Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A21 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumno desenvolverá estratexias para a adquisición de vocabulario novo e para a consolidación do coñecido.
O alumno apreciará a importancia da colocación correcta; comprenderá os matices.
O alumno decatarase da importancia do rexistro, formato, estilo e contexto.
Ademais de adquirir coñecementos teóricos, ao alumno animaráselle a poñer en práctica as súas habilidades.
O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte.
|
A1 A2 A6 A9 A10 A15 A21
|
B1 B3 B4 B6 B7
|
C2
|
Familiarización con diferentes acentose rexistros. |
A15
|
|
|
Redacción de textos de tipo diferente e para fins diferentes |
A6 A9 A15
|
B5
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Aspectos introductorios do aprendizaxe do vocabulario nun contexto (ver libros de texto indicados na Sección 8 "Fontes de Información").., |
Estratexias de aprendizaxe; tipos de significado; o uso dun dicionario (tipos);colocacións; metáfora, rexistro; conotacións e asociacións culturais. |
2. A formación das palabras |
Abreviaturas e acrónimos; prefixos; sufixos; formación de palabras novas; contacto entre linguas (préstamos); palabras parecidas pero distintas |
3. Vocabulario relacionado co traballo/estudo |
Campos de interese: Colegas, rutinas, carreiras, promoción, negocios, traballo académico, ensino |
4. Vocabulario referente ás relacións persoais |
Campos de interese: Aspectos positivos, negativos, problemas; sentimentos; aparencia e carácter |
5. Vocabulario referente ó ocio e estilo de vida |
Campos de interese: Roupa e moda; casa; socialización; artes escénicas e plásticas; literatura; comida; viaxes e turismo, roupa, actividades sociais. |
6. Vocabulario relacionado co medio. |
Campos de interese: Paisaxes, clima, metáforas, vexetación, animais; conservación |
7. Vocabulario relacionado ccoa sociedade e as institucións |
Campos de interese: Policía; as leis; historia; guerra e paz |
8. Metáforas |
Metáforas procedentes de distintos campos; interpretación e uso. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B5 B6 C2 |
5 |
0 |
5 |
Esquemas |
A1 A2 A21 B3 |
10 |
20 |
30 |
Sesión maxistral |
B4 |
20 |
41 |
61 |
Proba mixta |
A2 A6 A10 A15 B7 C2 |
2 |
14 |
16 |
Traballos tutelados |
A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 |
2 |
16 |
18 |
Proba oral |
A6 A9 C2 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Aspectos relacionados co aprendizaxe de vocabulario novo.Tipos de significados; como usar o dicionario (que tipos de dicionarios); conotacións, rexistro; metáforas. |
Esquemas |
O uso de diagramas e esquemas para comprender e asimilar mellor os matices do vocabulario novo. |
Sesión maxistral |
Nas sesións do grupo enteiro, explicacións e orientacións para o mellor aproveitamento do material presentado |
Proba mixta |
Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. |
Traballos tutelados |
Redacciones sobre temas diversos relacionados co traballado en clase. |
Proba oral |
Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas orais. Interacción e comunicación de ideas, opinións, etc. Competencia comunicativa. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Tanto a profesora como o/a lector/a están dispoñibles durante as horas de titoría semanais para resolver problemas ou ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar connosco por correo electrónico.
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 |
Entrega de dúas redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. A nota para esta parte será a media de ambos os dous. Ver datas máis abaixo. |
20 |
Proba mixta |
A2 A6 A10 A15 B7 C2 |
Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. |
50 |
Proba oral |
A6 A9 C2 |
Entrevista individual/por parellas; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno: iniciativa e interacción do alumno, rexistro adecuado, amplitud de recursos lingüísticos, capacidade de comunicación. |
30 |
|
Observacións avaliación |
1. Entrega de traballos tutelados: 30-10-2015; e 30-11-2015. A entrega tardía penalizarase. 2. É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. Controlarase a asistencia con firma en todas as clases (expositivas, interactivas e reducidas). A asistencia habitual é un indicador do interese do alumno pola materia. 3. As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas datas debe xustificarse documentalmente. 4. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2015-16 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fose nas vacacións de Nadal. Isto é válido tanto para os/as alumnos/ás da UDC como para os/as alumnos/ás Erasmus. 5. Proba oral: entre o 30 de novembro e o 18 de decembro 2015. As datas e horas exactas anunciaranse en Moodle. 6. Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia. 7. A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico, basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes. Se a parte dos traballos tutelados non se aproba na primeira oportunidade, o alumno debe presentar dous traballos novos. As instrucións relevantes, así como as datas de entrega durante o segundo cuadrimestre publicaranse en Moodle. As devanditas datas serán necesariamente antes do comezo do período de exames de xullo. A repetitición dol exame oral, en caso de suspenso na primeira oportunidade, llevaráse a cabo ANTES do período de exámes. 8. A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas. 9. Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a mixta e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados. 10. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. 11. Trátase dunha materia obrigatoria do 3er curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto curso na que o/a estudante estea matriculado/a. Obviamente, a primeira obriga debería ser asistir ás materias de terceiro e cumprir as tarefas esixidas. 12. Os alumnos/ás que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 1/613G03003 | Lingua Inglesa 2/613G03008 | Lingua Inglesa 3/613G03015 | Lingua Inglesa 4/613G03019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase a asistencia e
participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de
todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados. A
asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia,
adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe
continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a
posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial. Nos casos considerados na normativa da Facuiltad, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia. As datas para a realización das probas orais anunciaranse con antelación abondo, e poñeranse en Moodle.
Recoméndase consultar os avisos postos nesta plataforma virtual con
asiduidade. Non asistir ao exame oral ou escrito significa que se perde a
primeira oportunidade para esta(s) parte(s) da avaliación. Desta forma
só quedará a segunda oportunidade. As datas das probas non poden non poden ser adiantadas ou atrasadas
para encaixar cos plans de viaxe individuais. O calendario académico da UDC é o que se segue, e non o doutras universidades. |
|