Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer os fundamentos da interoperabilidade e infraestruturas de datos espaciais, software e fontes de datos existentes, así como aplicacións en infraestruturas de transporte, minería, enxeñaría forestal, xestión de residuos, plan urbanístico, xestión ambiental e xestión do medio mariño. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación e desenvolvemento. |
B2 |
Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B4 |
Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B8 |
Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas. |
B10 |
Coñecer e ser capaz de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son a procura bibliográfica, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos e a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigorosa. |
C2 |
Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade. |
C4 |
Adquirir a capacidade de xestionar, manipular e consultar grandes cantidades de datos de forma que se posibilite a extracción de información útil en multitude de sectores. |
C5 |
Desenvolver capacidade de traballo en equipo e compromiso ético coa sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o concepto de interoperabilidad de infraestruturas de datos espaciais |
AP4
|
BP1 BP2 BP4 BP8 BP10
|
CP2 CP4 CP5
|
Coñecer as diferentes ferramentas software existentes no mercado |
AP4
|
BP1 BP2 BP4 BP8 BP10
|
CP2 CP4 CP5
|
Coñecer posibles fontes de información espacial que poden ser utilizadas nos proxectos |
AP4
|
BP1 BP2 BP4 BP8 BP10
|
CP2 CP4 CP5
|
Saber aplicar o coñecemento adquirido a problemáticas presentes en diferentes ámbitos como as infraestruturas de transporte, minería, enxeñaría forestal, xestión de residuos, plan urbanístico, geomarketing, xestión ambiental, etc |
AP4
|
BP1 BP2 BP4 BP8 BP10
|
CP2 CP4 CP5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Interoperabilidade |
Infraestruturas de datos espaciais
|
Software e fontes de datos |
Software (ArcGIS, QGIS, etc.)
Fontes de datos (IDE de España, etc.) |
Aplicacións en sectores de negocio |
Infraestruturas de transporte
Minería
Enxeñaría forestal
Xestión de residuos
Planeamento urbanístico
Xeomarketing
Xestión ambiental |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 B1 B2 B8 C2 C4 |
20 |
0 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
A4 B1 B2 B4 B8 C2 C4 C5 |
20 |
0 |
20 |
Estudo de casos |
A4 B1 B2 B4 B8 B10 C2 C4 C5 |
20 |
0 |
20 |
Traballos tutelados |
A4 B1 B2 B4 B8 B10 C2 C4 C5 |
0 |
60 |
60 |
Proba mixta |
A4 B1 B2 B4 B8 C2 C4 |
0 |
30 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. O TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Proba mixta |
Realización dunha proba escrita individual onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas de resposta breve. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e para os traballos que se desenvolverán de forma individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A4 B1 B2 B4 B8 B10 C2 C4 C5 |
Avaliarase a solución aplicada polos/as alumnos/as ao problema plantexado así como a interacción entre os membros do grupo. |
10 |
Traballos tutelados |
A4 B1 B2 B4 B8 B10 C2 C4 C5 |
Avaliarase a calidade dos traballo realizados. |
50 |
Proba mixta |
A4 B1 B2 B4 B8 C2 C4 |
Avalizarase a correción das respostas do/a alumno/a. |
40 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a asignatura é obligatorio: - Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): permite recuperar a nota dos estudos de casos.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado, e de 2,5 sobre 5 na proba mixta.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Gary Sherman (2012). The Geospatial Desktop. Locate Press
Robert Laurini (1992). undamentals of Spatial Information Systems. Elsevier |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Enxeñaría Cartográfica/614520001 | Xeoprocesos/614520004 | Visualización de Información Espacial/614520005 | Fundamentos de Sistemas de Información/614520002 | Representación de Información Espacial/614520003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|