Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir unha visión diacrónica da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. |
A7
|
B3 B7 B8
|
C2
|
Ler na versión orixinal inglesa obras literarias de diversos xéneros e estilos. |
A6 A7
|
B6
|
C2
|
Analizar diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria.
|
A1 A2 A3 A6 A7 A15
|
B1 B7
|
C2 C4
|
Elaborar, individualmente ou en grupo, traballos escritos de diversa índole en lingua inglesa. |
A1 A6 A9 A10 A11 A15
|
B2 B4 B5 B6 B7 B10
|
C2 C4
|
Expoñer, oralmente e / ou por escrito, ideas, opinións e interpretacións críticas razoadas. |
A2 A6
|
B4 B6 B7 B8 B10
|
C2
|
Manexar a lingua inglesa con corrección tanto de forma oral como escrita nas actividades do curso. |
A6
|
B4
|
C2 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Que é a literatura? Que é a literatura inglesa?
|
1.1. O canon da literatura inglesa
1.2. Periodización. |
2. Introducción á historia da literatura inglesa anterior ao século XI.
|
2.1. Contexto sociocultural.
2.2. Literatura oral e manuscritos.
2.3. Poesía épica e elexíaca.
2.4. Prosa e traduccións.
Lecturas:
- Fragmentos de Beowulf
- Fragmentos de “The Dream of the Rood”. |
3. Literatura inglesa medieval. |
3.1. Contexto sociocultural.
3.2. Autoría.
3.3. Institucións culturais.
3.4. Conflicto lingüístico.
Lectura:
- Selección de lírica medieval.
|
4. Chaucer e os seus contemporáneos. |
4.1. Gower e o poeta Gawain.
4.2. Geofrey Chaucer e asúa obra.
Lectura:
- Fragmentos do “Prólogo" de The Canterbury Tales, obra de Geoffrey Chaucer. |
5. O teatro relixioso inglés. |
5.1. Orixes do teatro inglés.
5.2. Misterios medievales e moralidades.
Lectura:
- Fragmentos de Everyman. |
6. A lírica inglesa dos séculos XIV e XV. |
6.1. Poesía lírica medieval.
6.2. Amor cortés.
6.3. Romances medievais.
|
7. Poesía do século XVI. |
7.1. Introducción: Humanismo, mecenazgo e a corte.
7.2. O soneto e as secuencias de sonetos.
7.3. Wyatt e Surrey.
7.4. Sidney, Spenser e Shakespeare.
Lecturas:
- Selección de sonetos de Sidney, Spenser e Shakespeare. |
8. O teatro isabelino. |
8.1. O teatro isabelino: edificacións, convencións e tipo de obras.
8.2. Christopher Marlowe e William Shakespeare.
Lecturas:
- William Shakespeare, Hamlet. |
9. A poesía metafísica. |
9.1. Poetas metafísicos e "cavalier".
9.2. John Donne e Andrew Marvell.
Lecturas:
- Selección de poemas de John Donne e Andrew Marvell. |
10. A prosa do século XVII. |
10.1. Prosa relixiosa.
10.2. Autobiografía e diarios.
10.3. Libros de viaxe.
Lecturas:
- Fragmentos do Diario de Samuel Pepys. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
14 |
0 |
14 |
Lecturas |
A6 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
0 |
45 |
45 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A6 A7 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
21 |
10 |
31 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 |
2 |
10 |
12 |
Seminario |
A7 A9 A10 A11 A15 B2 B4 B5 B7 B8 B10 C2 |
7 |
7 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar ocasionalmente na clase en conxunto nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titorización de grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva). |
Lecturas |
Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de estudo de documentos e lectura de textos (maioritariamente) literarios darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia. |
Sesión maxistral |
Nas horas asignadas a D.E., a profesora exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos desenvolveranse despois nas clases de D.I. e T.G.R. |
Traballos tutelados |
Individualmente e en grupos pequenos, o alumnado deberá levar a cabo traballos de tipo diverso (resumos, análises, etc.) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero poderá tamén levar a cabo procesos de redacción, revisión e edición, etc. |
Proba mixta |
Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre. |
Seminario |
Nas horas adicadas a T.G.R. profundizaremos na discusión e exposición oral e (principalmente) escrita, de xeito razoado, como corresponde a este entorno académico, das interpretacións xeradas polas lecturas e a aprendizaxe levada a cabo nas clases de D.E. e D. I. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
|
Descrición |
Nos seminarios desenvolveranse actividades en grupos reducidos ou individuais. O profesorado supervisará o traballo de cada estudante durante estas actividades especialmente.
Recoméndase que cada estudante utilice as horas de titoría para profundizar en calquera cuestión relacionada coa materia e que alomenos acuda a unha titoría individual durante o curso para discutir o seu progreso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 |
Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Non se pode aprobar a materia ser obter un mínimo de 4 sobre 10 neste exame (nunca menos dun 1,75 sobre 5 en cada unha das dúas partes). Se non se chega a estes mínimos nesta proba, non se lle sumará á nota do exame ningunha outra nota obtida no resto de apartados avaliables. |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar, principalmente, nas clases de T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. |
30 |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
A asistencia regular ás clases contará ata un 5%, mais o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 20%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%. A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita (co
mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na oportunidade de xuño) que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar, como moi tarde, ao comezo do exame final, e que contarán o outro 50% da nota. O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante ás porcentaxes de "Discusión dirixida" e "traballos tutelados". O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma
para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
mesmos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Lecturas obrigatorias: - Fragmentos de Beowulf. - Fragmentos de “The Dream of the Rood”. - Selección de lírica medieval. - Fragmentos do “Prólogo” a The Canterbury Tales de Geoffrey Chaucer. - Fragmentos de Everyman. - Sonetos de Sidney, Spenser e Shakespeare. - William Shakespeare, Hamlet. - Selección de poemas de John Donne e Andrew Marvell. - Fragmentos do Diary de Samuel Pepys. Ao comezo de curso porase ao dispor do alumnado unha copia das lecturas obrigatorias (en Reprografía, en Moodle, ou na clase), coa excepción da obra Hamlet de Shakespeare, que cada estudante deberá conseguir pola súa conta. Esta copia deberá ser na súa versión orixinal e completa, e calquera edición que cumpra estas características (ex., Oxford University Press, Penguin, Longman, Cambridge UP, entre outras). Pódese utilizar unha edición bilingüe para a lectura, mais todas as alusións feitas á obra en discusións orais / escritas deberanse referir á versión inglesa. |
Bibliografía complementaria
|
|
Recursos impresos: Abrams, M. H., et. al., gen. ed., The Norton Anthology of English Literature. 2 vols. 7th ed. New York: Norton, 2000. Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000. Blamires, Harry. A Short History of English Literature. London: Routledge, 1984. Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994. Burrow, J. A. Middle English Literature. Oxford: Blackwell, 2004. Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London & New York: Routledge, 1998. Clanchy, M. T. From Memory to Written Record: England 1066-1307. Oxford: Blackwell, 1992. Ford, Boris, ed. The Pelican Guide to English Literature. 8 vols. Harmondsworth: Penguin, 1988. Godden, Malcolm, and Michael Lapidge, eds. The Cambridge Companion to Old English Literature. Cambridge: Cambridge University Press, 1991. MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008. Ousby, Ian. The Cambridge Guide to Literature in English. Cambridge: Cambridge University Press, 1983. Rogers, Pat, ed., The Oxford Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994. Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994. Recursos na rede: - English Literature: http://www.lang.nagoya-u.ac.jp/~matsuoka/EngLit.html#Medieval - Luminarium. Anthology of English Literature: http://www.luminarium.org/lumina.htm - Medieval England: http://www8.georgetown.edu/departments/medieval/labyrinth/subjects/british_isles/england/england.html - The Cambridge History of English and American Literature: http://www.bartleby.com/cambridge/ - The Norton Anthology of English Literature: www.wwnorton.com/nael/ |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 1/613G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005 | Lingua Inglesa 2/613G01008 |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Inglesa 2/613G01017 |
|
|