Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. |
A2 |
Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. |
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A5 |
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B8 |
CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. |
B9 |
CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Afondar na comprensión da lóxica financeira |
A1
|
B1 B2
|
C6 C8
|
Comprende-la fundamentación da análise de proxectos de investimento |
A1 A3
|
B3 B7 B10
|
C4
|
Saber avaliar un investimento non financeiro |
A2 A4 A5 A6 A8 A11
|
B5 B8
|
|
Saber desenvolver modelos e aplicar ferramentas informáticas |
A5 A9
|
B3 B5 B7
|
C5 C7
|
Saber formular e defender un proxecto financeiro |
A10 A11
|
B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C5 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Avaliación de proxectos de investimento. O valor. |
Introdución á avaliación de investimentos.
Fundamentos e fases do modelo de avaliación.
Os fluxos de caixa
O valor actual neto
A taxa interna de rendemento
Outros criterios: O payback e o indice de rendibilidade
O investimento en equipos industriais |
O risco dos proxectos individuais |
Análise de sensibilidade.
Análise das decisións de investimento dende o punto de vista da teoría de xogos.
O risco e os seus efectos intertemporais: o modelo de Hillier.
As árbores de decisión.
Introdución á simulación. |
Modelos avanzados de avaliación de investimentos |
Decisións de investimento con racionamento de capital.
Enfoques de decisión multicriterio. AHP. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A4 A8 A10 A11 B1 B6 B7 B10 C1 C4 C6 C7 C8 |
17 |
34 |
51 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 |
22 |
44 |
66 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 |
3 |
6 |
9 |
Seminario |
A3 A4 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 |
4 |
8 |
12 |
Proba mixta |
A3 A4 A8 A10 A11 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
2 |
9 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación dos aspectos xerais do tema. |
Solución de problemas |
Aplicación á práctica dos conceptos da materia. |
Prácticas a través de TIC |
Desenvolvemento e aplicación de modelos de análise mediante folla de cálculo e/ou software específico |
Seminario |
Sesión desenvolvidas en grupo reducido orientada á aclaración dos aspectos do temario que o precisen. Programaranse 3 ou 4 sesións, dividindo cada grupo do curso en 2 grupos reducidos.
Habitualmente utilizaranse as TIC.
|
Proba mixta |
Proba de avaliación escrita, de contido teórico - práctico |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Sesión maxistral |
Seminario |
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As actividades prácticas desenvolveranse nas aulas e como extensión delas, o cal require, pola súa propia natureza, unha supervisión por parte dos docentes.
Programaranse 4 horas de seminarios (titorías en grupos reducidos) nas que se poderán atender dúbidas individuais. Ademáis, o alumnado ten á súa disposición o horario de tutorías publicado polo profesorado para a atención personalizada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A3 A4 A8 A10 A11 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción e a capacidade para aplicalas á solución de problemas. |
50 |
Seminario |
A3 A4 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 |
As probas de avaliación continua poderanse realizar indistintamente nas sesións de grupo de curso ou nas de grupos reducido (seminarios), polo que a súa avaliación será conxunta, dentro do 50% asignado a "Solución de problemas". |
0 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 |
As TIC teñen nesta materia un papel instrumental. En consecuencia, aínda que non se valorará directamente a seu dominio, nalgúns casos prácticos avaliados poderían utilizarse ferramentas informáticas. |
0 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 |
Valorarase na avaliación continua a resolución na aula de problemas , inseridos no proceso de aprendizaxe. As probas de carácter específico complementaranse con probas de carácter máis amplo, referidas aos epígrafes xerais do programa. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Os criterios de avaliación son aplicables con total uniformidade nas "oportunidades" de Xuño e Xullo. O conxunto das actividades prácticas, desenvolvidas no grupo de clase ou nos grupos reducidos, pondera un 50% na avaliación. Pola súa mesma natureza, as tarefas inseridas nas actividades de aula só poderán ser valoradas cando sexan realizadas de acordo coa súa programación, no momento previsto no grupo correspondente. No cómputo da cualificación da avaliación contínua poderase obviar, sempre con carácter xeral, o resultado obtido en algunha proba con peor cualificación ou non realizada. De acordo coa normativa aplicable, os exámes deberán realizarse nas datas oficias establecidas, agás nos casos excepcionais expresamente previstos na normativa académica; e a cualificación de "non presentado" outorgarase cando só se participe en actividades que teñan un peso na avaliación inferior ao 20%, con independencia da cualificación acadada. Na convocatoria anticipada a avaliación realizarase mediante unha proba mixta específica, comprensiva da globalidade dos contidos e competencias propios da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fernández Castro, A.S. e Iglesias Antelo, S. (2000). Métodos Cuantitativos de Selección de Inversiones. Casos prácticos. . Santiago: Tórculo Edicións
BREALEY, R.A.; MYERS, S.C y ALLEN, F. (2010). PRINCIPIOS DE FINANZAS CORPORATIVAS, 9ª ed.. MacGraw-Hill
(). Principles of Corporate Finance. |
Dada a orientación á práctica da materia, o texto de "Casos prácticos" constitúe unha axuda fundamental para a súa preparación. Por outra banda, cómpre sinalar que o texto teórico seleccionado considérase bibliografía básica tamén nas materias Teoría do Financiamento (3º curso de A.D.E.) e Planificación Financeira (4º curso). Outras edicións do mesmo manual, ou doutros relacionados nos que participan algúns dos seus autores, proporcionan tamén axuda para a maioría dos conceptos tratados. |
Bibliografía complementaria
|
Suárez, A. (2005 ). Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. . Madrid: Pirámide
Piñeiro, C.; de Llano, P (2006). Dirección Financiera: modelos avanzados de decisión con Excel. . Madrid: Delta
Boedo Vilabella, Lucía (2010). Evaluación de un proyecto de inversión en entornos de certeza, riesgo e incertidumbre. . Editorial Reprografía del Noroeste, A Coruña
Pindado García, J. (2012). Finanzas Empresariales.. Madrid: Paraninfo
Doldán, F. (2003). Métodos cuantitativos de selección de inversiones. . Santiago: Tórculo |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G02004 | Estatística I/611G02006 | Matemáticas II/611G02010 | Contabilidade Financeira I/611G02013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Teoría do Financiamento/611G02021 | Planificación Financeira/611G02034 |
|
Observacións |
O único dispositivo electrónico permitido nas aulas (a excepción, lóxicamente, das desenvolvidas mediante TICs) é a calculadora científica non programable. |
|