Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Comunicación oral e escrita Código 616G01001
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Profesorado
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta asignatura é mellorar a capacidade do alumno para expresarse de xeito oral e por escrito en cualquera contexto e coñecer as sinerxias e necesidades expresivas dos diferentes medios de comunicación: escritos, audiovisuais e multimedia.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comunicar mensaxes audiovisuais. Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. A1
A12
C1
C2
C3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: A descrición (análise de textos) 1.1. Fases do proceso descritivo: observación, selección e expresión
1.2. Tipos de descrición
1.3. Técnicas redaccionais
TEMA 2: A narración (análise de textos) 2.1. Elementos: narrador, personaxes, tempo, espacio
2.2. Partes da narración
2.3. Técnicas redaccionais
2.4. O diálogo e as citas
TEMA 3: A argumentación (análise de textos) 3.1. Estructura dos textos argumentativos
3.2. Tipos de argumentación
3.3. O uso das figuras retóricas
TEMA 4: A comunicación verbal e non verbal 4.1. Qué se di e cómo se di
4.2. A importancia da imaxe e do son
4.3. Posta en escena e materiais de apoio
4.4. Casuística de cada medio de comunicación
TEMA 5: Destrezas expositivas e argumentativas 5.1. Os xéneros orais
5.1.1. Presentación
5.1.2. Retrato
5.1.3. Conferencia
5.1.4. Rolda de prensa
5.1.5. Entrevista
5.1.6. Mesa redonda
5.1.7. Debate
5.2. Relaciós cos medios
5.2.1. Portavocía
5.2.2. Comunicación de crise
5.2.3. Comunicación Corporativa
5.3. Técnicas de comunicación persuasiva
TEMA 6: Necesidades e recursos dos diferentes medios de comunicación 6.1. Necesidades técnicas dos diferentes soportes
6.1.1. Escritos
6.1.2. Radio
6.1.3. Televisión e cine
6.1.4. Novos media
6.2. Diferentes linguaxes nos diferentes soportes
6.2.1. Linguaxe soportes papel
6.2.2. Linguaxe radiofónica
6.2.3. Linguaxe televisiva
6.2.4. Linguaxe dos novos media
6.2.4.1. Internet como instrumento de comunicación


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 0 10 10
Sesión maxistral 21 31.5 52.5
Discusión dirixida 2 0 2
Estudo de casos 4 0 4
Presentación oral 2 14 16
Traballos tutelados 10 30 40
Lecturas 0 10 10
Obradoiro 2 0 2
Prácticas a través de TIC 0 6.5 6.5
Proba de ensaio 3 0 3
Actividades iniciais 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Para un óptimo aproveitamento das clases, deberá ter leído e analizado previamente os textos que se indiquen para esa sesión.
Sesión maxistral O alumno debe asistir ás clases teóricas presenciais para entender os conceptos dos que se esixe o seu coñecemento.
Discusión dirixida Os alumnos participarán nunha discusión dirixida polo profesor responsable da asignatura, sobre diferentes técnicas de comunicación oral.
Estudo de casos Analizaranse na aula casos representativos de diferentes técnicas de comunicación oral en función do escenario, do propósito da mensaxe e dos diferentes soportes comunicativos.
Presentación oral Os alumnos terán que realizar unha proba de comunicación oral coa pesentación dun traballo. Técnica de coaching.
Traballos tutelados Os alumnos terán que desenvolver ao longo da asignatura diferentes traballos tutelados polo profesor responsable da materia. Deberán redactar diferentes textos, para comunicar unha idea, adaptándose ás necesidades expresivas do entorno ou dos medios de comunicación nos que se recollan.
Lecturas Os alumnos deberán estudiar as fotocopias que se repartan na clase así como complementar os contidos teóricos con lecturas obrigatorias, segundo os temas.
Obradoiro Os alumnos deberán comentar os textos e expresións doutros compoñentes do seu grupo de prácticas.
Prácticas a través de TIC Realizar 6 prácticas avaliadas, que se publicarán no blog do grupo de prácticas ao que pertenzan.
Proba de ensaio Os alumnos deberán superar unha proba escrita.
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos, dinámica e bibliogafía da asignatua.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada aos alumnos realizarase a través do seguimento e corrección dos traballos tutelados, así como das diversas prácticas que terán que realizar ao longo da asignatura. Para o desenvolvemento desa atención personalizada contémplanse tanto titorías presenciais coma un seguimento continuo a través das ferramentas que as TIC poñen ao servicio da educación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Os alumnos deberán realizar os diferentes exercicios prácticos:
1. Preséntome
2. Retrato dun compañeiro
3. Descrición da aula
4. Relato: recordo de infancia
5. Relato: escena na rúa
6. Carta ou informe argumentativo

30
Obradoiro Avaliarase a participación do alumno así como a calidade das súas intervencións 10
Proba de ensaio Para aprobar a asignatura debe superarse unha proba ortográfica baseada nos libros El castellano actual: usos y normas, de Manuel Casado e a Ortografía de la Lengua Española de la RAE. Para superar esa proba, disporase de tres oportunidades ao longo do curso. Nas probas ortográficas correxiranse un número determinado de erros escondidos nalgunhas frases. Nesta proba non se obtén nota, só se concede unha calificación de "Apto" ou “No apto”.
20
Presentación oral Avaliarase a proba de presentación oral dos alumnos utilizando a técnica de coaching 20
Traballos tutelados Os traballos tutelados descritos no apartado de metodoloxía, constituirán un 20% da nota final 20
 
Observacións avaliación

Para obter a nota media das prácticas súmanse as calificacións obtidas en cada unha delas. Os profesores poden facer un uso estratéxico das calificacións, de xeito que a nota final poida resultar superior á media, aínda que nunca inferior.

Se un alumno deixa de entregar unha práctica de xeito inxustificado, computaralle coma un 0 na media de prácticas final. Asimesmo, se un alumno deixa de entregar dúas prácticas de xeito inxustificado, suporalle o suspenso automático na asignatura. As ausencias xustificadas han de comunicarse con antelación ao profesor de prácticas, que deberá dar un permiso expreso.

Nas prácticas seguirase o seguinte criterio de puntuación:

- 1 falta ortográfica suporá a calificación dun 4, como máximo.
- 2 faltas ortográficas suporán a calificación dun 1.
- 5 tildes mal postas ou sen poñer suporán un 4, como máximo.

Os erros sintácticos, problemas de puntuación e confusións léxicas penalizarán asimesmo a calificación da práctica, segundo a súa gravidade. A insistencia nese tipo de erros poderá conlevar incluso a calificación mínima dun 1.

Ademáis, o plaxio parcial de cualquera texto penalizarase cun 0 na práctica e o plaxio total dun traballo suporá o suspenso automático da asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
HERRERO, Julio César (2008). El candidato: manual de relaciones con los medios. Sevilla
CASADO, Manuel (2008). El castellano actual: usos y normas (7ª ed. revisada). Eunsa, Pamplona
SCOTT, Bill (1990). La comunicación oral y escrita para directivos y profesionales. Deusto
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (2003). Ortografía de la Lengua Española. Espasa Calpe, Madrid
GARCÍA, María Nieves (2008). Periodismo, publicidad, cine, comunicación audiovisual y relaciones públicas: iconos para una lengua. Fragua, Madrid

Los documentos que los profesores entreguen en clase o se cuelguen en el blog

Bibliografía complementaria PALENCIA-LEFLER ORS, Manuel (2008). 90 Técnicas de relaciones públicas: manual de comunicación corporativa . Bresca profit, Barcelona
VERDERBER, Rudolph F. (2000). Comunicación oral efectiva. International Thomson, Méjico
GARCÍA DEL TORO, Antonio (2004). Comunicación y expresión oral y escrita: la dramatización como recurso. Grao, Barcelona
KOHAN, Silvia Adela (1997). Corregir relatos. La herramienta del escritor. Grafein Ediciones, Barcelona
CASSANY, Daniel (1995). La cocina de la escritura. Anagrama, Barcelona
PERELMAN, CH. (2009). Tratado de la argumentación. Gredos
CHEJOV, Anton P. (2005). Unos buenos zapatos y un cuaderno de notas. Alba, Barcelona


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías