Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Administración de Redes Código 614G01213
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Curso de Adaptación Enxeñeiros Téc. en Informática Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Novoa De Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.javier.novoa@udc.es
Profesorado
Montoto Castelao, Paula
Novoa De Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
paula.montoto@udc.es
francisco.javier.novoa@udc.es
Web http://moodle.udc.es/course/view.php?id=29174
Descrición xeral Esta materia introduce o alumno na problemática asociada ó deseño e operación de unha rede informática. Cubre todos os aspectos relativos aos servizos básicos de rede, monitorización, alta dipoñibilidade, mecanismos de control de acceso, sistemas de prevención de intrusión, comunicacións seguras, redes privadas, servizos de directorio e xestión de redes. A partir dun caso de uso, iráse desgranando os distintos elementos que compoñen unha rede así como a problemática de escalado e mecanismos de seguridade vencellados.

Competencias do título
Código Competencias do título
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A55 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados. A53
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización. A55
Capacidade de resolución de problemas Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. B1
C6
Capacidade de análise e síntese B3

Contidos
Temas Subtemas
Deseño de rede separación física e loxica de redes: vlans, subnetting e routing
servicios básicos de rede: DNS, DHCP, ...
seguridade da rede: firewalls, IDS, proxies, ...
servizos de directorio
alta disponibilidad: balanceadores, clustering, etc...
monitorización de rede
Aspectos de seguridade en redes Mecanismos de control de acceso: sistemas AAA (Radius, TACACS+, ), 802.1x
Sistemas de Firewalls e de prevención de intrusión
Comunicacións seguras: TLS, SSL.
Redes privadas virtuais
Xestión de redes SNMP
Sistemas de monitorizacion: Nagios, Zabbix, ...
Sistemas de gestión OSI: ITU X.700

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A53 A55 21 48 69
Prácticas a través de TIC B1 B3 16 32 48
Proba obxectiva A53 A55 B1 3 0 3
Traballos tutelados B3 C6 7 21 28
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algun tema puntual con maior profundidade.
Prácticas a través de TIC Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas (simuladores de rede, ferramentas de monitorización, etc..) propostas polo profesor que lle permitirán aprofundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da administración de redes. As prácticas estarán prantexadas de maneira que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais. Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, propoñeranse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de maneira opcional.
Proba obxectiva Realizarase unha proba escrita na que o alumno deberá respostar un cuestionario que poderá constar de:
- Preguntas tipo test con catro opcións posibles e unha soa resposta válida.
- Preguntas curtas
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles aos alumnos interesados en facelos aprofundar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 B3 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas coa Administración de Redes. 40
Traballos tutelados B3 C6 Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a concertar entre o alumno e o profesor. 20
Proba obxectiva A53 A55 B1 Ao final da exposición da materia, realizarase unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados, tanto nas sesións teóricas como nas prácticas. 40
 
Observacións avaliación

Para supera-la materia, será preciso obter un mínimo dun 40% da nota total na proba obxectiva e nas prácticas. No caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é 4.5

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto cos profesores da asignatura para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.


Fontes de información
Bibliografía básica William Stallings (2010). Cryptography and Network Security: Principles and Practice. Prentice Hall Engineering
William Stallings (2003). Fundamentos de Seguridad en Redes. Aplicaciones y Estándares. Prentice Hall
Michael Meyers (2009). Managing and Troubleshooting Networks. McGraw Hill
William Stallings (1999). SNMP, SNMPv2, SNMPv3 and RMON1 and 2. Prentice Hall Engineering

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Internet e sistemas distribuidos/614G01023
Xestión de Infraestruturas/614G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Administración de Sistemas Operativos/614G01212

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías