Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura e arte Código 613484009
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura en relación coas diferentes formas de arte: pintura, escultura,
música etc.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. AM1
BM1
CM3
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. BM1

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución ao curso Marco teórico, conceptual e metodolóxico.
2. Ut Pictura Poesis Aproximación aos paradigmas culturais de diferentes períodos a través das súas diversas facetas artísticas.
3. Converxencias e diverxencias (Época contemporánea)
1. Análise de diferentes manifestacións artísticas desde a perspectiva doutras artes: cinema e poesía (Dalí e Buñuel), música e pintura (Kandisnsky), etc.
2. A noción de límite na arte contemporánea.
4. Motivos, símbolos, alegorías Aproximación a diferentes motivos, de especial relevancia en cada época, e análise do seu tratamento conceptual e formal.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 6 14 20
Seminario 12 24 36
Eventos científicos e/ou divulgativos 1 0 1
Proba oral 2 14 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico e expositivo.
Seminario Traballo cooperativo, en que o alumnado participa activamente e debate as cuestións tratadas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias ou actividades culturais programadas como complemento da materia.
Proba oral Proba oral final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Descrición
Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
40
Proba oral Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
Sesión maxistral Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. 10
 
Observacións avaliación

Por
esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son
orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.
O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante
realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a
materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que,
como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na
proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por
asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das
actividades realizadas no curso.

2.
O 40% obterase pola realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso.

3.
O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada
estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución,
a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e
traballo en grupo.

4.
A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha
avaliación semellante, mediante unha proba oral que reflicta as actividades
desenvolvidas no curso, xunto ao control de asistencia e de participación.

5.
É ineludible a realización da proba oral para obter cualificación, tamén no
caso de xullo. En canto ás actividades, a súa avaliación positiva será gardada
para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade, en xullo. Como se
deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder
computar as actividades prácticas.

6.
Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica
recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa
certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a
matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as
actividades alternativas que se determinen.

7. O
alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto,
recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas
a esta proba.


Fontes de información
Bibliografía básica Kandisnsky, Vasili (1997). De lo espiritual en el arte. Madrid: Andrómeda
Praz, Mario (1989). Imágenes del Barroco (estudios de emblemática). Madrid: Siruela
Gombrich, E. H. (1986). Imágenes simbólicas. Madrid: Alianza Editorial
Souriau, Etienne ((1969) 2004). La correspondencia de las artes. Madrid: Fondo de Cultura Ecxonómica
Egido, Aurora (1990). La página y el lienzo: Sobre las relaciones entre poesía y pintura en el Barroco, Zaragoza, 1989, incluido en Fronteras de la poesía en el Barroco. Barcelona: Crítica
Auerbach, E. ((1950) 1996). La representación de la realidad en la literatura occidental. México: Fondo de Cultura Económica
Praz, Mario ( (1971) 2007). Mnemosyne. El paralelismo entre la literatura y las artes visuales. Madird: Taurus
Brown, Calvin (1963). Music and Literature. A Comparison of the Arts. Athens: The University of Georgia Press
Dumanoir, Virginie (coord.) (2003). Música y literatura en la España de la Edad Media y del Renacimiento. Madrid: Casa de Velázquez
Bürger, Peter (1974). Teoría de la vanguardia. Barcelona: Penísnsula
Gállego, Julián (1972). Visión y símbolos en la pintura española del Siglo de Oro. Madrid: Cátedra
Vega Ramos, María José (2007). “La unión de poesía y música en el Renacimiento: breve historia de una idea”, Doce calas en el Renacimiento y un epílogo, María Dolores Rincón González (aut.), págs. 269-316.

  Durante o curso aportaranse máis referencias bibliográficas e en liña.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías