Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE 1 Resolución de problemas derivados da unión económica e monetaria |
A3 |
CE 3 Coñecemento dos distintos estatutos xurídicos persoais fundados na nacionalidade |
A6 |
CE 6 Coñecemento dos sistemas de recursos e procedementos xudiciais comunitarios |
A7 |
CE 7 Manexo solvente dos sistemas de captación e xestión de recursos comunitarios |
A9 |
CE 9 Capacidade para ponderar o valor atribuído ao recoñecemento dos dereitos sociais no ámbito do proceso de integración supranacional. |
A11 |
CE 11 Coñecemento das vías de participación, nacionais e comunitarias, dos entes subestatais en asuntos comunitarios, con especial atención ao modelo autonómico español |
A12 |
CE 12 Coñecer a regulación da liberdade de pensamento, conciencia e relixión no ámbito comunitario, así como la xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) nestes ámbitos. |
B1 |
CG1 Coñecemento das institucións da Unión Europea e das vías de acceso ante elas dos ciudadáns e das persoas xurídicas |
B3 |
CG3 Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea |
B7 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B8 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades |
B9 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Recoñecer e analizar as características específicas da situación sociolingüística e da lexislación básica que atinxe á lingua galega.
|
AI1 AI3 AI9
|
BI1 BI9
|
CI1
|
Coñecer a evolución da lexislación lingüística cara ao galego.
|
AI3 AI11 AI12
|
BI3 BI7 BI9
|
CI1 CI6
|
Avaliar o impacto e os resultados da lexislación sobre a situación sociolingüística do galego e sobre o proceso de institucionalización do idioma.
|
AI6 AI7 AI12
|
BI8 BI9
|
CI1 CI2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Introdución á historia e á lexislación básica atinente á lingua galega.
|
A lexislación estatal e autonómica desde 1978 |
II. A “Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”. |
Breve historia da súa xénese e aprobación |
III. A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. |
Breve historia da súa xénese e aprobación |
IV. A modificabilidade da lexislación iuslingüística existente: unha leitura sociolingüística. |
Iniciativas para-lexislativas da historia contemporánea da Galiza |
V. A problemática da linguaxe administrativa. |
Conexión do modelo de lingua co uso real planificado |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A3 A6 A9 A11 A12 B1 B3 B7 B8 B9 C1 C2 C6 |
0 |
7 |
7 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A6 A7 A9 A11 B7 B8 B9 C1 C2 |
0 |
8 |
8 |
Discusión dirixida |
A9 A11 A12 B8 B9 C1 |
2 |
1 |
3 |
Análise de fontes documentais |
A3 A9 A11 B3 B7 B8 C1 C2 C6 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A6 A7 A9 A11 A12 B1 B3 C6 |
5 |
0 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
|
Traballos tutelados |
O alumnado realizará un traballo tutelado que consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
|
Discusión dirixida |
Nalgunhas das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Previamente deberán prepara a discusión a partir das lecturas obrigatorias determinadas pola profesora.
|
Análise de fontes documentais |
Procura e estudo de textos relacionados co temario da materia. |
Sesión maxistral |
Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Lecturas |
Traballos tutelados |
Discusión dirixida |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución de cada alumno ou alumna, de maneira que en calqeura momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A3 A6 A7 A9 A11 A12 B1 B3 C6 |
Avaliarase a asistencia, participación e actitude do alumnado nas aulas teóricas.
|
10 |
Lecturas |
A3 A6 A9 A11 A12 B1 B3 B7 B8 B9 C1 C2 C6 |
será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A6 A7 A9 A11 B7 B8 B9 C1 C2 |
O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas. |
50 |
Discusión dirixida |
A9 A11 A12 B8 B9 C1 |
Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestións e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
|
10 |
Análise de fontes documentais |
A3 A9 A11 B3 B7 B8 C1 C2 C6 |
O alumnado terá que analizar na clase textos ou outro tipo de materiais. Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Segunda oportunidade (xullo)
As persoas que non superaren a
materia após asistiren regularmente ás aulas e realizaren un 60% das
actividades propostas, deberán repetir unicamente aquelas actividades
non superadas. Nos casos restantes, serán avaliadas pola realización dunha presentación oral de carácter similar á definida para o resto do alumnado e para a que se fixará día e hora no mes de xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
GARCÍA NEGRO, Mª P. (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Santiago de Compostela, Ed. Laiovento
GARCÍA NEGRO,Mª P. (2000). Dereitos lingüísticos e control político. Santiago de Compostela, Ed. Laiovento
FERREIRA, A. X. / NOGUEIRA, A. / TATO, A. / VILLARES, L. (2005). Estatuto xurídico da lingua galega. Vigo : Xerais
GARCÍA NEGRO, Mª P. (1991). O galego es as leis. Aproximación sociolingüística. Vilaboa - Pontevedra, Ed. O Cumio |
Constitución española.
Estatuto de Autonomía de Galiza.
Lei 3/1983 de Normalización Lingüística. |
Bibliografía complementaria
|
|
Freixeiro Mato, X.R. (2002) [1997]: Lingua galega: normalidade e conflito (Santiago de Compostela: Laiovento).
Freixeiro Mato, X.R. (2009): Lingua de calidade (Vigo: Xerais).
García Conde, S. (1999): “Propostas básicas para o funcionamento e status legal dos SNL/SL”, en Domínguez Salgado, A. / Mayo Redondo, S. / Romero Rodríguez, D. (eds.): Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística: 19-34 (Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega).
García Negro, M. P. (coord.) (2009): Sobre o racismo lingüístico (Santiago de Compostela: Laiovento).
Monteagudo e Bouzada (coords.) (2002):O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I. Política lingüística: Análise e perspectivas (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua).
Sanmartín Rei, G. (2009): Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación (Vigo: Xerais).
Sanmartín Rei, G. (Ed.) (2010): Lingua e futuro (Ames: Laiovento).
Villares Naveira, L. (coord.) (2010): Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo (Bertamiráns, Ames: Laiovento).
Xunta de Galicia (2005): Plan xeral de normalización da lingua galega (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia). |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|