Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Dereito comunitario e comparado do traballo e da Seguridade Social Código 612847206
Titulación
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 10
Idioma
Alemán
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Italiano
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público Especial
Coordinación
Martinez Giron, Jesus
Arufe Varela, Alberto
Correo electrónico
jesus.martinez.giron@udc.es
alberto.arufe.varela@udc.es
Profesorado
Arufe Varela, Alberto
Carril Vázquez, Xosé Manuel
Martinez Giron, Jesus
Correo electrónico
alberto.arufe.varela@udc.es
xose.manuel.carril.vazquez@udc.es
jesus.martinez.giron@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo, a través do manexo gratis dende casa dos portais xurídicos máis significativos europeos e norteamericanos, das principais institucións, dereitos, liberdades e principios laborais e de seguridade social do Dereito comunitario europeo, nas súas vertentes "ad extra" e "ad intra", e dos Dereitos francés, alemán, italiano, británico, portugués e norteamericano, tomando sempre como punto de referencia o Dereito español.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE 2 Claves da libre circulación de persoas, servizos y capitais
A5 CE5 Coñecemento dos ámbitos materiais nos que existe unha primacía do Dereito da Unión Europea: consumo; Dereito industrial; Dereito da competencia; Dereito de sociedades; Dereito das telecomunicacións; espazo de liberdade, seguridade e xustiza.
A8 CE 8 Coñecemento das políticas de xénero da Unión Europea
A9 CE 9 Capacidade para ponderar o valor atribuído ao recoñecemento dos dereitos sociais no ámbito do proceso de integración supranacional.
A11 CE 11 Coñecemento das vías de participación, nacionais e comunitarias, dos entes subestatais en asuntos comunitarios, con especial atención ao modelo autonómico español
B1 CG1 Coñecemento das institucións da Unión Europea e das vías de acceso ante elas dos ciudadáns e das persoas xurídicas
B3 CG3 Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea
B5 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B6 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B7 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B8 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
B9 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexo solvente do portal xurídico comunitario en Internet, incluso dende a casa, ós efectos de poder localizar todo tipo de documentación xurídica da Unión Europea, normativa ou non normativa. AI11
Manexo solvente dos portais xurídicos dos países comparativamente máis significativos, incluso dende a casa, utilizando como fío conductor os dereitos, libertades e principios fundamentalmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social. BI3
Manexo das fontes xurídicas en lengua vernácula (inglés, francés, alemán, italiano e portugués), sin necesidade de ningunha formación especial previa en idiomas extranxeiros. CI2
Que sexa capaz de comunicar as súas conclusións -así como os coñecementos e razóns que as sustentan- a públicos especializados e non especializados. BI8
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CI6
AI2
AI5
AI8
AI9
BI1
BI6
BI7
BI9
BI5
CI4
CI5
CI7

Contidos
Temas Subtemas
1.- Os servizos públicos de emprego en Europa e nos Estados Unidos.
2.-A inspección de traballo e seguridade social en Europa e nos Estados Unidos.
3.-O contencioso laboral en Europa e nos Estados Unidos.
4.- A xestión da seguridade social en Europa e nos Estados Unidos.
5.- O contencioso da seguridade social en Europa e nos Estados Unidos.
6.- A liberdade sindical no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
7.- O dereito de participación dos traballadores na empresa no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
8.- O dereito de negociación colectiva no ordenameento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
9.- O dereito de folga no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
10.- O principio de estabilidade no emprego no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
11.- O dereito á protección do traballador fronte ós riscos do traballo no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
12.- O principio do respeto ás condicións mínimas de traballo no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
13.- O dereito á protección do traballador ante as situacións críticas da empresa no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
14.- O dereito á protección do traballador fronte o despedimento inxustificado no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
15.- O accidente de traballo no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
16.- O principio de automaticidade das prestacións de seguridade social no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.
17.- O principio do respeto ós dereitos adquiridos en materia de seguridade social complementaria no ordenamento comunitario, nas lexislacións e prácticas nacionais europeas, e na lexislación dos Estados Unidos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 A5 A8 A11 B1 B3 17 29 46
Presentación oral A9 B6 B7 B8 B9 C2 17 85 102
Proba mixta B5 C4 C5 C6 C7 17 85 102
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Comunicar ós estudantes as cuestións esenciais do tema a tratar. Ten un carácter netamente informativo. O protagonismo o asume fundamentalmente o profesor.
Presentación oral Interactuar co estudante sobre cuestións esenciais do tema tratado. Ten un carácter principalmente formativo. O protagonismo distribúese a partes iguais entre o profesor e os estudantes.
Proba mixta Facer participar ó estudante en probas diversas sobre as cuestións esenciais do tema tratado. Ten un carácter fundamentalmente autoformativo. O protagonismo decántase sobre todo do lado dos estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Presentación oral
Proba mixta
Descrición
A nosa disponibilidade para atender ós alumnos é total, xa presencialmente na Área (de 12 a 15 e de 17 a 21, de luns a venres), ou ben virtualmente (calquer día e a calquera hora) a través das direccións de correo electrónico titof@udc.es e jmg@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A2 A5 A8 A11 B1 B3 Baseada fundamentalmente na asistencia regular ás clases presenciais. 33
Presentación oral A9 B6 B7 B8 B9 C2 Baseada fundamentalmente na asistencia regular e a participación activa ás clases presenciais. 33
Proba mixta B5 C4 C5 C6 C7 Baseada fundamentalmente na asistencia regular e a participación activa ás clases presenciais. 34
 
Observacións avaliación

Os exames quedan abolidos.


Fontes de información
Bibliografía básica J. MARTÍNEZ GIRÓN y A. ARUFE VARELA (2010). Fundamentos de Derecho comunitario y comparado, europeo y norteamericano, del Trabajo y de la Seguridad Social, 2ª ed.. A Coruña. Netbiblo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Metodoloxía informática do Dereito Comunitario e do Dereito Comparado/612847216

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías