5 |
Prácticas a través de TIC |
A4 A6 C1 C4 |
8 |
16 |
24 |
Proba obxectiva |
A3 A8 A9 |
2 |
6 |
8 |
Sesión maxistral |
A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B10 C5 C6 C7 C8 |
17 |
34 |
51 |
|
Atención personalizada |
|
6.5 |
0 |
6.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Consisten na presentación da materia e a exposición detallada das actividades que deben desenvolver os alumnos e os criterios cos que serán avaliados. |
Obradoiro |
Son sesións interactivas nas que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos. |
Prácticas a través de TIC |
Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. |
Proba obxectiva |
É unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe. |
Sesión maxistral |
Consiste na exposición oral, por parte dos profesores, dos conceptos e métodos, aínda que debe contar coa participación activa dos alumnos. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba obxectiva |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A atención personalizada permite resolver as dúbidas específicas de cada alumno tanto no que se refire á comprensión dos conceptos teóricos coma no que se refire á súa aplicación práctica. Nas prácticas a través de TIC, a heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas fai que os problemas que xurden durante o seu desenvolvemento sexan múltiples e variados; por iso é necesario resolvelos de forma individualizada. Nos talleres, cada alumno encontra dificultades en aspectos distintos das aplicacións prácticas, de maneira que se fai necesario un traballo individual con cada un deles para que non perdan o ritmo das clases. Para preparar a proba obxectiva, cada alumno ten dúbidas específicas e require unha atención especial.
Ademais desta atención personalizada, cada alumno terá catro horas de titorías en grupo reducido. Ao longo do curso detallarase o día e o lugar onde se impartirán. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A3 A12 |
Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computan na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. |
30 |
Proba obxectiva |
A3 A8 A9 |
A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Considérase fundamental para a avaliación, computa ata un máximo de 7 puntos sobre 10, e esíxese obter nela un mínimo de 2.5 puntos para que sexan computadas as cualificacións obtidas polas actividades desenvolvidas nos talleres. O alumno que non alcance este mínimo será cualificado só coa nota da proba obxectiva. O alumno que o alcance ou o supere será cualificado coa suma das puntuacións obtidas na proba obxectiva e nas actividades desenvolvidas nos talleres. |
70 |
|
Observacións avaliación |
O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no correspondente apartado, en todas e cada unha das oportunidades.
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total, con independencia da puntuación obtida. NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS OBXECTIVAS
De acordo co Artigo 10.(Identificación dos estudantes) das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "O profesor ou profesores encargados da realización dunha proba ou actividade de avaliación deberán ter constancia da identidade do alumnado que se presente a esta. Para ese fin, poderán requirir en calquera momento da realización das probas de avaliación a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a exhibición da tarxeta de estudante da UDC, documento nacional de identidade ou documento identificativo equivalente". Ademais, de acordo co Artigo 14. (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias) das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:
"1. Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.
2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.
3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso de seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carrascal, U.; González, Y.; y Rodriguez, B. (2000). Análisis Econométrico con Eviews. Ra-ma
Pena, J.B. y otros (1999). Cien ejercicios de Econometría. Pirámide
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Martin,G.; Labeaga,J.M. y Mochón, F. (1997). Introducción a la Econometría. Pretince Hall
Ramil, M.; Rey C.; Lodeiro, M.;Arranz,M. (2013). Introducción a la Econometría. Teoría y práctica. Reprografía Noroeste, S.L. |
|
Bibliografía complementaria
|
Gujarati, D (2010). Econometría. McGraw-Hill
Maddala, G.S. (1996). Introducción a la Econometría. Prentice Hall |
A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía, tales como os que poden encontrarse en acceso libre en http://www.usc.es/economet.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G02001 | Principios de Macroeconomía/611G02005 | Estatística I/611G02006 | Matemáticas I/611G02009 | Matemáticas II/611G02010 | Estatística e Introdución á Econometría/611G02014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia é a continuación de Introdución á Econometría. Como consecuencia, é moi importante que os alumnos estean familiarizados co seu contido.
|
|