Identifying Data 2015/16
Subject (*) Prácticas Code 615488014
Study programme
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatoria 9
Language
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinador
E-mail
Lecturers
Andrade Suarez, Maria Jose
E-mail
maria.andrade@udc.es
Web
General description

Study programme competencies
Code Study programme competences

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences

Contents
Topic Sub-topic
1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
O obxecto das presentes instrucións é regular o marco de funcionamento das prácticas en empresas, institucións e centros de investigación que formen parte do programa de estudos do Mestrado Oficial en Dirección e Planificación do Turismo da Universidade da Coruña.

2. CONCEPTO E NATUREZA
Consiste na realización de prácticas de carácter obrigatorio por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nun organismo ou nunha institución administrativa, económica ou profesional, unha universidade, nun centro de investigación (de carácter público ou privado), que fosen convocadas de acordo coas presentes instrucións.

3. OBXECTIVO E FIN DAS PRÁCTICAS
1. As prácticas teñen como obxectivo fundamental complementar a formación teórica do alumnado e facilitar a súa inserción no mundo laboral-investigador.
2. As prácticas permitirán a asimilación por parte do alumnado da realidade institucional, empresarial ou investigadora no ámbito das súas respectivas profesións futuras por medio da consecución, en particular, dos seguintes fins:
a) Formación integral do alumnado ao equilibrar a súa formación teórica e práctica.
b) Adquisición por parte do alumnado da metodoloxía de traballo adecuada á realidade en que haberá de actuar tras a súa incorporación ao mundo laboral.
c) Obtención de experiencia profesional que facilite a inserción do alumnado no ámbito laboral.
d) Desenvolvemento da capacidade de decisión e do espírito crítico do alumnado.
e) Preparación do alumnado para o desenvolvemento de actividades en grupo.

4. RÉXIME XERAL DAS PRÁCTICAS
Todas as prácticas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que se realicen nunha organización coa que a Universidade da Coruña teña asinado un convenio.
b) Que estean tuteladas por un profesor doutor por parte da universidade
c) A organización na que realicen as prácticas nomeará un titor, que será a persoa encargada da instrución do estudante e a persoa de contacto co mestrado.
d) O estudante que solicite as prácticas deberá ter superado o 80% dos ECTS que correspondan ao primeiro curso.
e) A universidade asinará un convenio de colaboración coa organización na que se realizarán as prácticas, onde se especifique con claridade que o estudantado é acollido unicamente como persoal en prácticas, sen que teña dereito a esixir ningún tipo de contraprestación económica nin adquirir ningún dereito laboral. A universidade contratará un seguro de accidentes para cada estudante que cubra o período de estadía na empresa/institución.
f) Despois de coñecer as organizacións coas que existe convenio de prácticas, cada estudante deberá elixir unha das organizacións coas que existe convenio ou ben propor outra do seu interese. Neste caso, previo a elección do centro, será obrigatorio asinar un convenio entre a Universidade e o centro proposto.
g) Despois de elixir o destino, e de ter a secretaría do Máster comunicación escrita da aceptación do alumno no centro e do titor, notificaráselle o alunmo, e cada estudante deberá elaborar e xestionar, na medida do posible, a súa propia proposta de prácticas en base aos seus intereses e ás posibilidades da organización. Para eso fará un plano de traballo acordado entre o alumno e o titor do centro de prácticas.
h) Despois de tramitar as prácticas nunha organización, se o estudante decide cambiar de centro, terá que solicitar por escrito o titor do practicum da Universidade dito cambio de xeito razoado, e non se poderá escomenzar a tramitar un novo destino deica que non teña notificación por escrito de que se lle acepta o cambio. Si o estudante xa escomenzara as prácticas haberá que contar cun informe do titor do centro onde se estén a realizar. No caso de que xa fixera mais de 30 horas de prácticas, o titor emitirá un informe de evaluación que será tido en conta para nota final do alumno.
i) O alumnado adaptarase ao réxime e horario establecido polo titor da organización e ao lugar de realización das prácticas, que poderá ser a sede da organización ou calquera outra localidade que requira o desenvolvemento das actividades programadas.
j) As prácticas realizaranse en réxime de media xornada ou xornada completa, pero en calquera caso, axustarase ao número de días de prácticas a realizar, co fin de que a súa duración sume un mínimo de 270 horas que se computarán por 10 ECTS.

5. AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS
A avaliación das prácticas farase a partir dun informe emitido polo titor da organización onde se realicen e da memoria de prácticas elaborada polo alumnado:
1. A avaliación do titor da organización consistirá en contestar un cuestionario remitido o titor da universidade no que se recollen aspectos relacionados co profesional, coa puntualidade, coa laboriosidade, coa adaptación ao medio, coas relacións humanas, coa motivación etc. (ver anexo II). Este apartado sumará o 80% da nota e deberá ser enviada por mail (master.turismo@udc.es) ou por correo postal á dirección que figura máis abaixo antes do 31 de agosto de 2013.
María José Andrade Suárez
Secretaría do Master Oficial en Dirección e Planificación do Turismo
Facultade de Socioloxía
Campus de Elviña s/n
CP 15071 A Coruña
(A Coruña)

2. Ao final do período de prácticas, cada estudante presentará na Secretaría do Mestrado de Turismo unha memoria de prácticas (entre 10 e 15 folios a ordenador, con tamaño de letra a 12 puntos e dobre espazo) no que se describa a práctica realizada e que atenda, entre outros, os seguintes puntos:
- Portada con apelidos e nome do alumno, o centro de prácticas e os datos do titor do centro de prácticas
- Índice detallado e paxinado
- Introdución coa xustificación das prácticas, o horario e o tempo de permanencia que sumarán as 270 horas
- Características do centro, indicando o contexto, o modelo organizativo, a planificación etc.
- Desenvolvemento das prácticas. Deberá realizar unha descrición detallada das actividades e tarefas realizadas durante a práctica.
- Reflexión sobre a formación recibida
- Bibliografía
- Anexos

3. Ao final do período de prácticas, cada estudante presentará na Secretaría do Mestrado de Turismo un informe de avaliación do centro onde realizou as prácticas seguindo o modelo que se adxunta (Anexo III).

6. PRESENTACIÓN DA AVALIACIÓN DO TITOR E DA MEMORIA DE PRÁCTICAS
Tanto a avaliación do titor como a memoria de prácticas terán que estar na Secretaría do Mestrado antes do 31 de setembro de 2013 (poderánse depositar no casilleiro do Master na Facultade de Socioloxía)

7. O/A ALUMNO/A ESTÁ SUXEITO AS SEGUINTES OBRIGAS:

• Iniciar a práctica na data e coas condicións acordadas.

• Realizar con dilixencia e aproveitamento a actividade en que consista a práctica, de acordo co programa e coas condicións específicas acordadas con anterioridade.

• Gardar con absoluto rigor o segredo profesional e non utilizar en ningún caso as informacións recollidas no centro de prácticas co obxecto de lle dar publicidade ou de llo comunicar a terceiros. Exceptúase aquela información que sexa de aproveitamento e apoio a realización da máster- tese, sempre que conte coa autorización expresa da organización.

• Non explotar aqueles traballos realizados na práctica sen a autorización expresa do centro de prácticas nin durante o período que dure a práctica nin unha vez finalizada sen autorización expresa do centro de prácticas.

• Presentar ante unha memoria que reflicta a actividade realizada ao longo do período de prácticas formativas

• Comunicarlle ao seu profesor/a titor/a as incidencias que afecten ao desenvolvemento da práctica formativa.

8. SALVAGARDA DA INFORMACIÓN
Tanto as memorias redactadas polo alumnado, como os datos da organización se empregarán pola Universidade da Coruña unicamente no marco da realización e avaliación das prácticas indicadas nestas instrucións.

9. MOI IMPORTANTE. O alumno deberá entregar na Secretaría do Mestrado ou remitir por mail ou correo postal o documento do Anexo I antes do 26 de abril de 2013.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Summary 0 25 25
ICT practicals 200 0 200
 
Personalized attention 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Summary
ICT practicals

Personalized attention
Methodologies
ICT practicals
Description


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Summary 20
ICT practicals 80
 
Assessment comments

Sources of information
Basic

 

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.