Identifying Data 2015/16
Subject (*) Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XX Code 613484029
Study programme
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optativa 3
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinador
Lopez Fernandez, Maria Teresa
E-mail
t.lopez@udc.es
Lecturers
Lopez Fernandez, Maria Teresa
E-mail
t.lopez@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo
General description Estudo dos temas e liñas de investigación máis relevantes e significativos da literatura e cultura galegas do s. XX.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A9 Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B2 Demostrar un compromiso ético contra as desigualdades.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AC13
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. BC1
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. BC8
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BC9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CC1
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CC8
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AC2
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. AC3
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. AC4
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AC5
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais. AC8
Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais. AC9
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación. AC11
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués. AC12
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AC13
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CC6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CC7
Demostrar un compromiso ético contra as desigualdades. BC2
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade BC3
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BC5
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CC4
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BC4

Contents
Topic Sub-topic
Introdución metodolóxica. O sistema literario e cultural no século XX.
Obras, autores, xéneros e prácticas culturais.
A poesía de vangarda máis alá de Manuel Antonio. Os 'novos': manifestos e proclamas.
Os 'novos' vs. os 'vellos': un conflicto xeracional?
Produción poética: prensa periódica, prensa cultural, antoloxías, poemarios.
A ‘nova narrativa’: contar un tempo novo. Límites e alcance da 'nova narrativa'.
A 'nova narrativa' e o proxecto cultural de Galaxia.
Textos e contextos.
O teatro de Eduardo Blanco Amor: outra concepción do popular. As propostas estéticas de Blanco Amor.
Popularismo e culturalismo.
Texto e representación.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Oral presentation 1 3 4
Workbook 1 20 21
Introductory activities 1 0 1
Document analysis 7 10.5 17.5
Seminar 10 20 30
 
Personalized attention 1.5 0 1.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Oral presentation Presentación oral individual por parte de cada alumno e de cada alumna dun asunto relacionado cos contidos da materia e decidido entre a profesora e o/a estudante.
Workbook Lectura obrigada dos textos literarios e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
Introductory activities Presentación inicial da materia e dos materiais sobre os que deberá traballar o alumnado e sobre os que se desenvolverá o seminario.
Document analysis Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos.
Seminar Traballo en grupo coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións nas que se envolven todos os compoñentes do seminario.

Personalized attention
Methodologies
Document analysis
Seminar
Oral presentation
Description
A profesora orientará aos e ás estudantes na preparación do seminario, das presentacións orais e na metodoloxía de análise das fontes de información.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas cando for preciso.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 30
Seminar A profesora poderá solicitar a cada estudante a entrega por escrito das conclusións do seminario.
Para participar no seminario, deberán levarse a cabo as lecturas pertinentes indicadas pola profesora.
30
Oral presentation O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 1 hora, as súas conclusións sobre un asunto que escollerá de entre os tratados na materia. A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Para realizar a presentación oral deberán realizarse as lecturas obrigadas.
40
 
Assessment comments

A avaliación terá en conta a participación do alumnado no seminario (e a eventual entrega das conclusións por escrito) e nas sesións de análise de fontes documentais, integradas tamén no seminario, así como a presentación oral. Para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora.

Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora.

Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe, cando menos, no 50% das sesións presenciais.

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola súa entrega por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.


Sources of information
Basic

Cada estudante deberá ler, ademais da selección de textos críticos que a profesora facilitará a través da plataforma moodle, un total de catro obras literarias, segundo as indicacións que se facilitan a seguir. A selección de obras por parte de cada estudante deberá coordinarse coa profesora no inicio das aulas.

Grupo 1 (seleccionar dúas obras)

Amado Carballo, Luís, Poesía galega completa, edición de Luís Alonso Girgado, Sotelo Blanco, Barcelona, 1994 [Proel (1927) e O galo (1928)].

Acuña, M. L., Fírgoas, ed. de C. L. Bernárdez e R. Nicolás, Xerais, Vigo, 1992.

Casas, Álvaro de las, Antología de la lírica gallega, CIAP, Madrid, 1928 (prólogo de Basilio Álvarez).

Correa Calderón, Evaristo, Ontes, 1928.

López, Teresa, Sementeira de ronseis. Cinco poetas da vangarda, Espiral Maior, A Coruña, 2000.

Montes, Euxenio, Obra en galego, I, Sotelo Blanco, Barcelona, 1984 [Versos a tres cás o neto (1930)].

Grupo 2 (seleccionar unha obra)

Gonsar, Camilo, Como calquera outro día, Galaxia, Vigo, 1962.

Méndez Ferrín, Xosé Luís, Percival e outras historias, Vigo, Galaxia, 1958.

Queizán, Mª Xosé, A orella no buraco, Galaxia, Vigo, 1965.

Rodríguez Mourullo, Gonzalo, Memorias de Tains, Monterrey, Vigo, 1956.

Grupo 3 (seleccionar unha obra)

Eduardo Blanco Amor, Farsas para títeres, Ediciós do Castro, Sada, 1973.

Eduardo Blanco Amor, Teatro pra a xente, Galaxia, Vigo, 1974.

Complementary

Incluímos neste apartado unhas referencias críticas mínimas para o seguimento da materia. A profesora proporcionará información bibliográfica complementaria a través da plataforma moodle.

Alonso Nogueira, Álex, “Blanco Amor e a constitución do campo literario galego durante os anos de Galaxia”, Grial 184, 2009: 28-35.

Capelán, Antón, “Lectura a contrafío de A nova narrativa galega de Mª Camino Noia”, Boletín galego de literatura 8, 1992: 61-77.

Casas, Arturo, “A poesía galega entre 1916 e 1936” en Tarrío Varela, Anxo, O século XX. A literatura anterior á Guerra Civil, Hércules de edicións, A Coruña, 2000, pp. 85-213.

Figueroa, Antón, Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia, Vigo, Xerais, 2001.

Forcadela, Manuel, Manual e escolma da nova narrativa galega, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1993.

González-Millán, Xoán, “Do nacionalismo literario a unha literatura nacional. Hipótese de traballo para un estudio institucional da literatura galega”,Anuario de estudios literarios galegos 1994: 67-81.

González Millán, Xoán, “O criterio filolóxico e a configuración dunha literatura nacional. Achegas a un novo marco de reflexión”, Cadernos da lingua 17, 1998: 5-24.

López, Teresa, “Arredor da nova narrativa”, A Trabe de Ouro 37, 1999: 37-58.

López, Teresa, O neotrobadorismo, A Nosa Terra, Vigo, 1998.

Noia, Camino, A nova narrativa galega, Galaxia, Vigo, 1992.

Pena, Xosé Ramón, Manuel Antonio e a vangarda, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1996.

Rabuñal, Henrique, “Blanco Amor no teatro galego”, IV Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, AGAL, A Corunha, 1996, pp. 307-332.

Tato Fontaíña, Laura, “O teatro de Eduardo Blanco Amor”, Cadernos da Escola Dramática Galega 99, 1993.

Tato Fontaíña, Laura, “O teatro dende 1936”, en Tarrío Varela, Anxo, O século XX. A literatura anterior á Guerra Civil, Hércules de edicións, A Coruña, 2000, pp. 444-511.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.es.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.