Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cuantitativas Código 615488008
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Correo electrónico
maria.ramil@udc.es
Profesorado
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Uriz Tome, Pilar
Correo electrónico
maria.ramil@udc.es
pilar.uriz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende proporcionar ao alumno un conxunto de ferramentas e técnicas útiles para extraer a información contida nos datos que se empregan para a análise empírica do sector turístico. É unha asignatura optativa de 6 créditos do Itinerario A. Investigación, e está fortemente relacionada coas de teoría e política económica e coas de estatística.

Para o seguimiento de cada unha das dúas partes nas que se divide, antes do comezo do período de clases estará dispoñible na páxina web da asignatura na plataforma Moodle o seguinte material:

PARTE I:

· Unha guía complementaria detallando as actividades a realizar, os criterios de avaliación, as normas e os prazos de entrega.
· Arquivos en pdf co material completo de cada un dos temas.
· Arquivos en pwp con esquemas/resumos de cada un dos temas.
· Documentos (pdf, pwp e Excel) coa estrutura dos dous boletines e o traballo a realizar así como os correspondentes arquivos de datos para realizalos.
· Modelos para a realización de cada un dos boletines.
· Arquivos pwp/vídeo con tutoriales para a realización de cada un dos boletines, aplicando as ferramentas informáticas necesarias: Excel e SPSS.

PARTE II:

· Unha guía complementaria detallando as actividades a realizar, os criterios de avaliación, as normas e os prazos de entrega, e un documento explicativo da estrutura do exercicio para a avaliación.
· Arquivos en distintos formatos (pdf, pwp/vídeo) para aprender a utilizar as fontes de datos para a análise cuantitativa da actividade turística e outros referidos ao contido de cada tema, xunto coa explicación detallada para a súa aplicación práctica con Excel.
· Arquivos en pdf con exercicios de autoevaluación e solucións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A4 Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico
A7 Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan ás innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
A8 Planificar novos destinos e produtos turísticos
A11 Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
A12 Utilizar as metodoloxías científicas axeitadas tanto cualitativas coma cuantitativas
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Resolver problemas de forma efectiva.
B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B8 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B11 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico.
B12 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe estatístico-econométrica. AM11
BM4
BM5
BM11
BM12
BM13
BM14
CM1
CM4
CM8
Obter, das fontes apropiadas, información cuantitativa para a análise da actividade turística. AM2
AM7
AM12
BM5
BM8
BM11
BM12
BM14
CM1
CM3
CM8
Interpretar a información cuantitativa mediante técnicas univariantes e multivariantes. AM2
AM4
AM7
AM8
AM11
AM12
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM11
BM13
BM14
CM1
CM3
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas. AM2
AM4
AM7
AM8
AM11
AM12
BM4
BM5
BM8
BM11
BM12
BM13
BM14
CM1
CM4
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Parte I 1. Obtención da información para a análise da actividade turística: deseño e análise de enquisas.
2. Análise univariante da información turística I: medidas de síntese da información. Aplicacións.
3. Análise multivariante da información turística I. Aplicacións.

Parte II 1. Fontes de datos para a análise cuantitativa da actividade turística.
2. Análise univariante da información turística II. Extracción da tendencia e as variacións estacionais das series de turismo. Números índices e deflación de series.
3. Análise multivariante da información turística II. Relacións estatísticas e relacións causais entre as principais variables do sector turístico. Estimación e verificación de modelos clásicos de demanda e oferta turísticas. Variables ficticias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A11 B11 B12 B5 6 6 12
Sesión maxistral A4 A8 A11 A12 A2 B12 B14 B5 C8 17 34 51
Prácticas a través de TIC A7 A11 A12 A2 B6 B7 B8 B13 B14 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 25 50 75
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia, a revisión das principais fontes de datos económicos e o repaso dalgúns coñecementos estatísticos básicos.
Sesión maxistral Aínda que debe contar coa participación do alumnado, baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte das profesoras. Dita exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais, e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Prácticas a través de TIC Son necesarias para aprender o manexo do software adecuado para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións maxistrais e para valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno debe realizar baixo tutela.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Sesión maxistral
Descrición
Posto que o grupo é reducido, poden dedicarse os minutos finais á consulta dos problemas que poidan suscitárselle a cada alumno.

Debido á heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas, os problemas que xorden durante o seu desenvolvemento son múltiples e variados e hai que resolvelos de forma individualizada. A medida que vai realizando o seu traballo, cada alumno debe consultar coas profesoras para obter as orientacións necesarias para o seu correcto desenvolvemento.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A11 A12 A2 B6 B7 B8 B13 B14 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas propostos polas profesoras, que logo deberán completar e entregar. 100
 
Observacións avaliación
CRITERIOS XERAIS:

A cualificación de non presentado corresponde unicamente aos alumnos que so participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.

A materia divídese en dúas partes correspondentes a cada un dos bloques de contidos, que se avalían por separado, cada unha delas con 5 puntos. Para superar cada parte é necesario obter un mínimo de 2,5 puntos. A asignatura considerarase aprobada si se obtén unha puntuación global de 5 puntos ou máis.

AVALIACIÓN DA PARTE I:

Os 5 puntos correspondentes pódense obter mediante a realización dun traballo e a resolución dun boletín de exercicios, que poderán realizarse nas clases prácticas. Antes do comezo do período de clases estará dispoñible, a través da plataforma Moodle, unha Guía complementaria da Parte I na que se especificarán os prazos de entrega.

Para os Temas 1 e 2 proporase a realización dun traballo individual ou en grupos de dúas persoas, consistente no deseño, análise e síntese da información dunha pequena enquisa. A súa puntuación máxima será de 2,5 puntos. Para o Tema 3 proporase un boletín de exercicios individuais. A súa puntuación máxima será de 2,5 puntos.

As actividades a realizar, as normas para realizalas, así como os criterios para a avaliación e as datas de entrega figurarán en Moodle, nun espazo de traballo creado especificamente para cada unha delas.

AVALIACIÓN DA PARTE II:

Os 5 puntos correspondentes pódense obter mediante a resolución das cuestións e problemas que xorden nun exercicio de aplicación práctica dalgunha das metodoloxías tratadas. Ao comezo do período de clases estará dispoñible na páxina web da asignatura na plataforma Moodle un documento coa súa descrición detallada.

A cualificación dependerá da dificultade do tema, da calidade do texto e dos ficheiros de datos, da corrección ao aplicar as técnicas, da análise dos resultados e das conclusións obtidas.


Fontes de información
Bibliografía básica PÉREZ, C. (2002). Estadística aplicada a través de Excel. Madrid: Prentice Hall.
URIZ, P. (2015). Material para el seguimiento de la Parte I. Plataforma Moodle
RAMIL, M. (2015). Material para el seguimiento de la Parte II. Plataforma Moodle.
PÉREZ, C. (2009). Técnicas estadísticas multivariantes con SPSS. Madrid: Garceta.

BIBLIOGRAFÍA PARA A PARTE I:

Para esta parte, a única referencia obrigatoria e URIZ, P. (2015) que estará ao dispor dos alumnos na Plataforma Moodle ao comezo do período de clases. Contén un documento con todo o material da materia, tanto a parte teórica como exercicios e as súas solucións para cada un dos temas.

PÉREZ, C. (2002): capítulos 1 - 3, 6, 12 e 13 e PÉREZ, C. (2009): capítulos 1 e 8 son manuais básicos para a resolución de problemas con soporte informático (Excel e SPSS).

BIBLIOGRAFÍA PARA A PARTE II:

A única referencia obrigatoria é RAMIL, M. (2015), que estará ao dispor dos alumnos na Plataforma Moodle ao comezo do período de clases. Contén un documento no que se fai unha presentación xeral da materia, varios arquivos que recollen o contido de todos os temas e subtemas, exercicios de autovaliación e solucións e outro documento no que se explica, de forma detallada, a estrutura do exercicio para a avaliación e os criterios para a súa cualificación.

As outras dúas, RAMIL, M.; REY, C.; LODEIRO, M. e ARRANZ, M. (2012) e REY, C. e RAMIL, M. (2006), que figuran na bibliografía complementaria, son manuais sinxelos para ampliar coñecementos ou para consultar dúbidas, pero non son de lectura obligatoria.

Bibliografía complementaria PÉREZ, R. Y LÓPEZ, A. J. (1997). Análisis de datos económicos II. Métodos inferenciales. Madrid
RAMIL, M.; REY, C.; LODEIRO, M.; ARRANZ, M. (2012). Introducción a la econometría. Teoría y práctica. A Coruña
REY, C. Y RAMIL, M. (2006). Introducción a la estadística descriptiva. A Coruña
VILAR, J. (2003). Modelos estadísticos aplicados. A Coruña

Utilizaranse, ademais, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán durante o curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías