Identifying Data 2015/16
Subject (*) Métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cuantitativas Code 615488008
Study programme
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optativa 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Economía Aplicada 2
Coordinador
Ramil Diaz, Maria Concepcion
E-mail
maria.ramil@udc.es
Lecturers
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Uriz Tome, Pilar
E-mail
maria.ramil@udc.es
pilar.uriz@udc.es
Web
General description A materia pretende proporcionar ao alumno un conxunto de ferramentas e técnicas útiles para extraer a información contida nos datos que se empregan para a análise empírica do sector turístico. É unha asignatura optativa de 6 créditos do Itinerario A. Investigación, e está fortemente relacionada coas de teoría e política económica e coas de estatística.

Para o seguimiento de cada unha das dúas partes nas que se divide, antes do comezo do período de clases estará dispoñible na páxina web da asignatura na plataforma Moodle o seguinte material:

PARTE I:

· Unha guía complementaria detallando as actividades a realizar, os criterios de avaliación, as normas e os prazos de entrega.
· Arquivos en pdf co material completo de cada un dos temas.
· Arquivos en pwp con esquemas/resumos de cada un dos temas.
· Documentos (pdf, pwp e Excel) coa estrutura dos dous boletines e o traballo a realizar así como os correspondentes arquivos de datos para realizalos.
· Modelos para a realización de cada un dos boletines.
· Arquivos pwp/vídeo con tutoriales para a realización de cada un dos boletines, aplicando as ferramentas informáticas necesarias: Excel e SPSS.

PARTE II:

· Unha guía complementaria detallando as actividades a realizar, os criterios de avaliación, as normas e os prazos de entrega, e un documento explicativo da estrutura do exercicio para a avaliación.
· Arquivos en distintos formatos (pdf, pwp/vídeo) para aprender a utilizar as fontes de datos para a análise cuantitativa da actividade turística e outros referidos ao contido de cada tema, xunto coa explicación detallada para a súa aplicación práctica con Excel.
· Arquivos en pdf con exercicios de autoevaluación e solucións.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras
A4 Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico
A7 Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan ás innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor
A8 Planificar novos destinos e produtos turísticos
A11 Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector
A12 Utilizar as metodoloxías científicas axeitadas tanto cualitativas coma cuantitativas
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Resolver problemas de forma efectiva.
B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B8 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B11 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico.
B12 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe estatístico-econométrica. AC11
BC4
BC5
BC11
BC12
BC13
BC14
CC1
CC4
CC8
Obter, das fontes apropiadas, información cuantitativa para a análise da actividade turística. AC2
AC7
AC12
BC5
BC8
BC11
BC12
BC14
CC1
CC3
CC8
Interpretar a información cuantitativa mediante técnicas univariantes e multivariantes. AC2
AC4
AC7
AC8
AC11
AC12
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC11
BC13
BC14
CC1
CC3
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas. AC2
AC4
AC7
AC8
AC11
AC12
BC4
BC5
BC8
BC11
BC12
BC13
BC14
CC1
CC4
CC6
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Parte I 1. Obtención da información para a análise da actividade turística: deseño e análise de enquisas.
2. Análise univariante da información turística I: medidas de síntese da información. Aplicacións.
3. Análise multivariante da información turística I. Aplicacións.

Parte II 1. Fontes de datos para a análise cuantitativa da actividade turística.
2. Análise univariante da información turística II. Extracción da tendencia e as variacións estacionais das series de turismo. Números índices e deflación de series.
3. Análise multivariante da información turística II. Relacións estatísticas e relacións causais entre as principais variables do sector turístico. Estimación e verificación de modelos clásicos de demanda e oferta turísticas. Variables ficticias.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A11 B11 B12 B5 6 6 12
Guest lecture / keynote speech A4 A8 A11 A12 A2 B12 B14 B5 C8 17 34 51
ICT practicals A7 A11 A12 A2 B6 B7 B8 B13 B14 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 25 50 75
 
Personalized attention 12 0 12
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Consisten na presentación da materia, a revisión das principais fontes de datos económicos e o repaso dalgúns coñecementos estatísticos básicos.
Guest lecture / keynote speech Aínda que debe contar coa participación do alumnado, baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte das profesoras. Dita exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais, e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
ICT practicals Son necesarias para aprender o manexo do software adecuado para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións maxistrais e para valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno debe realizar baixo tutela.

Personalized attention
Methodologies
ICT practicals
Guest lecture / keynote speech
Description
Posto que o grupo é reducido, poden dedicarse os minutos finais á consulta dos problemas que poidan suscitárselle a cada alumno.

Debido á heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas, os problemas que xorden durante o seu desenvolvemento son múltiples e variados e hai que resolvelos de forma individualizada. A medida que vai realizando o seu traballo, cada alumno debe consultar coas profesoras para obter as orientacións necesarias para o seu correcto desenvolvemento.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals A7 A11 A12 A2 B6 B7 B8 B13 B14 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas propostos polas profesoras, que logo deberán completar e entregar. 100
 
Assessment comments
CRITERIOS XERAIS:

A cualificación de non presentado corresponde unicamente aos alumnos que so participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.

A materia divídese en dúas partes correspondentes a cada un dos bloques de contidos, que se avalían por separado, cada unha delas con 5 puntos. Para superar cada parte é necesario obter un mínimo de 2,5 puntos. A asignatura considerarase aprobada si se obtén unha puntuación global de 5 puntos ou máis.

AVALIACIÓN DA PARTE I:

Os 5 puntos correspondentes pódense obter mediante a realización dun traballo e a resolución dun boletín de exercicios, que poderán realizarse nas clases prácticas. Antes do comezo do período de clases estará dispoñible, a través da plataforma Moodle, unha Guía complementaria da Parte I na que se especificarán os prazos de entrega.

Para os Temas 1 e 2 proporase a realización dun traballo individual ou en grupos de dúas persoas, consistente no deseño, análise e síntese da información dunha pequena enquisa. A súa puntuación máxima será de 2,5 puntos. Para o Tema 3 proporase un boletín de exercicios individuais. A súa puntuación máxima será de 2,5 puntos.

As actividades a realizar, as normas para realizalas, así como os criterios para a avaliación e as datas de entrega figurarán en Moodle, nun espazo de traballo creado especificamente para cada unha delas.

AVALIACIÓN DA PARTE II:

Os 5 puntos correspondentes pódense obter mediante a resolución das cuestións e problemas que xorden nun exercicio de aplicación práctica dalgunha das metodoloxías tratadas. Ao comezo do período de clases estará dispoñible na páxina web da asignatura na plataforma Moodle un documento coa súa descrición detallada.

A cualificación dependerá da dificultade do tema, da calidade do texto e dos ficheiros de datos, da corrección ao aplicar as técnicas, da análise dos resultados e das conclusións obtidas.


Sources of information
Basic PÉREZ, C. (2002). Estadística aplicada a través de Excel. Madrid: Prentice Hall.
URIZ, P. (2015). Material para el seguimiento de la Parte I. Plataforma Moodle
RAMIL, M. (2015). Material para el seguimiento de la Parte II. Plataforma Moodle.
PÉREZ, C. (2009). Técnicas estadísticas multivariantes con SPSS. Madrid: Garceta.

BIBLIOGRAFÍA PARA A PARTE I:

Para esta parte, a única referencia obrigatoria e URIZ, P. (2015) que estará ao dispor dos alumnos na Plataforma Moodle ao comezo do período de clases. Contén un documento con todo o material da materia, tanto a parte teórica como exercicios e as súas solucións para cada un dos temas.

PÉREZ, C. (2002): capítulos 1 - 3, 6, 12 e 13 e PÉREZ, C. (2009): capítulos 1 e 8 son manuais básicos para a resolución de problemas con soporte informático (Excel e SPSS).

BIBLIOGRAFÍA PARA A PARTE II:

A única referencia obrigatoria é RAMIL, M. (2015), que estará ao dispor dos alumnos na Plataforma Moodle ao comezo do período de clases. Contén un documento no que se fai unha presentación xeral da materia, varios arquivos que recollen o contido de todos os temas e subtemas, exercicios de autovaliación e solucións e outro documento no que se explica, de forma detallada, a estrutura do exercicio para a avaliación e os criterios para a súa cualificación.

As outras dúas, RAMIL, M.; REY, C.; LODEIRO, M. e ARRANZ, M. (2012) e REY, C. e RAMIL, M. (2006), que figuran na bibliografía complementaria, son manuais sinxelos para ampliar coñecementos ou para consultar dúbidas, pero non son de lectura obligatoria.

Complementary PÉREZ, R. Y LÓPEZ, A. J. (1997). Análisis de datos económicos II. Métodos inferenciales. Madrid
RAMIL, M.; REY, C.; LODEIRO, M.; ARRANZ, M. (2012). Introducción a la econometría. Teoría y práctica. A Coruña
REY, C. Y RAMIL, M. (2006). Introducción a la estadística descriptiva. A Coruña
VILAR, J. (2003). Modelos estadísticos aplicados. A Coruña

Utilizaranse, ademais, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán durante o curso.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.