Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Planificación e xestión de plans de turismo. O papel das organizacións públicas e privadas Código 615488006
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público Especial
Economía Aplicada 1
Coordinación
Pena Lopez, Jose Atilano
Correo electrónico
atilano.pena@udc.es
Profesorado
Pena Lopez, Jose Atilano
Santos Pita, Manuela del Pilar
Correo electrónico
atilano.pena@udc.es
m.p.santos@udc.es
Web
Descrición xeral Dada a amplitude do obxecto de estudo e a especificidade dos aspectos legais, esta materia subdivídese en dúas submaterias: A Política Económica do Sector turístico e a elaboración de plans turísticos e os aspectos legais ligados á planificación dos destinos turísticos. En tanto que na primeira se centra no estudo das actuacións públicas sobre o sector nun sentido xeral, a segunda farao sobre os aspectos legais relacionados coa actividade turística. A Política Económica do Sector Turísitico formula unha aproximación ao alumno ás políticas sectoriais aplicadas sobre o sector turístico dende ao perspectiva da Economía Aplicada, de forma que este comprenda os diversos planos de actuación e dispoña dunha visión global da interacción pública e privada sobre o sector. En primeiro lugar realízase unha revisión do papel potencial das Administracións Públicas na promoción deste tipo de actividades e a súa evolución temporal. Posteriormente proponse un estudo crítico das políticas desenvolvidas "de facto" polos diversos niveis de goberno existentes e as súas alternativas. Finalmente introduciranse diversas ferramentas de análise económica territorial en orde a planificar actuacións tanto públicas coma privadas e a metodoloxía propia para a elaboración de plans No bloque ligado á dimensión legal realizarase unha revisión das regulacións que afectan á actividade turística de forma que o alumno teña unha visión xeral sobre o marco legal e os seus efectos sobre a actividade turística.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sostible
A2 Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A5 Que os alumnos teñan coñecementos sobre a normativa que regula as actividades turísticas
A6 Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico
A7 Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan ás innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
A8 Planificar novos destinos e produtos turísticos
A9 Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sostible das comunidades receptoras
A10 Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización
A11 Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
A12 Utilizar as metodoloxías científicas axeitadas tanto cualitativas coma cuantitativas
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Resolver problemas de forma efectiva.
B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dotar os alumnos dos conceptos e información precisos para que poidan entender, contextualizar e propoñer políticas de desenvolvemento da actividade turística AM1
AM2
AM5
AM6
AM8
BM2
BM3
BM10
CM8
Comprender o papel desempeñado polos diversos "policymakers" na promoción da actividade turística. AM7
AM8
AM9
AM11
BM3
BM10
BM11
CM4
Manexar as fontes estatísticas e bibliográficas vinculadas á actividade turística. AM6
AM7
AM10
AM12
BM3
BM13
CM6
Manexar os instrumentos e metodoloxía propias da análise económica como vía para interpretar a realidade turística e actuar sobre esta AM7
AM8
AM11
AM12
BM5
BM6
BM7
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I Política Económica do Sector Turístico Tema I.-Turismo e políticas públicas 1. Introducción as políticas públicas
2. A política económica e o turismo
Tema II: Axentes, instrumentos e actuacións sobre o sector Turístico. 3. O turismo no contexto político internacional
4. Evolución da política turística en España
5. A política turística das Comunidades Autónomas.
6. O turismo e a política de transportes, infraestructuras e medio ambente.
7. Política turística, desenvolvemento económico e benestar
Tema III: Economía, territorio e actividades turísticas 8. A política turística no ámbito local.
• Planificación económica e turismo
Bloque II. Aspectos xurídicos do Turismo Tema I: O Dereito Administrativo Turístico. 1.- Evolución da normativa sobre ordenación do Turismo
2.- Diferentes normas de contido turístico en Galicia. Especial referencia as demandas legais de accesibilidade turística
Tema II: Problemas prácticos de carácter xurídico no sector turístico 3.- La creación de una empresa turística. Obligaciones legales
4.- El procedimiento Administrativo aplicado a las relaciones turísticas
5.- Un caso particular: A protección de datos nas relación turísticas
6.- Aplicación da nova norma de contratación pública ao sector turístico
7.- Especial alusión as esixencias de RSE na nova normativa de contratos no sector público
Tema III: Solución extraxudicial de conflitos. A mediación e a arbitraxe. A protección aos consumidores 8.- Os principios da mediación aplicados ao ámbito turístico
9.- Efectos da mediación
10.- Dereitos dos consumidores de produtos e servizos turísticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 A2 B2 B5 2 4 6
Análise de fontes documentais A5 A8 A10 A1 A2 B6 B7 B10 B11 B3 C8 4 8 12
Obradoiro A7 A1 B7 B11 B13 B2 C4 C6 C8 3 6 9
Estudo de casos A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 4 8 12
Presentación oral A7 A8 A9 A10 A12 A2 B6 B7 B3 1 8 9
Sesión maxistral A5 A7 A8 A9 A11 A1 A2 B6 B2 B3 B5 C4 C6 C8 32 64 96
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo de cada tema identificaranse os principais obxectivos que se pretenden alcanzar, a secuencia lóxica que se seguirá na exposición de contidos, os coñecementos previos recomendables para facilitar o proceso de aprendizaxe e a bibliografía específica.
Análise de fontes documentais A partir do temario da materia, facilitarase material audiovisual ou bibliográfico que sirva de referencia para desenvolver algunhas cuestións básicas que o alumno deberá resolver para entregar o profesor
Obradoiro Nas clases prácticas, baixo a supervisión do profesor e empregando as metodoloxías antes mencionadas (lecturas, análise de fontes documentais, discusións...) o alumno deberá realizar unha serie de exercicios prácticos.
Estudo de casos Un dos obxectivos da materia é a elaboración dunha análise crítica dunha proposta de política económica, concretamente dos plans de longo prazo formulados para España (2020) utilizando para iso a metodoloxía e conceptos explicados na materia.
Con respecto ao estudo dos temas de carácter xurídico acompañarase da análise de casos prácticos relativos á interpretación de normas que nalgúns casos haberá de ser a través de comentarios de xurisprudencia así como redacción de documentos propios do procedemento administrativo aplicado ao ámbito turístico.
Presentación oral Ao longo do curso realizásense presentacións orais que teñen por obxecto valorar os coñecementos adquiridos polo alumno, favorecer a maduración do coñecemento e resolver as potenciais dúbidas que xorden tanto a nivel teórico como práctico.
Sesión maxistral Cada semana en horario presencial explicaranse os coñecementos básicos da materia, empregando para iso como apoio tanto medios audiovisuais coma fontes documentais. Nestas sesións será necesaria a participación activa do alumnado para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Obradoiro
Presentación oral
Sesión maxistral
Descrición
Tanto a parte teórica da materia como a práctica e, moi especialmente, o estudo de casos dentro desta última, será complementada con atención personalizada das consultas do alumnado, proporcionando orientación e apoio no proceso de aprendizaxe, así como motivando a ampliación dos coñecementos seguindo os intereses. Esta actividade desenvolverase de forma presencial (nos horarios de titoría do profesor) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 Nas clases prácticas, baixo a supervisión do profesor e empregando as metodoloxías antes mencionadas (lecturas, análise de fontes documentais, discusións...) o alumno deberá realizar unha serie de exercicios prácticos que serán valorados 25
Obradoiro A7 A1 B7 B11 B13 B2 C4 C6 C8 Un dos obxectivos da materia é a elaboración dunha análise crítica dunha proposta de política económica, concretamente dos plans de longo prazo formulados para España (2020) utilizando para iso a metodoloxía e conceptos explicados na materia. 60
Presentación oral A7 A8 A9 A10 A12 A2 B6 B7 B3 Ao longo do curso propoñeranse diversos temas de traballo que os alumnos deberán desenvolver e presentar oralmente. Nestes valorarase o uso dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas, a capacidade de análise e a maduración de coñecementos. 15
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica ARAGÓN CÁNOVAS F.J. et al. (2004). Derecho de las empresas turísticas. . Universidad de Salamanca. Salamanca
GONZÁLEZ CABRERA, I., CÁRDENAS NEGRO, M.P. (2009). Derecho de las empresas turísticas.. Universidad de Las Palmas, Las Plamas
BULL, A. (1994). Economía del Sector Turístico. Alianza, Madrid
VELASCO GONZALEZ, M (2005). La política turística. Gobierno y administración turística en España (1952-2004. Ed.Tirant lo Blanch, Valencia
BLANQUER CRIADO,DAVID (2002). Ordenación y gestión del territorio turístico. Ed.Tirant lo Blanch, Valencia
RIVAS GRACÍA, J. (2008). Planificación turística autonómica:dimensiones y perspectivas.. Universidad de Oviedo, Oviedo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías