Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer Técnicas Estatísticas e a súa aplicación, comezando con técnicas básicas (Estatística Descritiva) e seguindo con técnicas máis específicas para datos multivariantes, datos cualitativos e Control de Calidade. |
|
B3 B4 B10
|
C1 C4 C5 C8
|
Aprender a empregar esas Técnicas coa axuda dun ordenador (mediante paquete estatístico) |
|
B6 B7
|
C1 C6 C7 C8
|
Coñecer situacións e ámbitos nos que esas técnicas poden ser aplicadas.
|
|
B1 B2 B5
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Análise Exploratoria |
1.1 Estatística Descritiva
1.2 Depuración de datos
1.3 Contrastes |
2.- Introdución á aplicación informática |
2.1 Manexo dun paquete estatístico |
3.- Control de Calidade
|
3.1 Conceptos básicos de Control de Calidade.
3.2 Aplicación do Control de Calidade mediante ferramentas informáticas.
|
4.- Métodos de Análise Multivariante |
4.1.- Introdución á análise de datos multivariantes
4.2.- Aplicación de métodos multivariantes mediante ferramentas informáticas |
5.- Análise de datos Cualitativos |
4.1 Introdución á análise de datos cualitativos
4.2 Análise de datos cualitativos mediante ferramentas informáticas |
6.- Teoría da Decisión |
6.1 Introdución á Teoría da Decisión |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B1 B2 B3 B4 B5 |
15 |
30 |
45 |
Obradoiro |
B10 C1 |
7 |
14 |
21 |
Prácticas a través de TIC |
C8 C7 |
10 |
30 |
40 |
Proba mixta |
C4 |
2 |
4 |
6 |
Aprendizaxe colaborativa |
C6 |
3 |
9 |
12 |
Traballos tutelados |
B7 C5 |
3 |
9 |
12 |
Seminario |
C6 C7 |
4 |
0 |
4 |
Proba oral |
B6 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia ...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. O obxectivo é introducir ao alumnado nos conceptos da materia, transmitirase así a base de coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe. |
Obradoiro |
Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, que poderán ser mediante exercicios ou traballos, e individuais ou en grupo. |
Prácticas a través de TIC |
Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado. Traballarase con apoio do ordenador, e reservarase para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos o recomenda. De xeito trasversal tamén se introducirá ao alumnado no traballo en estatística con medios informáticos. |
Proba mixta |
Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final.
Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor propoñerá probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
Dado que que o obxectivo destas probas intermedias é motivar o traballo continuado, para poder realizalas será necesario obter un nivel mínimo nas actividades de avaliación que estean relacionadas coa materia avaliada na proba mixta.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, na resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como a dos restantes membros do grupo. Previo á entrega dos traballos, adicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou dificultades coas que se atoparon na resolución dos mesmos. Deste xeito créase un debate entre eles, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito critico.
Ao remate dos traballos, cada grupo debera amosar o realizado, existindo diferentes posibilidades que dependerán de como avance a docencia: exposición oral ou escrita, ou avaliación informática. |
Traballos tutelados |
En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará varios traballos en grupo, enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría. |
Seminario |
Organizarase cada grupo de clase en dous subgrupos (a metade dos alumnos en cada un),
Realizaranse 4 horas de Seminario para cada un destes subgrupos, Neles atenderanse dúbidas e discutirase sobre as diferentes partes da materia, así como as actividades e traballos propostos a realizar sobre esa materia. |
Proba oral |
Neste apartado incluese a exposición de traballos ou das actividades dos obradoiros |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Obradoiro |
|
Descrición |
Atencion persoalizada ao alumno para a resolucion das dúbidas que puidesen aparecer, non só na resolucion de exercicios se non en calquera outra fase do proceso de aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
C4 |
Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final.
Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor propoñerá probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
|
30 |
Obradoiro |
B10 C1 |
Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo. |
35 |
Traballos tutelados |
B7 C5 |
En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará varios traballos en grupo, enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría. |
35 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Freixa i Blanchart, M. y otros (1992). Análisis exploratorio de datos: nuevas técnicas estadísticas. PPU Aldás, J; Uriel, E. (2005) Análisis multivariante aplicado. Paraninfo Levy Mangin, J (2003) Análisis Multivariable para las Ciencias Sociales. Pearson Educación Hair, J.; Anderson, R., Tatham, R., Black, W. (1999) Análisis Multivariante. Prentice Hall Pérez, C. (2011) Técnicas de Segmentación. Ibergaceta Publicaciones. |
Bibliografía complementaria
|
|
Lind, R.; Marchal, W.; Mason, R. (2004) Estadística para administración y economía. Editorial Alfaomega Lind, R.; Marchal, W.; Wathen. S. (2008) Estadística aplicada a los negocios y la economía. McGraw-Hill |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estatística I/611G02006 | Estatística e Introdución á Econometría/611G02014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|