Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A25 |
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. |
A26 |
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria |
A1 A10 A15 A25 A26
|
B3 B5 B8
|
C7 C8
|
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións |
A10
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica |
A15
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua galega |
A25
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa |
A26
|
|
|
Adquirir capacidade de autoformación. |
|
B3
|
|
Apreciar a diversidade |
|
B8
|
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
C7
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
B1 B2
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A variación lingüística |
1.1. Perspectivas sobre os tipos de variacionismo
1.2. Orixe e limites da variación
1.3. Lingua, dialecto, variedade: denominacións e criterios de distinción |
2. A dialectoloxía |
2.1. Definición e orientacións
2.2. Cuestións de método
2.3. O caso da Galiza
2.4. Tipoloxía dos fenómenos de variación lingüística |
3. Dialectoloxía, filoloxía e lingüística |
3.1. Dialectoloxía e lingüística histórica
3.2. Dialectoloxía e onomástica
3.3. Dialectoloxía, estruturalismo e xenerativismo
|
4. Variación diatópica nos falares galegos |
4.1. Introdución
4.2. Principais fenómenos de variación |
5. Variación diatópica nos falares portugueses |
5.2. Introdución
5.2. Principais fenómenos de variación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A25 A26 B2 B5 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Obradoiro |
A15 A10 B8 |
14 |
28 |
42 |
Lecturas |
A10 B1 B3 B5 |
1 |
12 |
13 |
Traballos tutelados |
A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 |
1 |
12 |
13 |
Proba mixta |
A15 A25 A26 B5 |
1 |
5 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesión de traballo en que o profesor expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumnado adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística e os contidos teóricos fundamentais. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC e estudos de casos. |
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escollido entre diversas propostas presentadas no inicio de curso sobre diferentes aspectos ou cuestións de variación lingüística. |
Proba mixta |
Na proba mixta, cada estudante debe demostrar que ten asimilados os contidos a través dun exercicio que, entre outras posibilidades, combinará preguntas (longas e/ou breves) de carácter ensaístico con probas de comentario. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada nortéase cara á orientación dos traballos tutelados (tema, focaxe, bibliografía adecuada etc.) e á solución de dúbidas e lacunas que os alumnos ou as alumnas puideren presentar.
A orientación será realizada de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A15 A10 B8 |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (comentarios de texto, discusión de casos etc.). |
20 |
Proba mixta |
A15 A25 A26 B5 |
Nesta proba, o alumnado deberá desenvolver temas e/ou preguntas relacionadas cos contidos vistos nas aulas, combinados con probas de tipo práctico. |
40 |
Lecturas |
A10 B1 B3 B5 |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. Eventualmente poderán ser solicitados breves resumos ou fichas de lectura. |
15 |
Traballos tutelados |
A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 |
Neste tipo de probas, serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. |
25 |
|
Observacións avaliación |
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación. 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. 5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos dun 50% do número de actividades totais.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fernández Rei, F. et al. (1996). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
ILG [Instituto da Lingua Galega] (1990 / 1995 / 1999 / 2002 / 2005). Atlas Lingüístico Galego. Vol. I. Morfoloxía verbal. Vol. II. Morfoloxía non verbal. Vol. III. Fonética. Vol. IV. Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. Vol. V. Léxico. O corpo humano (I). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Francis, F. N. (1989 [1983]). Dialectology. An introduction . London: Longman
Fernández Rei, F. (2001 [1990]). Dialectoloxía da lingua galega . Vigo: Xerais
Álvarez, R. et al. (eds.) (2002). Dialectoloxía e Léxico. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega
Vasconcellos, J. Leite de (1987 [1901]). Esquise d’une Dialectologie Portugaise . Lisboa: Instituto de Investigação Científica
Cintra, L. F. Lindley (1995). Estudos de Dialectologia Portuguesa . Lisboa: Sá da Costa
Gärtner, E. et al. (eds.) (2000). Estudos de Geolingüística do Português Americano. Frankfurt: TFM
Beaud, S. et. al. (2007). Guia para a Pesquisa de Campo. Produzir e Analisar Dados Etnográficos. Petrópolis: Vozes
Mollica, M. C. et al. (2003). Introdução à Sociolingüística. O tratamento da Variação. São Paulo: Contexto
Chambers, P. et al. (1994). La dialectología . Barcelona: Visor
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Ames: Laiovento
Álvarez, R. et al. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega
Vasconcellos, J. Leite de (1928). Opúsculos. Vol. II. Dialectologia . Coimbra: Universidade de Coimbra
Vasconcellos, J. Leite de (1985). Opúsculos. Vol. VI. Dialectologia . Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda
Britain, D. et. al. (eds.) (2003). Social Dialectology. In Honour of Peter Trudgill. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins Publishing Company
Biber, D. (1988). Variation across Speech and Writing . New York / New Rochelle / Melbourne / Sidney: Cambridge University Press |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|