Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Desenvolvemento de Aplicacións SIX en Web Código 614520009
Titulación
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
Profesorado
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
Web
Descrición xeral En esta materia se adquieren conocimientos básicos de tecnologías web y sus capacidades para la visualización, consulta y procesamiento de información geográfica mediante el diseño y el desarrollo de aplicaciones SIG sencillas

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer os conceptos básicos de procesamento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análise de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, xeoprocesos en bases de datos e xeoprocesos en diferente software comercial.
A3 Coñecer os diferentes modelos de datos 2D e 3D, modelos temporais, xeovisualización de datos, operacións 3D, visualización de ferramentas de escritorio, creación de cartografía, visualización web.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación e desenvolvemento.
B4 Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 Adquirir coñecemento en xeomática e enxeñaría cartográfica.
B8 Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas.
C2 Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
C3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
C4 Adquirir a capacidade de xestionar, manipular e consultar grandes cantidades de datos de forma que se posibilite a extracción de información útil en multitude de sectores.
C5 Desenvolver capacidade de traballo en equipo e compromiso ético coa sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber instalar e configurar servizos de publicación de información xeográfica AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5
Saber crear interfaces de usuario de consulta e visualización de información xeográfica AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5
Saber construír extensións para ferramentas SIG existentes AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5
Saber programar aplicacións que consulten e procesen información espacial AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Desenvolvemento de aplicacións SIX en web Servizos de publicación de información xeográfica
Interfaces de usuario web
Consulta e procesamento de datos en web
Desenvolvemento de aplicacións SIX de escritorio Interfaces de usuario no escritorio
Desenvolvemento de extensións para aplicacións de escritorio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A2 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 20 0 20
Prácticas a través de TIC A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 20 0 20
Estudo de casos A3 A2 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 10 10 20
Traballos tutelados A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 0 70 70
Presentación oral B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 1 9 10
Proba mixta A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 1 9 10
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. O TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Realización dunha presentación para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia durante o traballo tutelado
Proba mixta Realización dunha proba escrita individual onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas de resposta breve.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e para os traballos que se desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A2 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 Avaliarase a solución aplicada polos/as alumnos/as ao problema plantexado así como a interacción entre os membros do grupo. 10
Proba mixta A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 Avalizarase a correción das respostas do/a alumno/a. 20
Traballos tutelados A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 Avaliarase a calidade dos traballo realizados. 50
Presentación oral B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 Avaliarase a capacidade do alumno para comunicar a metodoloxía e resultados do seu traballo, e a capacidade para responder preguntas relacionadas co mesmo 20
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a asignatura é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) nos traballos tutelados.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice o traballo tutelado.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (60% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, permite recuperar a nota dos estudos de casos.
  • Presentación oral (20% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba mixta (20% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.


Fontes de información
Bibliografía básica Brian Youngblood, Stefano Iacovella (2013). Geoserver Beginner's Guide. Packt Publishing
Tyler Mitchell (2005). Web Mapping Illustrated. O'Reilly Media

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoprocesos/614520004
Fundamentos de Sistemas de Información/614520002
Representación de Información Espacial/614520003
Proxectos SIX/614520006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías