Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os límites epistemolóxicos do estudo das migracións internacionais e a natureza esencialmente política que sostén a definición e identificación do fenómeno migratorio. |
A2 |
Relativizar e valorar as intensidades observadas dos movementos migratorios, desde unha perspectiva comparativa e contextualizada histórica e culturalmente |
A3 |
Relativizar e valorar o impacto das migracións internacionais nas sociedades de orixe e destino en función do cambio social que xeran, dos intereses en xogo, e da construcción social das identidades culturais |
A4 |
Profundidade na análise dos movementos migratorios asociados á historia e á situación actual de Galicia, como orixe e como destino |
A5 |
Comprender os argumentos filosóficos e xurídicos tras as distintas perspectivas sobre as migracións internacionais e as problemáticas sociais que xeran. |
A6 |
Dominar as principais fontes de documentación estatística e bibliográfica que lle permita manterse informado e iniciar e programar estudos exploratorios sobre temáticas relacionadas coas migracións internacionais |
A7 |
Coñecer as virtudes e as limitacións das principais fontes e indicadores estatísticos para a descrición dos movementos migratorios en distintos contextos territoriais e na súa evolución temporal |
A8 |
Comprender o potencial das distintas técnicas de investigación social para o estudo das migracións internacionais así como os condicionamentos deontolóxicos profesionais. |
A9 |
Manexar os conceptos fundamentais no estudo das migracións internacionais |
A10 |
Coñecer suficientemente os autores e traballos de maior relevancia académica e profesional |
A11 |
Ter suficiente capacidade de abstracción para presentar o fenómeno migratorio dende unha perspectiva macro-sociolóxica e na súa relación máis ampla coa estrutura social e o mercado de traballo |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva |
B8 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo |
B9 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa |
B10 |
Traballar de forma colaboradora |
B12 |
Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito social |
B13 |
Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións |
B14 |
Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica |
C1 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1. Coñecer os modelos migratorios e identificar as características que sitúan a España como país de inmigración dentro do modelo do Sur de Europa.
Identificar as principais dimensións que explican o fenómeno migratorio en España.
Coñecer o proceso de evolución da inmigración en España e a súa composición.
|
AM1 AM2 AM3 AM6 AM7 AM9 AM10 AM11
|
BM3 BM13
|
|
2. Saber vincular as características da economía e o mercado de traballo en España co fenómeno migratorio. Coñecer a evolución e composición do mercado laboral da poboación inmigrante. Identificar as dificultades da poboación inmigrante para a súa integración no ámbito laboral. Analizar as migracións e a inserción no mercado laboral desde a perspectiva de xénero. Coñecer a estrutura social e o mercado de traballo no contexto migratorio galego |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM5 AM6 AM7 AM9 AM10 AM11
|
BM2 BM3 BM12 BM13
|
CM1 CM5
|
3. Interpretar de maneira crítica os coñecementos teóricos prácticos, relacionalos e ser capaz comunicalos de forma oral e por escrito |
AM2 AM3 AM5 AM6 AM7 AM8 AM9 AM10 AM11
|
BM1 BM2 BM3 BM5 BM7 BM8 BM9 BM10 BM12 BM13 BM14
|
CM1 CM5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. España no modelo migratorio do Sur de Europa |
- De país de emisión a país de recepción
- Crecemento da inmigración até finais da década dos 90
- O boom inmigratorio de comezo do milenio
|
2. Migracións e Mercado de Traballo en España |
- Teorías do mercado de traballo e as migracións
- Acceso ao mercado de traballo por parte da poboación estranxeira
- Evolución, composición e tendencias da poboación estranxeira no mercado de traballo español
|
3.Os efectos das crises no mercado laboral da poboación estranxeira |
- Destrución de emprego da poboación inmigrante
- Dificultades para a permanencia regular en España
- O impacto da crise nos fluxos migratorios
|
4. Migracións e Mercado Laboral desde a perspectiva de xénero |
- Teorías migratorias desde a perspectiva de xénero
- A composición por xénero da inmigración en España
- A inserción por xénero dos inmigrantes no mercado de traballo español: evolución, composición e tendencias
- Nichos de emprego por xénero dos inmigrantes en España
|
5. Aproximación ao caso galego |
- Panorámica das migracións en Galicia
- Evolución, composición e tendencias da poboación estranxeira no mercado de traballo galego
- Nichos de emprego da poboación inmigrante en Galicia
- O impacto da crise no contexto migratorio galego
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B8 B10 B12 B13 B14 C1 |
9 |
0 |
9 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B12 B14 C1 C5 |
0 |
40 |
40 |
Sesión maxistral |
A1 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B5 B12 B13 C5 |
16 |
0 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Levaranse a cabo discusións en clase, en base ao material facilitado polas profesoras: lecturas, datos estatísticos, documentais ou películas.
Os alumnos de modalidade online, tamén participarán desta metodoloxía, mediante o uso das novas tecnoloxías.
Os documentos e material para a discusión dirixida serán compartidos a través da plataforma Moodle.
|
Traballos tutelados |
A materia avaliarase a través da realización dun traballo escrito individual, no que se relacionarán os diferentes contidos da materia (teóricos e prácticos)
As instrucións para a realización do traballo entregaranse ao comezo da materia e compartiranse a través da plataforma Moodle.
Tanto na modalidade presencial como online, guiarase ao alumnado na realización do traballo tutelado, mediante a atención personalizada
|
Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia ás sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 70% para os/as alumnos de modalidade presencial. Durante as sesións maxistrais traballaranse activamente os contidos do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos.
A asistencia non será computada no caso do alumnado en modalidade non presencial, nese caso debe contactar coas profesoras co fin de establecer un sistema de comunicación e participación virtual por medio de Moodle ou doutras vías de comunicación.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para o desenvolvemento do traballo tutelado, recoméndase a consulta cos profesores, co fin de acordar os criterios de calidade que procede empregar, e os obxectivos que debe alcanzar o alumnado para superar a avaliación.
Estas consultas faranse por medio de titorías, persoais ou gripais no horario de titorías. Ou mediante o uso das novas tecnoloxías de comunicación (skype) para os alumnos en modalidade online.
Para facilitar o seguimento dos traballos, admítense e promoven as consultas por correo electrónico.
Co fin dunha mellor atención ao alumnado, recoméndase tanto para as titorías presenciais como online, a súa concertación previa.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B12 B14 C1 C5 |
Se cumpre co mínimo establecido de asistencia rexistrada, o alumno poderá ser avaliado a través dun traballo. Para o devandito traballo estableceranse uns exercicios concretos sobre a temática específica da materia. |
100 |
|
Observacións avaliación |
En caso de non poder acceder
ou de non superar a avaliación a través do traballo tutelado, tense
dereito a exame da convocatoria oficial, de carácter presencial.
O alumnado a distancia realizará un exame virtual en caso de non superar a pimera opción de avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Muñoz, J. (2012). "Evolución del empleo y del paro de las mujeres inmigrantes en el mercado de trabajo español. El impacto de la actual crisis económica". Cuadernos de Relaciones Laborales, 30(1): 115-137.
Garrido, L. y M. Miyar (2008). Dinámica laboral de la inmigración en España durante el principio del siglo XXI”. Panorama Social, 8: 52-70.
Oso, L. y Golías, M. (2006). Evolución e perfil sociodemográfico da poboación inmigrante en Galicia: algunos indicadores de vulnerabilidad. Oso Casas, L. y Montero Souto, P. (2006) Formación, profesionalización y acción en Mediación Intercu
Golías, M. (2015). Inmigración e crise en Galicia. Recalde, M. (Coord.) Ser inmigrante en tempos de crise: unha aproximación multidisciplinar. Ed. Depu
Carrasco, C. y García Serrano, C. (2012). Inmigración y Mercado de Trabajo. Informe 2011. . Documentos del Observatorio Permanente de la Inmigración, nº28. Ministerio de Empleo y Seguridad Soc
Oso, L. y Parella, S. (2012). Inmigración, Género y Mercado de trabajo: una panorámica de la investigación sobre la inserción laboral de las mujeres en España,. Cuadernos de Relaciones Laborales, 30, 1, p.249-259.
Cebolla, H. Y A. González (2013). Inmigración. ¿Integración sin modelo?. Madrid: Alianza Editorial: 99-114.
Garrido, L. y M. Miyar (2010). La dinámica de los flujos migratorios de entrada en España”. Presupuesto y Gasto Público, 61(4):11-23
Arango, J. (2003). La explicación teórica de las migraciones: luz y sombra. Migración y desarrollo, 1(1), 1-30.
Carrasco, C. y Riesco, A. (2011). La trayectoria de inserción laboral de los jóvenes inmigrantes. Papers: revista de sociologia, 96:189-203
Oso, L. y Ribas, N. (2012). Revista: Papers, Monográfico “Nuevos retos en los estudios de género y migración en España”. Vol. 97, nº3: 511-520.
Izquierdo, A.; López de Lera, D. y Martínez-Buján, R. (2003). The favorites of the Twenty-First Century: Latin American Immigration in Spain. Studi Emigrazione 149: 98-124.
Garson, J.P. y Dumont, J. (2009). “Crisis económica y migraciones: bases para la reflexión” . en E. Aja, J. Arango y J. Oliver (ed.), La inmigración en tiempos de crisis, Barcelona: CIDOB: 44-51
Domingo, A., F. Gil y F. Galizia (2010). “De la expansión económica a la crisis: cambios en los factores demográficos de la inserción laboral de la población extranjera en España e Italia”. Revista del Ministerio de Trabajo e Inmigración, 85: 81-85.
Muñoz, J. (2014). ¿Qué trabajos ocupan quienes abandonan el desempleo? Diferencias entre españoles y extranjeros en un contexto de cambio económico. Revista Internacional de Sociología, Vol. 72, Nº. 2: 353-376 |
Filmografía: - Bread and Roses (Película)(2000) Loach, K. (Director) Coproducción GB-Alemania-España; Parallax Pictures/ Road Movies Filmproduktion / Tornasol Films / Alta Films - Poniente (Película) (2002) Gutierrez, Ch. e Bollaín I. (Directoras) España: Olmo Films /Amboto Audiovisual
- Agua con sal (Película) (2005) Pérez Rosado, P. (Director) CoproducciónEspaña- Puerto Rico - Princesas (Película)(2005) León de Aranoa, F. (Director) España: Reposado producciones |
Bibliografía complementaria
|
Golías, M. (2009). Evolución y perfil sociodemográfico de la población inmigrante en Galicia. Despoblación, envejecimiento y territorio: un análisis sobre la población española, Universidad de L
Oso, L. (2009). Familia, empresa y movilidad ocupacional: mujeres latinoamericanas en España. Melanges de la Casa de Velázquez,39, 1
Papademetriou, D.G. y A. Terrazas (2009). Immigrants and the current economic crisis: research evidence, policy challenges and implications. Migration Policy Institute.
Pajares, M. (2009). Inmigración y mercado de trabajo. Informe 2009. Documentos del Observatorio Permanente de la Inmigración.
Izquierdo, A. (1996). La inmigración inesperada: la población extranjera en España (1991-1995). Madrid: Trotta
Golías, M. y Martínez-Buján, R. (2005). La latinoamericanización de la inmigración en España.. Cuadernos geográficos de la Universidad de Granada, (36): 51-64
Oso, L. (2008). “Mujeres latinoamericanas en España y Trabajo sexual”. en Gioconda Herrera y Jacques Ramírez (Comp.), Migraciones latinoamericanas y ciudadanía, Ecuador: |
Os recursos para completar esta materia inclúen a metodoloxía e a información estatística das diferentes fontes oficiais: - Enquisa de Poboación Activa (EPA), Instituto Nacional de Estatística - Explotación estatística do padrón, Instituto Nacional de Estatística (INE) - Enquisa de Variacións Residenciais (EVR), Instituto Nacional de Estatística (INE) - Anuario de Estatísticas do Ministerio de Emprego e Seguridade Social - Boletín de Estatísticas Laborais, Ministerio de Emprego e Seguridade Social |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|