Identifying Data 2015/16
Subject (*) Natural and Civil Legal Person Law Code 612G01007
Study programme
Grao en Dereito
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First FB 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Dereito Privado
Coordinador
Rovira Sueiro, Maria Esther
E-mail
maria.rovira@udc.es
Lecturers
Cadenas Sobreira, Miguel Angel
Legeren Molina, Antonio
Rovira Sueiro, Maria Esther
E-mail
miguel.cadenas@udc.es
antonio.legeren@udc.es
maria.rovira@udc.es
Web
General description Nesta asignatura pretendemos o estudo da persoa, a súa situación xurídica na sociedade. A capacidade, nacionalidade, dereitos da personalidade son materias fundamentais, pero non se trata dun coñecemento detallado e pormenorizado senón da adquisición de nocións básicas implicadas nos temas sinalados que colocarán ao alumno en situación de poder estudar aspectos máis concretos que son obxecto de estudo e avaliación nos cursos posteriores.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A5 Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
A6 Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
A13 Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
A14 Capacidade de elaboración de normas.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do Dereito da persoa, o que abranxe o que é a persoa física, a persoa xurídica, os dereitos da personalidade e demáis situación xurídicas relevantes, básicamente os distintos estados civís A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A12
B7
B9
B10
B12
C1
C3
C7
O alumno debe adquirir as competencias e as destrezas suficientes para abordar e resolver con éxito calquera cuestión conflictiva referente aos bens da personalidade ou os estados civís da persoa. A8
A9
A10
B6
B8
B11
B12
B13
B3
B4
Elaborar e comprender correctamente os documentos e negocios necesarios para constituír unha persoa xurídica (fudacións e asociacións) A9
A10
A11
A13
A14
B10
C4
C6
Destrezas básicas das novidades do Rexistro Civil rematado o período de "vacatio legis" da Nova Ley do Rexistro Civil A11
B13
C1
C3
C8

Contents
Topic Sub-topic
Lección 1.- O Dereito da Persoa
1.- A posición funcional e institucional da persoa no Ordenamiento xurídico
2- O deber xeral de respeto á persoa
3.- A Capacidade xurídica: concepto e características
4.- A capacidade de obrar: concepto, caracteres e clases

Lección 2.-A Persoa física e a persoa xurídica
1.-Requisitos esixidos no Ordenamiento xurídico español para a adquisición da personalidade.
2.-A extinción da personalidade da persoa física.
3.- A declaración de falecemento.
4.- A persoa xurídica: Concepto e clases de persoas xurídicas

Lección 3.- O concibido
1.- Situación xurídica do concibido non nacido ante o Dereito civil.
2.- Contido da protección xurídica do concibido no Dereito positivo.

Lección 4.- Os bens ou dereitos da personalidade
1.- Concepto, natureza xurídica e carácteres.
2.- A protección dos bens da personalidade

Lección 5.- Os bens da personalidade na esfera física
1.- A tutela civil da vida e da integridade física.
2.- Delimitación do poder interno do seu titular:
a) Autorizacións en orde ao cambio de sexo.
b) Cesión e trasplante de órganos.
c) Esterilización.

Lección 6.- Os bens da personalidad na esfera moral ou espiritual

1.-A tutela civil do honor, da intimidade persoal e familiar e da propia imaxe.
2.-A tutela civil do nome da persoa. O cambio de nome e apelidos.
3.- O dereito moral de autor: delimitacións, contido, natureza e protección.

Lección 7.- O estado civil da persoa
1.- Concepto e caracteres do estado civil no Ordenamiento xurídico español.
2.- Estados civís admitidos no Dereito español.
3.- O título de estado civil.
4.- Contido e eficacia do estado civil
Lección 8.- O Rexistro civil 1.- Concepto, fundamento e antecedentes históricos. A nova Lei de Rexistro Civil.
2.- Organización actual
3.- Feitos e actos inscribibles.
4.- Valor xurídico dos asentos
Lección 9.- A idade da persoa 1.-A súa significación xurídica. Cómputo da idade.
2.- A maioría de idade.
3.- A menor idade e a súa significación xurídica.
4.- Determinación do ámbito de poder e capacidade do menor.
5.- A responsabilidade civil do menor


Lección 10.- A emancipación
1.- Concepto e tipos.
2.- Efectos da emancipación en xeral: as restricciós.
3.- O menor de vida independente.

Lección 11.- Outros supostos de capacidade de obrar restrinxida 1.-A incapacitación: Título de atribución do estado civil de incapacitado.
2.- Efectos.
3.- Modificación e extinción da incapacitación.
4.- A denominada autotutela. Especial consideración da súa regulación na Lei de Dereito Civil de Galicia.
5.- A prodigalidade.

Lección 12.- A nacionalidade 1.- O seu significado e vicisitudes: Adquisición e perda da nacionalidade
2.- A vecindade civil: significado xurídico e vicisitudes.



Lección 13.- A ausencia
1.- Concepto e significado.
2.-Natureza xurídica.
3.- A defensa provisional dos intereses do desaparecido.
4.- A declaración de ausencia: Requisitos, significado e alcance.
5.- A representación legal do ausente.
6.-A terminación da situación de ausencia legal.
7.-A ausencia non declarada na Lei de Dereito Civil de Galicia

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A4 A5 21 0 21
Case study A8 A9 A10 A11 A13 A14 B6 B8 B3 7 21 28
ICT practicals A13 A9 B13 C3 C6 C8 7 7 14
Simulation A1 A3 A6 A7 A12 B10 B11 B12 C1 C7 7 14 21
Long answer / essay questions B7 B9 B3 B4 C4 1.5 23.5 25
 
Personalized attention 41 0 41
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada coa introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoita reservarse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
ICT practicals Realización de traballos tutelados en materias relacionadas co contido da asignatura. como pode ser o comentario dun film durante as horas presenciais asignadas á materia, nesta actividade os alumnos poderán consultar en todo momento co profesor e utilizar as TIC.
Simulation Elaboración de documentos de carácter xurídico como por exemplo unha solicitude perante o Rexistro Civil (cambio de nome e apelidos, nacionalidade, cambio de sexo), a creación dunha persoa xurídica, demandas, recursos de apelación, etc no eido de materias propias da asignatura.
Long answer / essay questions Método de evaluación consistente nunha proba escrita (examen).

Personalized attention
Methodologies
ICT practicals
Description
A atención personalizada relativa á metodoloxía prácticas a través de TIC levarase a cabo conforme ao descrito no apartado Metodoloxías;.
A atención personalizada xenérica consiste na tradicional tutoría mediante a cal o profesor ponse a disposición dos alumnos nun momento temporal concreto co obxecto de que estes poidan consultar ou solucionar calquera problema de xeito individualizado.
Así mesmo virtualmente o alumno poderá poñerse en contacto co profesor en calquera momento e formularlle preguntas ou concertar reunións e tutorías, cando sexan cuestións puntuais poderán ser solventadas on line pero sempre estará aberta a posiblidade do seu tratamento convencional e presencial.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Long answer / essay questions B7 B9 B3 B4 C4 Consistirá nunha proba escrita ao rematar o cuatrimestre. 70
Simulation A1 A3 A6 A7 A12 B10 B11 B12 C1 C7 Durante as sesións presenciales nos grupos reducidos os alumnos deberán expoñer os seus traballos a través dun portavoz, entregando ademais o orixinal escrito ao profesor. Ambos orixinal e intervención oral serán obxecto de avaliación. 10
ICT practicals A13 A9 B13 C3 C6 C8 Os traballos realizados polo alumno, logo de concluír as sesións presenciales serán entregados ou expostos na propia aula, segundo as circunstancias e, en todo caso, evaluados polo profesor tendo en conta basicamente a capacidade argumentativa demostrada e sobre todo a orixinalidade (a detección dun traballo plaxiado, en todo ou en parte, con ou sen permiso do titular da obra orixinal suporá automáticamente o suspenso na asignatura). 10
Case study A8 A9 A10 A11 A13 A14 B6 B8 B3 Os alumnos durante as sesións presenciais intervirán oralmente expoñendo a súa solución aos casos propostos debatendo, no seu caso, co profesor e os seus compañeiros. Os coñecementos, competencias e habilidades demostradas durante esta exposición serán obxecto de avaliación polo profesor. 10
 
Assessment comments

As calificacións obtidas durante o cuatrimestre a través dos traballos (prácticas a través de TIC, simulacións, estudo de casos etc ) teránse en conta só cando o alumno asista ás clases con regularidade, o que se traduce nunha asistencia mínima do 70% das clases, os que non cumplan con ese mínimo de presencialidade terán unicamente como cualificación a da proba de ensaio. 


Sources of information
Basic AAVV (2009). Cuadernos prácticos Bolonia Persona (Cuadernos II, y III). Madrid, Dykinson
Albaladejo García, M. (2013). Curso de Derecho Civil I. Introducción y parte general . Madrid.Edisofer
Bercovitz Rodríguez-Cano, R. (2011). Manual de Derecho Civil. Derecho privado y Derecho de la persona. Madrid.Bercal

Tamén é recomendable a utilización dun Código Civil de edición actual

Complementary ROGEL VIDE, C. (1985). Derechos fundamentales y Libertades públicas. Bolonia
TERCIER, P. (1984). .: Le noveau droit de la personalitè. Zürich
DE CASTRO Y BRAVO. F. (1991). Derecho Civil de España. Madrid
BERCOVITZ RODRIGUEZ CANO (1976). Derecho de la persona. Madrid
LETE DEL RIO, J.M (1996). Derecho de la persona. Madrid
MALUQUER DE MOTES, C. (1993). Derecho de la persona y negocio jurídico. Barcelona
VVAA (1990). El mercado de las ideas,(Pablo Salvador Coderch coord). Madrid
DE ANGEL YAGÜEZ, R. (1974). La protección de la personalidad en el Derecho privado. Madrid
CASTAN TOBEÑAS, J. (1952). Los derechos de la personalidad. Madrid
BUSTOS PUECHE, J.E. (1997). Manual sobre bienes y derechos de la personalidad. Madrid
LÓPEZ JACOÍSTE, J.J (1986). Una aproximación tópica a los derechos de la personalidad», . Madrid
VVAA (2008). VVAA. : Bienes de la personalidad.. Murcia

A bibliografía reseñada está a disposición dos alumnos na biblioteca do centro e pode resultar útil de cara a realización de traballos específicos


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Romanistic bases on occidental legal culture/612G01001
Constitutional law: sources of law and fundamental rights/612G01003
Oral and written communication/612G01004
Jurisprudence/612G01006

Other comments

As expresadas neste apartado son unha meramente orientativas para o alumno.

 

 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.