Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Temas e liñas de investigación en Literatura española da Idade Media Código 613484014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Profesorado
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos principais temas e liñas de investigación na literatura española da Idade Media a partir de producións significativas do período. Este curso a materia centrarase no universo de la poesía cancioneril.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o entorno sociocultural da poesia catrocentista e as tradicións das que se alimenta AM1
AM2
AM5
AM6
AM7
AM8
AM10
AM12
AM13
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
Analizar e comentar textos de distintos tipos de poesia, autores e xéneros, AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AM10
AM11
AM12
AM13
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Conexión da poesía do XV coas tradicións previas, apreciando a súa novidade con respecto a elas. De Provenza a Castilla: principais características do quefacer poético
2. Poesía e corte. Tipoloxía dos cancioneiros O peso da corte (o carácter lúdico da poesía). Os cancioneiros (definición, tipos...)
3. Os autores. Algunhas figuras de interese (problemas de atribución e de identificación).
4. Tipos de poesía Poesía amorosa, doctrinal, política, satírico-burlesca...
5. Principais formas xenéricas e recursos retóricos. Canción e "dezir": a súa conformación métrica. Outras categorías poéticas. Algúns recursos retóricos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Obradoiro 9 7 16
Sesión maxistral 10 8 18
Lecturas 0 8 8
Proba mixta 1.5 3.5 5
Traballos tutelados 0 24 24
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solucións de problemas, discusión dirixida, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas co apoio e supervisión do profesorado.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de introducir de maneira sintética as cuestións que o estudante debe ter en conta na práctica e unha aproximación teórica aos temas principais, con indicacións de recursos para adquirir os contidos e poder realizar os exercicios e as actividades. Procurarase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Lecturas Ademáis dos textos de lectura obrigatoria (bibliografía básica), a profesora indicará outras lecturas, obrigatorias ou recomendadas, para a asimilación correcta dos contenidos da materia. O alumno ha realizar con aproveitamento as lecturas e demostralo nas actividades que se leven a cabo nos obradoiros e no traballo tutelado.
Proba mixta A través de preguntas de distinto tipo e de exercicios varios (esta vez sen axuda de materiais nin do profesor), o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Traballos tutelados Traballo tutelado polo profesor da materia para promover a aprendizaxe autónoma. Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase as características formais marcadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
É previsible que existan certas diferencias entre o alumnado en canto a súa formación de inicio ou a súa familiarización con determinados conceptos culturais e habilidades. Por esta razón cómpre desenvolver unha atención personalizada (especialmente para a realización do traballo fóra da aula).
O traballo tutelado requerirá, cando menos, de dúas titorías co profesor antes da súa entrega. O alumno poderá sempre, se for preciso, requerir atención tanto nas sesións presenciais como nas horas de titoría do docente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno na aula. Faranse distintos exercicios e actividades, que serán recollidos polo profesor 30
Traballos tutelados Avaliarase a orixinalidade, correcta estruturación de contidos, corrección expositiva, así como a calidade, profundidade e rigor da investigación; tamén se terá en conta a presentación e o logro dos obxectivos propostos, sen esquecer a capacidade de relación do aportado co visto nas clases.

50
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta para avaliar a adquisición das competencias.
20
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel, e seguindo as pautas e as normas para a entrega de
traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar
a materia sen cubrir todos os ámbitos da avaliación. Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega dos diferentes
traballos do alumno que se someterán a avaliación será o mesmo día que a
fixada oficialmente para o exame; ademáis, será necesario obter, como mínimo, o 50% da calificación máxima no
traballo tutelado . O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para
a realización das diversas actividades durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica DUTTON, Brian (1990-1991). El Cancionero del siglo XV, ca. 1360-1520. Salamanca: Universidad de Salamanca
BELTRAN, Vicenç (2013). Jorque Manrique, "Poesía". Madrid: RAE
DUTTON, Brian y Victoriano RONCERO (2004). La poesía cancioneril del siglo XV. Antología y estudio. Madrid-Frankfurt am Main: Iberoamericana-Vervuert
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (1999). Marqués de Santillana, "Poesía lírica". Madrid: Cátedra
GERLI, Michel (1994). Poesía cancioneril castellana. Madrid: Akal
BELTRAN, Vicenç (2009). Poesía española. 2. Edad Media: Lírica y cancioneros. Madrid: Visor

Ofrécense só uns cantos títulos nos que se localizarán os textos que han ser estudados; adicionalmente, a profesora pode aportar outros.

Bibliografía complementaria CASAS RIGALL, Juan (1995). Agudeza y retórica en la poesía amorosa de Cancionero. Santiago: Universidad de Santiago
BELTRAN, Vicenç (1988). La canción de amor en el otoño de la Edad Media. Barcelona: PPU
RODADO RUIZ, Ana Mª (2000). "Tristura conmigo va. Fundamentos del amor cortés". Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha
GÓMEZ REDONDO, Fernando (2000). Artes poéticas medievales. Madrid: Laberinto
BOASE, Roger (1981). El resurgimiento de los trovadores. Madrid: Pegaso
WHINNOM, Keith (1981). La poesía amatoria cancioneril en la época de los Reyes Católicos. Durham: Universidad de Durham
SALVADOR MIGUEL, Nicasio (1977). La poesía cancioneril. El Cancionero de Estúñiga,Madrid, Alhambra. Madrid: Alhambra
GÓMEZ-BRAVO, Ana Mª (1998). Repertorio métrico de la poesía cancioneril del siglo XV. Alcalá de Henares: Universidad de Alcalá de Henares

A bibliografía completarase ao longo do curso (tanto con material impreso como con recursos en Internet).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías