Identifying Data 2015/16
Subject (*) Administración de Sistemas I Code 614473010
Study programme
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatoria 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Electrónica e Sistemas
Coordinador
Padron Gonzalez, Emilio Jose
E-mail
emilio.padron@udc.es
Lecturers
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Rodriguez Osorio, Roberto
E-mail
emilio.padron@udc.es
roberto.osorio@udc.es
Web
General description O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno as competencias básicas para despregar e administrar de forma efectiva un sistema informático en computación de altas prestacións. Para isto introducirase ao estudante nos fundamentos hardware e software destes sistemas, especialmente no relativo aos sistemas operativos, servizos en rede, arquitecturas de almacenamento, redes de interconexión e software base para contornos HPC e HTC.

Ademais, preténdese preparar ao estudante para:
(1) o desenvolvemento de proxectos de equipamento de sistemas en contornos singulares de altas prestacións,
así como
(2) a participación no despregue de ditas infraestructuras.

A xestión básica destes contornos, con especial atención na xestión dos usuarios, monitorización, política de backups e seguridade e xestión da configuración, constitue o groso da actividade dun administrador de sistemas, polo que se lle presentará ao alumno os coñecementos básicos sobre estas actividades.

Study programme competencies
Code Study programme competences / results
A9 Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor e ser capaz de mellorar o rendemento e as capacidades do mesmo.
A10 Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas.
A11 Implementar as políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade.
A13 Integrarse na operativa diaria dun centro relacionado coa supercomputación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a sua capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
B8 Capacidade de organización e planificación.
B10 Buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor AR9
CC2
Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas AR9
AR10
BR4
BR10
CC2
CC3
CC6
Implantación de políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade dun sistema AR10
AR11
BR8
BR10
CC1
CC2
CC3
CC6
Saber resolver incidencias básicas na operativa da administración de sistemas AR9
AR10
AR13
BR2
BR4
BR10
CC2
CC3
CC6

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución á administración de sistemas 1. Sistemas e servidores
2. Software de sistema
3. Usuarios e roles
4. O papel do administrador de sistemas
2. Administración básica do sistema 1. Xestión da árbore de directorios
2. Xestión básica dos usuarios
3. Xestión dos procesos
4. Xestión básica da rede
5. Xestión xeral do sistema
6. Servizos de impresión
3. Políticas de seguridade e backups 1. Sistemas informáticos seguros
2. Copias de respaldo: política de backups
4. Xestión avanzada de usuarios e recursos do sistema 1. Servizos de directorio (LDAP) e listas de control de acceso (ACLs)
Contidos prácticos 1. Configuración e compilación dun kernel Linux
2. Configuración e mantemento dun sistema de almacenamento baseado en RAID e LVM
3. Implantación da xestión de backups con Amanda
4. Xestión de usuarios e recursos con LDAP

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A9 A10 7 14 21
Laboratory practice A11 A13 B2 B4 B8 B10 C1 C2 C3 C6 14 38 52
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A metodoloxía docente desta materia compende varias sesións de clase maxistral, nas que se presentarán os contidos a traballar. Nas clases favorecerase a participación proactiva do alumno, así como a adquisición de coñecemento dun xeito crítico.
Laboratory practice Os contidos da materia traballaranse de forma aplicada en sesións de laboratorio, nas que se desenvolverán os contidos prácticos da materia. Dada a variedade de aspectos a desenvolver nas distintas actividades, traballarase en grupos pequenos (2-3 alumnos) buscando xerar sinerxias na aprendizaxe e na adquisición de destrezas tendo en conta os distintos perfiles e intereses que poden presentarse.

O traballo nesta materia requerirá dunha exhaustiva documentación do equipamento co que traballar, e dos servizos e aplicacións a implantar e configurar, co que o acceso a internet e a bibliografía especializada é imprescindible. Porén, as competencias a adquirir son consecuencia directa da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, co que se porá especial énfase na practicidade das discusións durante as clases maxistrais e na utilización dunha metodoloxía de evaluación continuada que prime o esforzo nas actividades máis aplicadas.

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Description
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio antóxase imprescindible para dirixir aos estudantes no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e evaluar o traballo realizado polo alumnado nas distintas fases do seu desenvolvemento ata chagar á súa finalización.

Por outra banda, recoméndase a asistencia a titorías como un mecanismo adicional de axuda.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Laboratory practice A11 A13 B2 B4 B8 B10 C1 C2 C3 C6 Realización das prácticas da materia 100
 
Assessment comments

Sources of information
Basic Aeleen Frisch (2002). Essential System Administration (3rd Ed.). O'Reilly
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2006). Linux Administration Handbook (2nd Ed.). Prentice Hall
Steve Shah (2001). Manual de Administración de Linux. MC Graw Hill
Evi Nemeth, Garth Snyder, Scott Seebass, Trent R. Hein (2000). UNIX System Administration Handbook (3rd Ed.). Prentice Hall

Complementary Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2007). La biblia de: Administración de sistemas Linux. Anaya Multimedia
Angie Nash, Jason Nash (2001). LPIC 1 Certification Bible. Wiley/Hungry Minds
Thomas A. Limoncelli, Christina J. Hogan, Strata R. Chalup (2007). The practice of System and Network Administration (2nd Ed.). Addison-Wesley Professional
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein, Ben Whaley (2010). UNIX and Linux System Administration Handbook (4th Ed.). Prentice Hall

O libro «UNIX and Linux System Administration Handbook» ven a ser un compendio de dous dos libros da bibliografía básica, cos que ten tres autores en común. Incluimos tamén neste epígrafe de bibliografía complementaria a versión en castelán dun deses libros: «La biblia de: Administración de sistemas Linux»


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Administración de Sistemas II/614473011
Administración de Instalacións de Supercomputación/614473012

Other comments

Recoméndase dispor de acceso a un ordenador persoal fóra das horas presenciais para un óptimo seguimento do curso.

Facilitarase a entrega de prácticas fora das horas de clase para un seguimento non-presencial da materia.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.