Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua e Cultura Clásica Código 613G03006
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da lingua latina e doutros aspectos da cultura latina da Antigüidade, con especial atención á comprensión e tradución de textos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aplicables ao campo da Filoloxía Latina, así como a terminoloxía propia desta disciplina A1
A13
B1
C3
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos A2
B7
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa perviviencia na civilización occidental A13
B8
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos A11
B7
C6
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de procura de información, adquirindo capacidade de autoformación no campo dos estudos latinos A11
B1
B3
C3
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a historia da literatura inglesa A14
B5
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Apreciar a diversidade B8

Contidos
Temas Subtemas
1 Instrumentos para o estudo da civilización latina e o seu legado 1.1 Principais recursos bibliográficos para o estudo da cultura clásica e da lingua latina
1.2 Outros recursos dispoñibles na web
2 Morfoloxía nominal da lingua latina I 2.1 Concepto de caso e de declinación
2.2 A flexión dos substantivos
2.3 A flexión dos adxectivos

7 Sintaxe da lingua latina III: a subordinación adverbial 7.1 Oracións causais
7.2 Oracións temporais
7.3 Oracións finais
7.4 Oracións consecutivas
7.5 Oracións condicionais
7.6 Oracións concesivas
3 Morfoloxía nominal da lingua latina II 3.1 A flexión dos pronomes persoais
3.2 A flexión dos pronomes demostrativos
3.3 A flexión dos pronomes fóricos
3.4 A flexión do pronome relativo
4. Morfoloxía verbal da lingua latina 4.1 As formas do tema de presente
4.2 As formas do tema de pasado
4.3 As formas da voz pasiva
4.4 Infinitivos, xerundio e participios
5 Sintaxe da lingua latina I: a oración simple e a oración de relativo 5.1 Funcións e usos dos casos
5.2 Sintagmas preposicionais
5.3 A oración de relativo
6. Sintaxe da lingua latina II: a subordinación substantiva 6.1 As oracións de infinitivo (AcI)
6.2 As oración ssubordinadas substantivas sindéticas (conxuncións quod, ut, ne)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 22 44 66
Lecturas A13 B8 0 20 20
Proba obxectiva B6 B1 C6 2 16 18
Sesión maxistral A1 A13 A14 B3 22 22 44
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Exercicios de análise e comentario lingüístico de textos latinos. Estes exercicios levaranse a cabo maioritariamente nas sesións prácticas.
Lecturas A lectura por conta do estudante da Eneida de Virxilio terá carácter obrigatorio e será avaliada mediante un control de lectura. Na aula darase lectura pública a textos diversos ao longo dalgunhas das sesións prácticas
Proba obxectiva Os estudiantes farán un exercicio práctico a metade do cuatrimestre sobre as cuestións desenvolvidas nos catro primeyros temas, e un segundo exercicio práctico a final de curso sobre as cuestións tratadas na totalidade do temario.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
O estudante poderá asistir a titorías individuais a petición propia ou concertadas polo profesor, a fin de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia e participación activa na aula (10%) como os resultados de eventuais traballos individuais que se propoñan (que deberán ser entregados por escrito) e os controis de contidos que poidan facerse periódicamente (20%). 40
Lecturas A13 B8 O estudante dará conta do aproveitamento da lectura obrigatoria da Eneida por medio dun exercicio específico de control de lectura. 10
Proba obxectiva B6 B1 C6 Probas escritas individuais de carácter práctico, que se efectuarán, respectivamente, a metade e a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 en cada unha destas probas para poder facer media cos demais conceptos. 50
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran
unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen
cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.

Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas obxec tivas con arreglo á seguinte porcentaxe: control de lectura: 10%; proba de análise morfolóxica (40%); proba de análise morfosintáctica e tradución (50%). Como na primeira oportunidade, tamén na segunda a proba escrita deberá obter, como mínimo, unha calificación de 4 puntos (con exame calificado sobre 10) tanto na parte correspondente a análise morfolóxica como na correspondente a análise morfosintáctica e tradución.

O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas.

O
estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de
asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación
correspondente a estas será compensado na baremación das probas
obxectivas, que pasarán do 50% ao 90%.


Fontes de información
Bibliografía básica Virgilio (2008). Eneida. RBA editores
George Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Atenea
J. Molina Yévenes (1993). Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. Barcelona
Tomás González Rolán e Lisardo Rubio (1985). Nueva gramática latina. Madrid
Lisardo Rubio (1995). Nueva sintaxis latina simplificada. Madrid. Ediciones clásicas
J.M. Baños Baños (2009). Sintaxis del latín clásico. Madrid. Liceus

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

 

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

 

Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 

Analecta Malacitana (Univ. Málaga)

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm 

 

Ludus litterarius

http://www.luduslitterarius.net/

 

Resumos de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/lagrama.htm

 

Exercicios de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/latin.htm

 

Traducións castelás da Eneida

 

http://es.wikisource.org/wiki/Eneida_(Ochoa) (Traducción de Eugenio de Ochoa)

http://es.wikisource.org/wiki/Eneida (traductor desconocido)

 

Traducións inglesas da Eneida

http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=722084 (Dryden)

http://www.bibliomania.com/0/2/173/1106/frameset.html

 

A Eneida na Wikipedia

http://en.wikipedia.org/wiki/Aeneid

http://es.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://gl.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://pt.wikipedia.org/wiki/Eneida

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
É altamente recomendable que os estudantes teñan previamente adquiridos coñecementos de análise morfolóxica e sintáctica en xeral así como unas nocións básicas acerca do funcionamento do sistema morfolóxico da lingua latina.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías