Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura e espectáculo Código 613484008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura en relación coas diferentes manifestacións escénicas: teatro, danza, música, cine...

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as relacións entre a literatura e o teatro, o audiovisual, a música e a danza a través da historia e en contextos culturais diversos. AM1
AM2
AM4
AM7
BM4
BM5
BM8
CM4
CM5
CM7
CM8
Coñecer os principais focos de información e de reflexión teórica relativas aos estudos das relacións entre a literatura e as producións espectaculares e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico AM1
AM2
AM6
AM8
AM10
AM12
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
CM2
CM3
CM6
CM7
CM8
Saber empregar a rede informática na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, adquirir a capacidade de utilizar as ferramentas TIC necesarias para o exercicio profesional e investigador AM7
AM11
AM13
BM1
BM4
BM6
BM8
BM9
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
Deseñar e realizar un traballo de investigación orixinal, rigoroso e de extensión limitada en que se analicen as relacións de certos productos espectaculares coa literatura, pondo en relación os estudos literarios con contextos culturais diversos. AM3
AM6
AM10
BM1
BM7
BM8
BM9
CM6
CM8
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. AM2
AM10
AM13
BM1
BM4
BM5
BM9
CM3
CM6
CM7
Analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación. AM4
AM8
AM9
AM10
AM11
BM1
BM3
BM4
CM8
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma AM1
AM2
AM5
AM6
AM12
BM1
BM3
BM4
Desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais AM3
AM8
AM13
BM4
BM5
BM7
BM8
CM3
CM6
CM7
CM8
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos AM5
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural AM6
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICs, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural AM7
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais AM8
BM3
BM4
CM6
Realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais AM3
AM5
AM6
AM8
AM9
BM1
BM3
BM5

Contidos
Temas Subtemas
1. Literatura e teatro 1.1. Teatralidade. Relacións texto-espectáculo
1.2. Novas perspectivas nos estudos teatrais: aproximacións semiótica, antropolóxica, pragmática e da recepción aplicacadas ao texto dramático e ao espectáculo
1.3. O dramaturxista: tipoloxía e funcións
1.4. Narradores e poetas performativos. Estratexias performativas de identidade cultural.
1.5. Dous pólos extremos: O happening como superación do texto e a "non-encenación" de Claude Régy
2. Literatura e audiovisual: cine e televisión 2.1. Transposicións narrativas e dramáticas ao cinema. As adaptacións.
2.2. O roteiro cinematográfico
2.3. Fontes literarias na televisión: series e "TV movies" a partir da literatura
3. Literatura e outras disciplinas espectaculares e lúdicas 3.1. Música e literatura
3.2. Literatura e danza
3.3. O videoxogo e o imaxinario literario

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 7 5 12
Presentación oral 3 3 6
Lecturas 0 20 20
Actividades iniciais 1 0 1
Traballos tutelados 2 20 22
Sesión maxistral 8 0 8
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Os alumnos participarán –presencialmente ou através do espazo de traballo colaborativo en liña– en discusións dirixidas polo profesor, sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos compañeiros.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Actividades iniciais Realizarase unha breve presentación individual relativa aos intereses persoais sobre a materia, os coñecementos básicos e as espectativas sobre o módulo.
Traballos tutelados O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario, ora doutro tema relacionado cos contidos e combinado co docente. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva. Tamén se ponderarán co profesor e os compañeiros as estratexias de elaboración.
Sesión maxistral Nelas o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A través destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas representará o 20% da cualificación final. 25
Presentación oral Serán avaliadas tanto a presentación oral como a participación retroalimentadora nas outras presentacións. 10
Lecturas As lecturas avaliaranse através da incorporación madurecida dos seus contidos tanto ás discusións dirixidas como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados no espazo de traballo colaborativo en liña.
Tamén será posíbel realizar informes críticos de lectura.
20
Traballos tutelados O traballo invidivual representará o 45% da cualificación final. Teranse en conta os traballos previos á súa elaboración (ponderación co profesor e os compañeiros de tema e fontes, determinación do argumento e a estrutura, procura de información...), os prazos de entrega, a súa redacción (orixinalidade, calidade, coherencia e cohesión, bibliografía empregada, presentación etc.), así como a retroalimentación dos traballos dos compañeiros. 45
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa
nas discusións dirixidas nin a presentación, dentro dos prazos, do
traballo tutelado.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica
deberá acompañar o curso a través das ferramentas de comunicación
asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se
establecerán a tal efecto e que o profesor comunicará ao alumnado
afectado ao inicio do curso.

Na segunda oportunidade (en xullo) o alumnado será avaliado cos
mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade
anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das
actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.


Fontes de información
Bibliografía básica Valverde, A. (2004). "A performance en Rompente", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2004, 96-105.. Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Zavala, Lauro (). "Cine y literatura. Puentes, analogías y extrapolaciones", en Razón y Palabra nº 71.
Lehmann, H-T (1999). "El teatro postdramático: una introdución", Posdramatisches Theater (traduc. de Paula Riva), Telondefondo n°12-decembro 2010. http://www.telondefondo.org/download.php?f=YXJjMi8zMTgucGRm&tipo=articulo&id=318
Ubersfeld, Anne (1997). "La escena y el texto", en La escuela del Espectador, 20-58. Madrid: Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España
Alonso de Santos, José Luis (2007). "Las reglas de la teatralidad" e "La recepción teatral", en Manual de Teoría y Práctica Teatral, 165-194 e 519-545. Madrid: Castalia
Gil, A. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 593-613.. Vigo: Xerais
Alonso, S. (2004). "Literatura e música (A Chanson espagnole de Maurice Ravel: harmonización dunha canción galega), en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 493-508.. Vigo: Xerais
Pavis, Patrice (2010 (2007)). "Nas fronteiras da encenação" e "Encenação, Perfomance: Qual é a diferença?", en A Encenação Contemporânea, 25-59.. São Paulo: Perspectiva
Bermúdez, S. (2002). "O capital simbólico das literaturas subalternas: a poesía galega no serodio século XX", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002, 201-208.. Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Abuín, A. (2006). "Performance y textualidad", Escenarios del caos, 151-157.. Valencia: Tirant Lo Blanch
Biscainho Fernandes, C. C. (2004). Capítulos V, VI, IX e X de Conformando o brinquedo, 53-73 e 97-125. A Coruña: Deputación Provincial
Ponce, Dolores (2010). Danza y Literatura, ¿qué relación?. México: INBAL
Tenschert, Bataillon, Dort e Raoul-Davis (2003). Questões de Dramaturgia I. Lisboa: Escola Superior de Teatro e Cinema
Sullà, Enric (2001). “Literatura comparada: las relaciones entre la literatura y el cine”, en Pulido Tirado, Genara (ed.) Literatura y arte: actas del IV Seminario del Aula de Literatura Comparada de la Universidad de Jaé. Jaén: Universidad de Jaén

Bibliografía complementaria (1999). "A propósito de Guy Debord y la crítica situacionista del espectáculo", en Archipiélago cuadernos de crítica de la cultura n. 39, 87-115. Castelldefels: Pamiela
Trancón, S. (2006). "Componentes básicos del teatro" en Teoría del Teatro, 151-253. Madrid: Editorial Fundamentos
Schechner, Richard (1988). "Drama, script, theater and performance", en Performance Theory. New York: Routledge
Gil, A. J. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 593-613. Vigo: Xerais
Abuín González e Rodríguez González (2004). "Literatura e cinema: recreacións fílmicas e transferencias culturais", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 569-591. Vigo: Xerais
Abuín González, A. e A. Casas (2004). "O texto espectacular", en Casas (coord.) Elementos de crítica literaria, 415- 470. Vigo: Xerais
Creton, L., Palmer, M. e Sarrazac J-P (dir.) (2005). Arts du spectacle, métiers et industries culturelles: penser la généalogie. Paris: Presses Sorbonne nouvelle
Sánchez Noriega, J. L. (2000). De la literatura al cine. Barcelona: Paidós
Pavis, Patrice (1983). Diccionario del Teatro. Dramaturgia, estética, semiología. Barcelona: Paidós
Becerra de Becerreá, Afonso (2007). Dramaturxia. Teoría e práctica. Vigo: Galaxia
McKee, R. (2002). El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones. Barcelona: Alba
Alemany Ferrer e Chico Rico (eds.) (2012). Literatura i espectacle / Literatura y espectáculo. Alacant: Universitat de Alacant
Alonso de Santos, José Luis (2007). Manual de Teoría y Práctica Teatral. Madrid: Castalia
Sarrazac, Jean-Pierre (2003). O futuro do drama. Porto: Campo das Letras
Schechner, Richard (2006 [2002]). Performance Studies. New York: Routledge
Carlson, Marvin (2005). Performance: unha introdución crítica. Vigo: Galaxia
Ubersfeld, Anne (1993). Semiótica Teatral. Madrid: Cátedra / Universidad de Murcia
Cabo Aseguinolaza e Rábade Villar (2006). Teoría del teatro", en Manual de Teoría de la Literatura, 315-373. Madrid: Castalia Universidad
Werneck et alii (2009). Texto e imagem: estudos de teatro. Rio de Janeiro: 7 letras
Hormigón, J. A. (1991). “Dramaturgia y trabajo dramatúrgico”, Trabajo dramatúrgico y puesta en escena. 31-58.. Madrid: Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España
Rábade Villar, M. do C. (2006). “O personaxe como categoría transversal do comparatismo. De Ofelia a Marilyn Monroe”, en Boletín Galego de Literatura 33. 135-157..
Abuín, Ángel (1996). “Para una teoría de la puesta en escena. Hermenéutica y transformación de un texto literario”, Tropelías 5/6, 1994-1995, pp. 5-15.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías