Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Galego e Administración Pública Código 612847210
Titulación
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 1
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Profesorado
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Web
Descrición xeral Breve introdución á situación sociolingüística da lingua galega desde a perspectiva da lexislación e reflexión sobre
a problemática da linguaxe administrativa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE 1 Resolución de problemas derivados da unión económica e monetaria
A3 CE 3 Coñecemento dos distintos estatutos xurídicos persoais fundados na nacionalidade
A6 CE 6 Coñecemento dos sistemas de recursos e procedementos xudiciais comunitarios
A7 CE 7 Manexo solvente dos sistemas de captación e xestión de recursos comunitarios
A9 CE 9 Capacidade para ponderar o valor atribuído ao recoñecemento dos dereitos sociais no ámbito do proceso de integración supranacional.
A11 CE 11 Coñecemento das vías de participación, nacionais e comunitarias, dos entes subestatais en asuntos comunitarios, con especial atención ao modelo autonómico español
A12 CE 12 Coñecer a regulación da liberdade de pensamento, conciencia e relixión no ámbito comunitario, así como la xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) nestes ámbitos.
B1 CG1 Coñecemento das institucións da Unión Europea e das vías de acceso ante elas dos ciudadáns e das persoas xurídicas
B3 CG3 Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea
B7 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B8 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
B9 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer e analizar as características específicas da situación sociolingüística e da lexislación básica que atinxe á lingua galega. AI1
AI3
AI9
BI1
BI9
CI1
Coñecer a evolución da lexislación lingüística cara ao galego. AI3
AI11
AI12
BI3
BI7
BI9
CI1
CI6
Avaliar o impacto e os resultados da lexislación sobre a situación sociolingüística do galego e sobre o proceso de institucionalización do idioma. AI6
AI7
AI12
BI8
BI9
CI1
CI2

Contidos
Temas Subtemas
I. Introdución á historia e á lexislación básica atinente á lingua galega.
A lexislación estatal e autonómica desde 1978
II. A “Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”. Breve historia da súa xénese e aprobación
III. A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. Breve historia da súa xénese e aprobación
IV. A modificabilidade da lexislación iuslingüística existente: unha leitura sociolingüística. Iniciativas para-lexislativas da historia contemporánea da Galiza
V. A problemática da linguaxe administrativa. Conexión do modelo de lingua co uso real planificado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A3 A6 A9 A11 A12 B1 B3 B7 B8 B9 C1 C2 C6 0 7 7
Traballos tutelados A1 A3 A6 A7 A9 A11 B7 B8 B9 C1 C2 0 8 8
Discusión dirixida A9 A11 A12 B8 B9 C1 2 1 3
Análise de fontes documentais A3 A9 A11 B3 B7 B8 C1 C2 C6 1 1 2
Sesión maxistral A1 A3 A6 A7 A9 A11 A12 B1 B3 C6 5 0 5
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado que consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
Discusión dirixida Nalgunhas das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Previamente deberán prepara a discusión a partir das lecturas obrigatorias determinadas pola profesora.
Análise de fontes documentais Procura e estudo de textos relacionados co temario da materia.
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Lecturas
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Análise de fontes documentais
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución de cada alumno ou alumna, de maneira que en calqeura momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 A6 A7 A9 A11 A12 B1 B3 C6 Avaliarase a asistencia, participación e actitude do alumnado nas aulas teóricas.
10
Lecturas A3 A6 A9 A11 A12 B1 B3 B7 B8 B9 C1 C2 C6 será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos. 20
Traballos tutelados A1 A3 A6 A7 A9 A11 B7 B8 B9 C1 C2 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas.
50
Discusión dirixida A9 A11 A12 B8 B9 C1 Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestións e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
10
Análise de fontes documentais A3 A9 A11 B3 B7 B8 C1 C2 C6
O alumnado terá que analizar na clase textos ou outro tipo de materiais. Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.
10
 
Observacións avaliación
Segunda oportunidade (xullo)


As persoas que non superaren a
materia após asistiren regularmente ás aulas e realizaren un 60% das
actividades propostas, deberán repetir unicamente aquelas actividades
non superadas. Nos casos restantes, serán avaliadas pola realización dunha presentación oral de carácter similar á definida para o resto do alumnado e para a que se fixará día e hora no mes de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica GARCÍA NEGRO, Mª P. (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Santiago de Compostela, Ed. Laiovento
GARCÍA NEGRO,Mª P. (2000). Dereitos lingüísticos e control político. Santiago de Compostela, Ed. Laiovento
FERREIRA, A. X. / NOGUEIRA, A. / TATO, A. / VILLARES, L. (2005). Estatuto xurídico da lingua galega. Vigo : Xerais
GARCÍA NEGRO, Mª P. (1991). O galego es as leis. Aproximación sociolingüística. Vilaboa - Pontevedra, Ed. O Cumio

Constitución española.

Estatuto de Autonomía de Galiza.

Lei 3/1983 de Normalización Lingüística.

Bibliografía complementaria

Freixeiro Mato, X.R. (2002) [1997]: Lingua galega: normalidade e conflito (Santiago de Compostela: Laiovento).

Freixeiro Mato, X.R. (2009): Lingua de calidade (Vigo: Xerais).

García Conde, S. (1999): “Propostas básicas para o funcionamento e status legal dos SNL/SL”, en Domínguez Salgado, A. / Mayo Redondo, S. / Romero Rodríguez, D. (eds.): Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística: 19-34 (Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega).

García Negro, M. P. (coord.) (2009): Sobre o racismo lingüístico (Santiago de Compostela: Laiovento).

Monteagudo e Bouzada (coords.) (2002):O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I. Política lingüística: Análise e perspectivas (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua).

Sanmartín Rei, G. (2009): Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación (Vigo: Xerais).

Sanmartín Rei, G. (Ed.) (2010): Lingua e futuro (Ames: Laiovento).

Villares Naveira, L. (coord.) (2010): Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo (Bertamiráns, Ames: Laiovento).

Xunta de Galicia (2005): Plan xeral de normalización da lingua galega (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías