Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Teoría e crítica nos estudios literarios Código 613484001
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Aproximación a algunos enfoques teóricos y críticos en los estudios literarios.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura. E distinguir a crítica da teoría como dominios da ciencia da literatura. AM1
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM2
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e críticos. AM4
Aplicar as técnicas de análise cultural aclarando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AM5
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AM6
Considerar a convencionalidade do concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, as ciencias e as artes, no marco da diversidade cultural. AM7
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios e culturais. AM8
Ser capaz de realizar achegas creativas e persoais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais AM9
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados ao ámbito dos estudos literarios e culturais. AM13
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. BM1
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BM4
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. BM7
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BM5
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. BM8
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BM9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita de un idioma estranxeiro. CM2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras, sempre baixo os principios democráticos da distribución xusta da riqueza, a igualdade social e o equilibrio do ecosistema. CM5
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance cultural e socioeconómico da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A teoría da literatura 1.1. O lugar da teoría nos estudos literarios
1.2. Panorama histórico das principais correntes teóricas en Occidente
1.3. Actualidade da teoría literaria
2. A crítica literaria 2.1. O lugar da crítica nos estudos literarios
2.2. Funcións da crítica literaria
2.3. Métodos de análise de textos literarios

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 7 0 7
Traballos tutelados 0 10 10
Presentación oral 3 0 3
Lecturas 0 18 18
Eventos científicos e/ou divulgativos 0 4 4
Actividades iniciais 1 0 1
Sesión maxistral 10 20 30
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Despois da consulta de fontes bibliográficas, discutirase na aula sobre algún tema que suscite debate.
Traballos tutelados Traballo de crítica literaria sobre unha obra literaria, á elección do alumno, e a partir das ferramentas metodolóxicas que se darán a coñecer na aula.
Presentación oral Serán expostos na aula os traballos de crítica literaria, indicando a lectura de fontes e explicando o proceso de elaboración.
Lecturas A partir da bibliografía indicada, acordarase na aula a lectura de capítulos, artículos ou información na rede, para debater na aula.
Eventos científicos e/ou divulgativos Os estudantes estarán pendentes de acudir a conferencias, xornadas e actividades literarias que se desenvolvan na contorna, para relacionar os contidos do curso coa realidade literaria e cultural que nos arrodea.
Actividades iniciais Destinarase un tempo ao inicio do curso para que os alumnos informen á docente das motivacións, preparacións e proxectos en relación coa súa presenza no Posgrao
Sesión maxistral O docente exporá os contidos, explicará e aclarará as dúbidas que poidan presentar os alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado realizará prácticas de crítica literaria con orientación persoal do docente.
A atención personalizada tamén se levará a cabo, con carácter xeral, no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo consistirá en elaborar a crítica dunha obra literaria
60
Presentación oral Na aula farase unha exposición pública do proceso de elaboración da crítica literaria levada a cabo, aclarando metodoloxía 40
 
Observacións avaliación

 Os estudantes que se matriculen con dispensa académica, total ou parcial, deberán porse en contacto coa profesora, ao inicio da impartición da mataria, para informarse do seu proceso de avaliación especial.

Os estudantes que non superen a materia de acordo coa avaliación continuada, deberán entregar na altura da segunda edición ordinaria, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados, e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsable da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica VILLANUEVA, Darío (comp.) (1994). Avances en Teoría de la Literatura. Santiago de Compostela: USC
WELLEK, René (1968). Conceptos de crítica literaria. Caracas: Universidad Central de Venezuela
CASAS, Arturo (coord.), (2004). Elementos de Crítica literaria. Vigo, Xerais
DOLEŽEL, Lubomír (1997). Historia breve de la Poética. Madrid: Síntesis
VIÑAS PIQUER, David (2002). Historia de la crítica literaria. Barcelona: Ariel
SELDEN, Ramán (ed.) (2010). Historia de la crítica literaria del siglo XX: del formalismo al postestructuralismo. Madrid: Akal
WELLEK, René (1959 e ss.). Historia de la crítica moderna (1750-1950), 7 vol.. Madrid: Gredos
ASENSI, Manuel (1998-2003). Historia de la teoría de la literatura. Valencia: Episteme
ANDERSON IMBERT, Enrique (1984). La crítica literaria: sus métodos y problemas. Madrid: Alianza
GÓMEZ REDONDO, Fernando (2010). Manual de Crítica literaria contemporánea. Madrid: Castalia
CABO ASEGUINOLAZA, fernando , e María do Cebreiro Rábade Vilar (2006). Manual de Teoría de la Literatura. Madrid: Castalia
AULLÓN DE HARO, Pedro (ed.) (1994). Teoría de la crítica literaria. Madrid: Trotta
ELLIS, John M. (1987). Teoría de la crítica literaria. Análisis lógico. Madrid: Taurus
SILVA, Vítor Manuel de Aguiar e (2000). Teoria e metodologia literárias. Lisboa: Universidade Aberta
LLOVET, Jordi (2009/2012). Teoría literaria y literatura comparada. Barcelona: Ariel

Completarase a bibliografía con revistas especializadas e páxinas web.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías