Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Coñecer os conceptos básicos de procesamento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análise de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, xeoprocesos en bases de datos e xeoprocesos en diferente software comercial. |
A3 |
Coñecer os diferentes modelos de datos 2D e 3D, modelos temporais, xeovisualización de datos, operacións 3D, visualización de ferramentas de escritorio, creación de cartografía, visualización web. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación e desenvolvemento. |
B4 |
Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B7 |
Adquirir coñecemento en xeomática e enxeñaría cartográfica. |
B8 |
Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas. |
C2 |
Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade. |
C3 |
Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan. |
C4 |
Adquirir a capacidade de xestionar, manipular e consultar grandes cantidades de datos de forma que se posibilite a extracción de información útil en multitude de sectores. |
C5 |
Desenvolver capacidade de traballo en equipo e compromiso ético coa sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber instalar e configurar servizos de publicación de información xeográfica |
AP2 AP3
|
BP1 BP4 BP5 BP7 BP8
|
CP2 CP3 CP4 CP5
|
Saber crear interfaces de usuario de consulta e visualización de información xeográfica |
AP2 AP3
|
BP1 BP4 BP5 BP7 BP8
|
CP2 CP3 CP4 CP5
|
Saber construír extensións para ferramentas SIG existentes |
AP2 AP3
|
BP1 BP4 BP5 BP7 BP8
|
CP2 CP3 CP4 CP5
|
Saber programar aplicacións que consulten e procesen información espacial |
AP2 AP3
|
BP1 BP4 BP5 BP7 BP8
|
CP2 CP3 CP4 CP5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Desenvolvemento de aplicacións SIX en web |
Servizos de publicación de información xeográfica
Interfaces de usuario web
Consulta e procesamento de datos en web |
Desenvolvemento de aplicacións SIX de escritorio |
Interfaces de usuario no escritorio
Desenvolvemento de extensións para aplicacións de escritorio |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A2 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 |
20 |
0 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 |
20 |
0 |
20 |
Estudo de casos |
A3 A2 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 |
10 |
10 |
20 |
Traballos tutelados |
A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 |
0 |
70 |
70 |
Presentación oral |
B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 |
1 |
9 |
10 |
Proba mixta |
A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 |
1 |
9 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. O TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Presentación oral |
Realización dunha presentación para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia durante o traballo tutelado |
Proba mixta |
Realización dunha proba escrita individual onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas de resposta breve. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e para os traballos que se desenvolverán de forma individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A3 A2 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 |
Avaliarase a solución aplicada polos/as alumnos/as ao problema plantexado así como a interacción entre os membros do grupo. |
10 |
Proba mixta |
A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 |
Avalizarase a correción das respostas do/a alumno/a. |
20 |
Traballos tutelados |
A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 |
Avaliarase a calidade dos traballo realizados. |
50 |
Presentación oral |
B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 |
Avaliarase a capacidade do alumno para comunicar a metodoloxía e resultados do seu traballo, e a capacidade para responder preguntas relacionadas co mesmo |
20 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a asignatura é obligatorio: - Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) nos traballos tutelados.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice o traballo tutelado. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados (60% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, permite recuperar a nota dos estudos de casos.
- Presentación oral (20% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba mixta (20% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Brian Youngblood, Stefano Iacovella (2013). Geoserver Beginner's Guide. Packt Publishing
Tyler Mitchell (2005). Web Mapping Illustrated. O'Reilly Media |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Xeoprocesos/614520004 | Fundamentos de Sistemas de Información/614520002 | Representación de Información Espacial/614520003 | Proxectos SIX/614520006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|