Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Temas e liñas de investigación en literatura e cultura portuguesas Código 613484032
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo (avanzado) de un ou varios dos temas e liñas de investigación máis relevantes e significativas da literatura e cultura portuguesas.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. AM1
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. AM4
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AM6
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais. AM8
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BM4
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BM5
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. CM2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. A dupla obediência das práticas literária e artística 1.1. Interrelação, sobreposição e substituição.
1.2. O pincel lírico e a afluência oriental.
2. Desenho, poesia e experimentalismo. 2.1. Ana Hatherly: visualidade e gesto caligráfico.
3. A influência do budismo zen na escrita literária. 3.1. Ana Hatherly: pensamento, fragmentariedade aforística e desconcerto nas "Tisanas".

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 6 9 15
Obradoiro 10 15 25
Lecturas 1 20 21
Traballos tutelados 1 7 8
Actividades iniciais 2 0 2
Proba mixta 1 2 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria.
Actividades iniciais Proba para determinar os coñecementos previos, así como os intereses e as motivacións inciais dos estudantes.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 25
Lecturas Avaliación da lectura das obras realizada polo/a alumno/a ao longo do curso. 20
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. 40
Traballos tutelados Avaliación dos texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

O alumnado que non se presente ou suspenda na primeira convocatoria deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios, seguindo as mesmas pautas indicadas.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non
asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%


Fontes de información
Bibliografía básica Sousa, C. Mendes de / Ribeiro, E. [Orgs.] (2004). Antologia da Poesia Experimental Portuguesa (Anos 60 – Anos 80). Coimbra: Angelus Novus
Ceccucci, P. (2009). Ikon como logos. A poesia visual de Ana Hatherly. Portuguese Portugal Studies, 2
Pimenta, A. (2003). O Silêncio dos Poetas. Lisboa: Cotovia

Obra de leitura obrigatória:

Tisanas de Ana Hatherly

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías