Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A11 |
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. |
A12 |
Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B6 |
Aprender a aprender. |
B10 |
Traballar de forma colaborativa. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro. |
B13 |
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Que o alumnado sexa quen de aplicar os contidos téoricos da materia (postos en relación cos das outras materias do grao) para desenvolver un pequeno traballo tutelado rigoroso en que demostre capacidade para a aprendizaxe autónoma e para a procura e xestión da información. |
A8
|
B6 B13 B2
|
C1
|
Após a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polos/polas docentes e a asistencia ás sesións expositivas cunha actitude aberta, participativa e crítica, ser capaz de emitir no obradoiro argumentacións madurecidas, respectando as opinións diferentes e estabelecendo con elas un diálogo produtivo. |
A8 A12
|
B4
|
C1
|
O estudantado deberá realizar con solvencia argumentativa, calidade de lingua e rigor expositivo as presentacións orais marcadas e deberá igualmente emitir un xuízo construtivo e respetuoso sobre a das outras persoas do curso en que se ponderen as estratexias expositivas empregadas, as técnicas argumentativas, a corrección oral e a adecuación ao contexto comunicativo, a clareza na expresión, a empatía e a linguaxe corporal. |
A12
|
B2 B4
|
C1
|
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo -presencial ou asincronamente- na procura e xestión de información especializada, no comentario de bibliografía específica, na análise e produción de textos argumentativos e na definición de estratexias comunicativas acaídas ao contexto xurídico. |
A11
|
B6 B10 B12
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
COMUNICACIÓN ESCRITA I. O proceso de elaboración do texto |
1.1. Lingua estándar e variación lingüística
1.2. Planificación
1.3. Redacción
1.4. Revisión
1.5. Escribir para falar |
COMUNICACIÓN ESCRITA II. Tipoloxía discursiva |
2.1. Modalidades textuais
2.2. Clases de textos |
COMUNICACIÓN ORAL I. Locución, entoación e presentación |
3.1. A superación do medo ante o auditorio
3.2. Técnicas argumentativas
3.3. A corrección oral e a adecuación ao contexto comunicativo
3.4. Clareza na expresión: tácticas verbais e tácticas prosódicas
3.4. Materiais de apoio |
COMUNICACIÓN ORAL II. Linguaxe non verbal |
4.1. Imaxe persoal, cortesía e empatía
4.2. A linguaxe corporal
4.3. Prácticas orais formais |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B6 |
1.5 |
0 |
1.5 |
Sesión maxistral |
A8 C6 C7 |
19.5 |
8 |
27.5 |
Obradoiro |
A8 B6 B10 B12 B13 B4 C3 |
14.5 |
26 |
40.5 |
Presentación oral |
A12 B4 C1 |
4.5 |
12 |
16.5 |
Lecturas |
A8 B6 C6 C7 |
0 |
26 |
26 |
Traballos tutelados |
A13 B6 B2 C1 C6 |
0 |
14 |
14 |
Proba mixta |
A11 A12 B2 C1 |
2 |
18 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación dos obxectivos, contidos, dinámica e bibliografía da materia, ben como a realización de probas de avaliación inicial. |
Sesión maxistral |
O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos cuxo coñecemento será exixido tanto para a realización das prácticas como nas probas escritas. |
Obradoiro |
O alumnado deberá realizar individual ou grupalmente as actividades propostas polo/pola docente. |
Presentación oral |
O alumnado terá que realizar probas de comunicación oral.
O/a estudante non poderá superar a materia sen a realización destas prácticas. |
Lecturas |
O alumnado deberá realizar as lecturas obrigatorias sinaladas en cada tema. Alén disto, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ler e analizar previamente os textos que se indiquen para cada sesión. |
Traballos tutelados |
Será preciso elaborar un traballo tutelado segundo as pautas definidias polo/a docente ao inicio do cuadrimestre. |
Proba mixta |
O alumnado deberá realizar unha proba en que se avalíe a súa asimilación dos contidos tratados nas sesións maxistrais. Para a superación da materia será preciso obter un 4 sobre 10 nesta proba. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Proba mixta |
Presentación oral |
Actividades iniciais |
|
Descrición |
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través do seguimento e corrección dos traballos tutelados, así como das diversas prácticas que terán que realizar durante o cuadrimestre.
Para o desenvolvemento desta atención personalizada contémplanse ora titorías presenciais, ora o seguimento continuo a través das ferramentas que as TIC poñen ao servizo da educación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A13 B6 B2 C1 C6 |
O traballo tutelado será avaliado até un 15% da cualificación final. |
15 |
Proba mixta |
A11 A12 B2 C1 |
A proba mixta será avaliada até un 35% da cualificación final.
Non se poderá superar a materia se non se alcanzan 4 valores sobre 10 nesta proba. |
35 |
Obradoiro |
A8 B6 B10 B12 B13 B4 C3 |
Avaliarase a participación do alumnado, a capacidade para traballar en grupo e a calidade das súas intervencións, ben como a posta en práctica dos contidos teóricos relativos tanto á comunicación oral como á escrita.
|
30 |
Presentación oral |
A12 B4 C1 |
O alumnado deberá realizar probas de comunicación oral, de carácter obrigatorio. Será necesario obter un 4 sobre 10 neste apartado para superar a materia. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedimentos fixados. Para superar a materia, a cualificación mínima
da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tamén será requisito imprescindíbel ter realizado as presentacións orais. Unha ortografía deficiente afectará negativamente na avaliación. Nos casos máis graves levará á non corrección da actividade ou do exercicio. O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Dereito, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia. Será considerado Non Presentado aquel alumno ou
alumna que non se presentar ás probas escritas ou que non realizar a totalidade das presentacións orais.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Merayo Pérez, Arturo (2001). Curso práctico de técnicas de comunicación oral. Madrid: Tecnos
CASADO, Manuel (2012). El castellano actual. Usos y normas. Pamplona: EUNSA
ALCARAZ VARÓ, E y B. HUGHES (2009 (2002)). El español jurídico. Barcelona: Ariel
Cazorla Prieto, Luís María (2013). El lenguaje jurídico actual. Cizur Menor (Navarra) : Aranzadi Thomson-Reuters
JIMÉNEZ YÁÑEZ DE BARBER, R. y J. MANTECÓN (2012). Escribir bien es de justicia: técnicas de expresión escrita para juristas. Pamplona: Aranzadi-Thomson Reuters
GÓMEZ TORREGO, L. (2011). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual. Madrid: Arco Libros
KNAPP, M.L. (1980). La comunicación no verbal. El cuerpo y el entorno. Barcelona: Paidós
MONTOLÍO, E. (2014). Manual de escritura académica y profesional. Barcelona: Ariel (2 vol.)
VILCHES, F. y R. SARMIENTO (2010). Manual de lenguaje jurídico administrativo. Madid: Dykinson S.L.
Stuger, Jürg (2008). Oratoria. El arte de hablar en público. Madrid: Drac
BRIZ, A. (coord.) (2008). Saber hablar. Madrid: Aguilar |
Recursos en liña GÓMEZ GUINOVART, X. e A. TORRES PADÍN (2005), Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán. Vigo: Universidade de Vigo - Servizo de Publicacións (http://sli.webs.uvigo.es/dilega/). GONZÁLEZ SANGADO, José Antonio (2009), El lenguaje jurídico del siglo XXI. THEMIS: Revista de Derecho, Nº. 57 (Ejemplar dedicado a: Derecho & Realidad),págs. 235-245 (accesíbel en http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5110481).
BENGOECHE BARTOLOMÉ, Mercedes (2011), El lenguaje jurídico no sexista, principio fundamental del lenguaje jurídico modernizado del siglo XXI. 15-26 (accesíbel en http://dspace.uah.es/dspace/bitstream/handle/10017/9846/lenguaje_bengoechea_AFDUA_2011.pdf?sequence=1&isAllowed=y) (2003) Formularios básicos de procedemento xudicial en
lingua galega. A Coruña, Consello da Avogacía Galega.(http://consellodacultura.gal/kit/docs/bibliografia/cd/index.html) SANMARTÍN REI, G. (coordª.) (2012) Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC (http://www.udc.gal/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf). SANMARTÍN REI, G. (coordª.) (2012) Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC (http://www.udc.gal/snl/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf) GALANES SANTOS, I., A. GÓMEZ MÉIXOME, A. GONZÁLEZ MONTAÑÉS e M. SOUTO GONZÁLEZ (2000) "A lingua dos documentos xurídicos", Cadernos de Lingua 22, pp. 5-37. (http://consellodacultura.gal/kit/docs/bibliografia/cd/docs/aldx.pdf). RAMOS ÍNSUA, M. (2008): Glosario de termos xurídicos dubidosos (castelán-galego).
Santiago de Compostela: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela /
Secretaría Xeral de Política Lingüística. Revisado por Termigal. (http://www.icasantiago.org/glosario/term.html) Martínez Pérez, M.; X. A. Rodríguez Río (2014): Termos esenciais de dereito mercantil: (galego-español) (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/dereitomercantil.pdf) Nogueira López, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2014): Termos esenciais de dereito administrativo: (galego-español) (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/dereitoadministrativo.pdf) Nieto Alonso, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2013): Termos esenciais de dereito civil: (galego-español) (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/dereitocivil.pdf) Maseda Rodríguez, J,; C. Teijo García; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de dereito internacional: (galego-español-inglés) (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/dereitointernacional.pdf)
Abel Souto, M; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito penal (galego-castelán) (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/dereitopenal.pdf)
López Portas, B; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito constitucional (galego-castelán) (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/dereitoconstitucional.pdf) Ramos Ínsua, M. (2011), Curso medio de linguaxe xurídica. Secretaría Xeral de Política LIngüística (http://www.xunta.es/linguagalega/cursoxuridica/creditos.html) Ramos Ínsua, M. (2011), Curso superior de linguaxe xurídica. Secretaría Xeral de Política LIngüística (http://www.xunta.es/linguagalega/CursosSuperiores/xuridica/index.html) Proxecto LUX. Compilación de terminoloxía xurídica castelán-galego (http://consellodacultura.gal/kit/docs/bibliografia/cd/docs/CRLC-G.pdf) |
Bibliografía complementaria
|
GALANES SANTOS, Iolanda (2002). A lingua galega do dereito : unha achega á súa definición e calidade a partir da traducción xurídica en Galicia. Santiago de Compostela : Escola Galega de Administración Pública
MONTOLÍO, Estrella (2012). Hacia la modernización del discurso jurídico: contribuciones a la I Jornada sobre la modernización del discurso jurídico español. Barcelona: Universitat de Barcelon
JANEIRO ESPIÑEIRA, X. L. (2001). "Lingua e Dereito. A necesidade feita virtude". Grial T.39, Nº 150, pp. 319-322
RIVAS RODRÍGUEZ, A. (2009). "Que dicimos cando non falamos?" O silencio na comunicación. Madrygal: Revista de estudios gallegos, ISSN 1138-9664, Nº 12, 2009, págs. 99-107
ESTELLÉS, M. y A. CABEDO (2011). "Recomendaciones para la redacción y composición de textos en el ámbito de la univesidad: posibilidades y referencias" en M. Aleza coorda.) Norma y usos correctos en el español actual, pp. 4. Valencia: Tirant Humanidades
GARCÍA RAMÍREZ, J. (2009). Comunique en público eficazmente aprendiendo a controlar sus nervios. Madrid: Colex
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA y ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (2014). Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA y ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana
REGUEIRO, Mª L. y D. M. SÁEZ (2013). El español académico. Guía práctica para la elaboración de textos académicos. Madrid: Arco Libros
JIMÉNEZ YÁÑEZ DE BARBER, Ricardo; MANTECÓN SANCHO, Joaquín (2012). Escribir bien es de justicia : técnicas de expresión escrita para juristas. Cizur Menor : Aranzadi-Thomson Reuters
FUNDÉU (2012). Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales. Barcelona: Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores
GARRIDO-LANDÍVAR, E. y J. FERNÁNDEZ MONTALVO (2007). Hablar en público. Cómo afrontar el miedo a hablar en público: algunas consideraciones téorico-prácticas. Pamplona: Universidad Pública de Navarra
CASSANY, Daniel (2007. 14ª ed.). La cocina de la escritura. Barcelona : Anagrama
DAVIS, F. (2012). La comunicación no verbal. Madrid: Alianza Editorial
ALCARAZ VARÓ, E. y otros (eds.) (2007). Las lenguas profesionales y académicas. Barcelona: Ariel
BOEGLIN NAUMOVIC, Martha (2007). Leer y redactar en la universidad : del caos de las ideas al texto estructurado. Sevilla : MAD
VILCHES VIVANCOS, Fernando (2010). Manual de lenguaje jurídico-administrativo. Madrid : Dykinson
MONTOLÍO, Estrella (coordinadora) (2000). Manual práctico de escritura académica. Barcelona : Ariel
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA y ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (2010). Ortografía de la lengua española. Madrid: Espasa
CAMPO VIDAL, M. (2008). ¿Por qué los españoles comunicamos tan mal?. Barcelona: Plaza y Janés |
Universidade de Santigo de Compostela, As leis en galego. Proxecto "Témoslle lei" (accesíbel en http://www.usc.es/temosllelei/as-leis-en-galego.html). |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Lémbrase a importancia de facer as lecturas obrigatorias previas a cada sesión. |
|