Identifying Data 2015/16
Subject (*) Fonética e Fonoloxía Code 613436003
Study programme
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatoria 3
Language
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description Proporcionaránselle ao estudante coñecementos básicos sobre os principios, métodos e aplicacións contemporáneos da fonética e a fonoloxía, con fins investigadores e de aplicación en distintas áreas lingüísticas.

Study programme competencies
Code Study programme competences / results
A1 O alumnado coñecerá e será capaz de aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística.
A2 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística.
A3 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada.
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
A5 O alumnado adquirirá habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B5 O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B6 O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
B7 O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre as dimensións fonética e fonolóxica das linguas e a súa investigación. AR1
AR2
AR3
BR1
BR2
BR3
BR6
CC6
CC7
CC8
Aplicar os métodos contemporáneos ás análises fonética e fonolóxica, establecendo estratexias de aproximación, diagnóstico e resolución dos problemas plantexados. AR1
AR4
AR5
BR1
BR2
BR3
BR4
BR5
BR6
BR7
CC3
CC6
Organizar e formalizar a información reunida por diferentes vías, e convertila en coñecemento científico. AR1
AR4
AR5
BR1
BR5
BR6
BR7
BR8
CC1
CC2
CC3
Seguir e integrar os avances que no eido da lingüística e de calquera outra disciplina científica contribúan ao avance teórico e aplicado da fonética e da fonoloxía, e desenvolver novos coñecementos e aplicacións, contribuíndo como investigador ao avance científico e social. AR1
AR2
AR4
BR1
BR2
BR3
BR4
BR5
BR6
BR7
BR8
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8

Contents
Topic Sub-topic
1. Principios de fonética articulatoria e acústica.
2. Representacións gráficas do son.
3. Métodos de análise do son lingüístico.
4. Descrición fonética dos sons vocálicos e consonánticos.
5. Análise e descrición doutros fenómenos: ton, melodía, entoación; intensidade; acento; ritmo...
6. A variación fonética.
7. Diferenciación fonética e oposición fonolóxica.
8. A verificación das oposicións fonolóxicas: conmutación e segmentación.
9. Unidades fonemáticas e alófonos.
10. Trazos pertinentes e trazos redundantes.
11. Oposición e contraste. Trazos fonolóxicos inherentes e prosódicos.
12. Neutralización e xerarquización de oposicións fonolóxicas.
13. Métodos de análise e descrición fonolóxicas.
14. Universais fonéticos e fonolóxicos.

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech 5 12 17
Document analysis 1 2 3
Workbook 0 16 16
Supervised projects 0 16 16
Problem solving 3 1 4
Case study 3 1 4
Workshop 4 4 8
Mixed objective/subjective test 0 6 6
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As sesións presencias suman 16 horas. Aproximadamente a metade delas adicarase a sesións maxistrais nas que o profesor transmitirá aos alumnos diferentes contidos apoiándose na análise de casos e problemas concretos.
Document analysis Este será un método de traballo habitual tanto na aula como fóra dela. O estudante debe analizar diferentes fontes documentais, xa sexan en papel ou electrónicas, contando coa guía do profesor, contrastando a información nelas recollidas coa xa posuída e coa doutras fontes. É esencial manter unha actitude crítica e aberta no proceso.
Workbook O profesor achegaralle oportunamente ao estudante unha listaxe cunha serie de lecturas obrigatorias, que deberá ter lido no momento que aquel lle indique. As lecturas obrigatorias proporcionaranlle ao estudante os coñecementos básicos necesarios para poder comprender e aproveitar adecuadamente os contidos e métodos de análise que se traten nas sesións presenciais.
Ademais, o profesor tamén poderá achegarlle ao alumno (i) lecturas complementarias e/ou optativas que aprofunden nos contidos tratados ou considere recomendables, e (ii) fontes bibliográficas para a realización dos traballos e/ou actividades que se lle encomenden.
Supervised projects O estudante deberá elaborar un traballo tutelado de carácter investigador, no que demostre os coñecementos e competencias acadados. Non se tratará dun tema cuxas características sexan determinados polo profesor, senón dunha serie de problemas teórico-prácticos que o estudante deberá resolver. O profesor fará un seguimento do estudante durante o proceso. Coincide coa proba mixta.
Problem solving Plantexaremos problemas para cuxa solución precisemos decidir que técnica/s de análise convén empregar, cal é a mellor estratexia de resolución, onde podemos obter información que nos axude... Con esta forma de traballo preténdese que o estudante sexa flexible e creativo na súa forma de traballo, á vez que esixente coa cientificidade do proceso de resolución escollido.
Case study Con este método preténdese que o futuro investigador aprenda a traballar con situacións reais de xeito colaborativo, valorando a posición e argumentación dos demais e sabendo expor e defender de forma adecuada e convincente as propias. É importante que neste proceso saiba aproveitar, e non só respectar, as ideas alleas, integrándoas e recoñecendo a súa fonte, así como a que a súa propia aportación sexa recollida e recoñecida polos outros. Esta metodoloxía está fortemente vinculada á solución de problemas.
Workshop Esta será a forma básica de traballo do curso: utilizaremos distintas metodoloxías para ir desenvolvendo os contidos da materia, pero todas elas procurarán conectar en todo momento. Plantexaremos para isto breves debates sobre cuestións específicas, invitaremos a resolver pequenos problemas, traballaremos de forma colaborativa contrastando distintos métodos de análise e descrición dos fenómenos fonéticos, ...
Mixed objective/subjective test Baixo esta etiqueta recóllese unha serie de actividades eminentemente prácticas de diferente carácter, propósito e nivel de dificultade, que suporán unha parte substancial da cualificación do curso. Tratarase de estudos de caso, problemas teóricos e aplicados, análises e/ou tratamento de datos que requiren do estudante que saiba aplicar os coñecementos e habilidades mínimos esixidos.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Problem solving
Case study
Workshop
Mixed objective/subjective test
Description
A atención personalizada será unha constante: o profesor fará un seguimento particular de cada alumno, e prestará especial atención á súa adicación, interese por aprender, a súa adquisición de novos coñecementos e habilidades e como integra os novos coñecementos cos xa posuídos.
A atención persoalizada é especialmente relevante á hora de elaborar o traballo tutelado e resolver os problemas plantexados nas actividades da proba mixta: o estudante deberá atender puntualmente as entrevistas que o profesor lle sinale, e seguir as súas indicacións.
Os estudantes poderán ademais solicitar atención individualizada do profesor cando o estimen necesario, seguindo o procedemento (correo electrónico, cita previa, titorías localizadas...) que este lles indique ao inicio das sesións presenciais.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects Un traballo tutelado de carácter investigador. Lea atentamente o apartado de observacións. 40
Workshop Esta porcentaxe corresponde á lectura e aproveitamento dos materiais, á participación activa na aula e ao desempeño xeral do estudante. Lea atentamente o apartado de observacións. 10
Mixed objective/subjective test Baixo esta etiqueta recollemos as distintas actividades avaliables de carácter esencialmente práctico que deberá realizar o estudante. Lea atentamente o apartado de observacións. 50
 
Assessment comments

Por esixencia do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba non se corresponden ben coas metodoloxías ás que se adxudican. Lea atentamente a información que segue.

1.
É imprescindible asistir ás sesións presenciais, dado o plantexamento teórico-aplicado que se fai da materia.

2. A cualificación do estudante responderá ás seguintes porcentaxes:
2.1. O estudante recibirá un 20% da súa cualificación final pola lectura e aproveitamento dos materiais, a súa participación activa nas aulas e o seu desempeño xeral. 2.2. Obterá un 80% pola realización de varias actividades: nelas plantexaránselle problemas e casos prácticos para cuxa solución deberá aplicar os coñecementos e habilidades adquiridos.

3. No caso de non acadar o aprobado ou non presentarse, os alumnos contan cunha segunda oportunidade en xullo de 2013. Nela deberán completar as actividades e/ou traballos avaliables encomendados e non entregados, ou realizar outros novos segundo as indicacións do profesor. O reparto porcentual será idéntico ao da primeira oportunidade. 4. Os estudantes que teñan unha dispensa académica oficial recibirán o 100% da súa cualificación polas actividades avaliables de curso que se encomenden.


Sources of information
Basic

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

Primeira parte da materia (apartados 1-6 do temario)

Aguilar, Lourdes (2010). Vocales en grupo (= Cuadernos de Lengua Española; 110). Madrid: Arco/Libros.

Ashby, Michael & John Maidment (2005). Introducing Phonetic Science (= Cambridge Introductions to Language and Linguistics). Cambridge: Cambridge University Press.

Ball, Martin J. & Joan Rahilly (1999). Phonetics: The Science of Speech. London: Arnold Publishers.

Coleman, John (2005). Introducing Speech and Language Processing [with CD-ROM] (= Cambridge Introductions to Language and Linguistics.) Cambridge: Cambridge University Press.

Davenport, Mike & S. J. Hannahs (1998). Introducing Phonetics and Phonology. London: Arnold.

Fernández Planas, Ana M. (2005). Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara (= Colección Manuales; 1). Barcelona: Horsori Editorial.

Gil Fernández, Juana (1988). Los sonidos del lenguaje (= Textos de Apoyo. Lingüística; 3). Madrid: Síntesis.

Handke, Jürgen (2000). The Mouton Interactive Introduction to Phonetics and Phonology (CD-ROM). Berlin & New York: Mouton de Gruyter.

Hewlett, Nigel & Janet Beck (2010). An Introduction to the Science of Phonetics. London & New York: Routledge

Hidalgo Navarro, Antonio (2006): Aspectos de la entonación española: viejos y nuevos enfoques (= Cuadernos de Lengua Española; 89). Madrid: Arco Libros.

Hidalgo Navarro, Antonio & Mercedes Quilis Merín (2002, 20042). Fonética y fonología españolas. València: Tirant lo Blanch.

International Phonetic Association (1999). Handbook of the International Phonetic Association. Cambridge: Cambridge University Press.

Johnson, Keith (1997, 20022). Acoustic and Auditory Phonetics. Oxford & Malden, MA: Blackwell.

Ladefoged, Peter (2003). Phonetic Data Analysis: An Introduction to Fieldwork and Instrumental Techniques. Oxford: Blackwell.

Ladefoged, Peter & Ian Maddieson (1996). The Sounds of the World's Languages. Oxford: Blackwell.

Ladefoged, Peter & Keith Johnson (20116). A Course in Phonetics [with CD-ROM]. Boston, MA: Thomson Wadsworth. [Quinta edición da obra con Peter Ladefoged como único autor: 20065]

Ladefoged, Peter & Sandra Ferrari Disner (20123). Vowels and Consonants: An Introduction to the Sounds of Languages. Oxford & Malden, MA: John Wiley and Sons. [Edición orixinal só de Peter Ladefoged: 2001.]

Laver, John (1994). Principles of Phonetics (= Cambridge Textbooks in Linguistics). Cambridge: Cambridge University Press.

Llisterri Boix, Joaquim (1991). Introducción a la fonética: el método experimental (= Autores, Textos y Temas. Lingüística; 3). Barcelona: Anthropos.

Lodge, Ken (2009). A Critical Introduction to Phonetics (= Continuum Critical Introductions to Linguistics). London & New York: Continuum Press.

Martínez Celdrán, Eugenio (1984). Fonética. Barcelona: Teide.

Martínez Celdrán, Eugenio (1996, 20032). El sonido en la comunicación humana (= Lenguaje y Comunicación; 8). Barcelona: Octaedro. [Trad. ao galego: Introducción á fonética: o son na comunicación humana (= Manuais; 4). Vigo: Editorial Galaxia, 2002.]

Martínez Celdrán, Eugenio (1998, 20072). Análisis espectrográfico de los sonidos del habla (= Ariel Lingüística). Barcelona: Ariel.

Martínez Celdrán, Eugenio & Ana M. Fernández Planas (2007). Manual de fonética española: articulaciones y sonidos del español (= Ariel Lingüística). Barcelona: Ariel.

Prieto, Pilar (ed.) (2003). Teorías de la entonación (= Ariel Lingüística). Barcelona: Ariel.

Quilis, Antonio (1993). Tratado de fonología y fonética españolas (= Biblioteca Románica Hispánica. Manuales; 74). Madrid: Gredos.

Reetz, Henning & Allard Jongman (2008). Phonetics: Transcription, Production, Acoustics, and Perception (= Blackwell Textbooks in Linguistics Series). Cambridge, MA: Blackwell.


BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

Segunda parte da materia (apartados 7-14)

Aguilar, Lourdes (1997). De la vocal a la consonante (= Lucus-Lingua; 3). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Alarcos Llorach, Emilio (1950). Fonología Española. Madrid: Gredos, 19914.

de Lacy, Paul (ed.) (2007). The Cambridge Handbook of Phonology. Cambridge: Cambridge University Press.

D'Introno, Francesco, Enrique del Teso & Rosemary Weston (1995). Fonética y fonología actual del español. Madrid: Cátedra.

Gallardo Paúls, Beatriz (2000). “Universales fonológicos”. En Beatriz Gallardo Paúls (2000). Evolución de lenguas y tipología. València: Tirant lo Blanch, 122-136.

Gil Fernández, Juana (ed.) (2000). Panorama de la fonología española actual (= Bibliotheca Philologica). Madrid: Arco/Libros.

Gussenhoven, Carlos & Haike Jacobs (1998). Understanding Phonology (= Understanding Language Series). London & New York: Arnold Publishers.

Hayes, Bruce (2009). Introductory Phonology (= Blackwell Textbooks in Linguistics; 23). Malden, MA & Oxford: John Wiley & Sons.

Jakobson, Roman & Morris Halle (1956). Fundamentals of Language: I. Phonology and Phonetics. The Hague: Mouton. Tr. esp. de C. Piera: Fundamentos del lenguaje . Madrid: Ayuso, 19732.

Ladefoged, Peter(2003). “Las razones profundas de los universales fonéticos”. En Ricardo Mairal & Juana Gil (eds.) (2003). En torno a los universales lingüísticos. Madrid: Cambridge University Press.

Martinet, André (1960). Élements de linguistique générale. Paris: Armand Colin. Tr. esp. de J. Calonge Ruiz: Elementos de lingüística general. Madrid: Gredos, 19722.

Martinet, André (1965). La linguistique synchronique. Études et recherches. Paris: P.U.F. Tr. esp. de F. Marcos: La lingüística sincrónica. Estudios e investigaciones. Madrid: Gredos, reimpr. 1978.

Martínez Celdrán, Eugenio (1989). Fonología general y española. Barcelona: Teide, 13-62.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (1997). “Universales fonológicos y tipología fonológica”. En Juan Carlos Moreno Cabrera (1997). Introducción a la lingüística. Enfoque tipológico y universalista. Madrid: Síntesis, 99-127.

Muljacic, Jakob (1969). Fonologia generale e fonologia della lingua italiana. Bologna: Il Mulino, 1969. Tr. esp. de E. Feliu: Fonología General. Revisión crítica de las nuevas corrientes fonológicas. Barcelona: Laia, 19822.

Odden, David (2005). Introducing Phonology (= Cambridge Introductions to Language and Linguistics). Cambridge: Cambridge University Press.

Silverman, David (2006). A Critical Introduction to Phonology: Of Sound, Mind and Body (= Continuum Critical Introductions to Linguistics). London & New York: Continuum Press.

Trubetzkoy, Nikolai S. (1939). Grundzüge der Phonologie. Göttingen: Vandenhoeck & Ruprecht, 19582. Trad. esp. de D. García Giordano: Principios de Fonología. Madrid: Cincel, 19762.

Veiga Arias, A. (1998). Estudios lingüísticos. Edición a cargo de María Rosa Pérez y Alexandre Veiga. Sada: Seminario de Estudios Galegos - Ediciós do Castro.

Veiga, Alexandre (2002). El subsistema vocálico español (= Lucus-Lingua; 11). Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Veiga Alexandre (2009). El componente fónico de la lengua. Estudios fonológicos (= Onoma; 2). Lugo: Axac.


OBRAS DE REFERENCIA

Alcaraz Varó, Enrique & María Antonia Martínez Linares (20042). Diccionario de lingüística moderna (= Ariel Referencia). Barcelona: Ariel.

Brown, Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics; 14 vols. Amsterdam & Boston, MA: Elsevier.

Crystal, David (19871). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus, 1994. [Orix. inglés: The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press, 1987.] [Hai nova edición en inglés: David Crystal (20103). The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press.]

Crystal, David (1999). Diccionario de lingüística y fonética (= Universidad Textos). Barcelona: Octaedro, 1999. [Orix.: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. Oxford: Blackwell, 19974.]

Hardcastle, William J. & John Laver (eds.) (1997). The Handbook of Phonetic Sciences. Oxford: Blackwell.

Trask, Robert Lawrence (1996). A Dictionary of Phonetics and Phonology. London: Routledge.

Complementary

De estimalo oportuno, os profesores proporcionarán bibliografía complementaria durante as sesións presenciais do curso ou, individualizadamente, para realizar os traballos e actividades encomendados.


ALGUNHAS PÁXINAS WEB DE CONSULTA

http://www.fon.hum.uva.nl/praat/ (programa de análise fonética Praat; neste enderezo poden atoparse versións do programa para distintas plataformas, manuais de usuario, mesmo doutros investigadores, aclaracións, resolución de problemas habituais, …)
http://www.langsci.ucl.ac.uk/ipa/ (International Phonetics Association)
http://www.sil.org/ (Summer Institute of Linguistics)
http://www.sil.org/computing/speechtools/download.htm (Speech Tools do Summer Institute of Linguistics)
http://www.linguistics.ucla.edu/people/ladefoge/ (páxina de Peter Ladefoged)
http://liceu.uab.es/~joaquim/home.html (páxina de Joaquim Llisterri)
● Diversos manuais actuais teñen tamén unha páxina web con distintos recursos gráficos e audiovisuais: véxanse por exemplo os manuais de fonética e fonoloxía editados na colección Cambridge Introductions to Language and Linguistics de Cambridge University Press, ou a páxina web de Peter Ladefoged, onde se ofrecen materiais en formato electrónico vinculados ás súas obras.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Como xa se sinalou, é imprescindible asistir ás sesións presenciais, dado o plantexamento teórico-aplicado da materia. É importante que o estudante faga as lecturas e tarefas encomendadas no prazo sinalado para que poida aproveitar as sesións presenciais, e que resolva o antes posible acudindo ao profesor aqueles problemas ou dúbidas que lle xurdan durante a realización das actividades avaliables e o traballo tutelado: o profesor indicaralle por que vías facelo. A adicación, o compromiso coa aprendizaxe e a cualidade expositiva deben adecuarse aos dun futuro investigador.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.