Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A27 |
Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes. |
B1 |
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte. |
B7 |
Xestionar a información. |
B9 |
Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a organización e funcionamento xeral do corpo humano e utilizar correctamente a terminoloxía propia da fisioloxía, especialmente a relacionada coa fisioloxía do exercicio. |
A27
|
B1 B7 B9 B11
|
C3
|
Coñecer os acontecementos e feitos máis relevantes na historia da fisioloxía do exercicio.
|
A27
|
B1 B7 B9 B11
|
C3 C6
|
Coñecer e dominar os conceptos e procesos básicos da fisioloxía humana aplicados á práctica de exercicio físico. |
A27
|
B1 B7 B9 B11
|
C3 C6
|
Identificar e coñecer os métodos de estudo e técnicas de rexistro máis utilizadas na fisioloxía humana, e interpretar os seus datos e gráficos. |
A27
|
B1 B7 B9 B11
|
C3 C6
|
Coñecer, comprender e aplicar a anatomía e a fisioloxía dos sistemas corporais implicados no movemento humano. |
A27
|
B1 B7 B9 B11
|
C3 C6
|
Comprender, analizar e interpretar as respostas agudas provocadas polo exercicio físico. |
A27
|
B1 B7 B9 B11
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO 1: INTRODUCCIÓN. |
Tema 1. Aspectos xerais da organización e funcionamento do corpo humano.
Tema 2. Aproximación conceptual e histórica á fisioloxía do exercicio. |
MÓDULO 2: CONTROL NEUROLÓXICO DO MOVEMENTO. |
Tema 3. Introdución e estudo xeral da organización do sistema nervioso.
Tema 4. A medula espiñal e os nervios espiñais.
Tema 5. O encéfalo e os nervios craniais.
Tema 6. Fisiología xeral dos sistemas sensoriais e dos receptores.
Tema 7. Sensibilidade somatosensorial.
Tema 8. Órganos dos sentidos. Sistema vestibular. Fisioloxía do equilibrio.
Tema 9. Niveis de integración e vías da motricidade.
Tema 10. Integración vexetativa. Sistema nervioso autónomo. |
MÓDULO 3: METABOLISMO E ENERXÍA. |
Tema 11. Aparello dixestivo.
Tema 12. Metabolismo e sistemas básicos de obtención de enerxía.
Tema 13. Sistema endocrino. Regulación hormonal do metabolismo.
|
MÓDULO 4: FUNCIÓN CARDIORRESPIRATORIA E EXERCICIO. |
Tema 15. Aparello circulatorio: introdución e xeneralidades. O sangue.
Tema 16. Anatomía e fisioloxía cardíacas.
Tema 17. Vasos sanguíneos. Hemodinámica.
Tema 18. Respostas cardiovasculares ao exercicio.
Tema 19. Aparello respiratorio: introdución e xeneralidades. Vías aéreas. Os pulmóns.
Tema 20. Fisioloxía da respiración.
Tema 21. Respostas respiratorias ao exercicio. |
MÓDULO 5: FUNCIÓN RENAL E MEDIO INTERNO.
|
Tema 22. Aparello urinario: introdución e xeneralidades. O ril e as vías urinarias.
Tema 23. Fisioloxía renal.
Tema 24. Introdución á regulación do volume e a osmolalidade dos líquidos orgánicos, a regulación do equilibrio acedo-base e a homeostase do medio interno durante o deporte e o exercicio. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A27 |
1 |
0.5 |
1.5 |
Sesión maxistral |
A27 B1 B7 B9 B11 C3 C6 |
28 |
56 |
84 |
Prácticas de laboratorio |
A27 B1 B7 B9 B11 C6 C3 |
15 |
25.5 |
40.5 |
Obradoiro |
A27 B1 B7 C3 C6 |
2 |
4.5 |
6.5 |
Proba de resposta múltiple |
A27 B1 B7 B9 B11 C6 C3 |
3 |
9 |
12 |
Proba obxectiva |
A27 B1 B7 B9 B11 C3 C6 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
- Con anterioridade á sesión, o alumnado deberá ter lida a Guía Docente da materia.
- Presentarase a materia e resolveranse as cuestións que expoñan os alumnos sobre a mesma e, de xeito específico sobre os aspectos da Guía Docente que precisen aclaracións.
- Farase un recordatorio e asesoramento sobre os coñecementos previos necesarios para progresar na materia.
- Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo axeitado da materia.
- Intentaranse coñecer as motivacións e intereses do alumnado respecto da materia. |
Sesión maxistral |
- Serán sesións de grupo grande (60 alumnos).
- Previamente, deberán ter preparados e lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos temas que se tratarán en cada sesión.
- Na plataforma Moodle dispoñerán dos obxectivos detallados para cada tema e a bibliografía recomendada, así como doutros materiais de apoio: presentacións audiovisuais, lecturas recomendadas e probas de autoavaliación.
- Durante a sesión, o profesor irá explicando, coa axuda de recursos audiovisuais, os contidos nos que os alumnos encontrasen dificultades. Para iso deberán manter unha participación activa, o que significa formular dúbidas razoadas xurdidas dun traballo de lectura e reflexión dos contidos.
- Así mesmo, deberán responder de modo axeitado ás preguntas que formule o profesor ou calquera dos alumnos presentes na actividade e resolver as pequenas tarefas ou problemas que vaia propoñendo o profesor. |
Prácticas de laboratorio |
- As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos medianos (de 20 alumnos) e nelas abordarase o estudo de diversos contidos da materia coa axuda de maquetas e outros recursos.
- Previamente, os alumnos deberán preparar e ter lidos os materiais necesarios para a adquisición dos coñecementos e competencias correspondentes aos contidos que se tratarán en cada práctica.
- Na plataforma Moodle disporán dos obxectivos detallados para cada tema e de probas de autoavaliación.
- Acudirán á práctica cos materiais que utilizaron no estudo previo.
- O profesor atenderá dun modo personalizado ou en pequenos grupos aos alumnos a fin de axudarlles a resolver as dificultades que atopen.
- Durante a práctica os alumnos deberán manter unha participación activa e cumprir os obxectivos e as tarefas que se propuxeron con antelación suficiente. |
Obradoiro |
- Serán sesións de grupo grande (60 alumnos).
- Os alumnos resolverán de xeito autónomo problemas relacionados con diferentes cálculos de intensades do exercicio en función de diferentes variables e analizarán resultados dunha proba de esforzo, que posteriormente serán comentados nas horas presenciais. |
Proba de resposta múltiple |
A través da plataforma Moodle, os alumnos poderán facer diferentes probas de autoavaliación para saber en que medida teñen adquiridos os coñecementos e as competencias da materia, como ferramenta preparatoria para a proba obxectiva. |
Proba obxectiva |
Explícase no apartado de Avaliación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Obradoiro |
|
Descrición |
A atención personalizada implica actividades que, ben de forma individual ou ben en pequenos grupos, teñen como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe e para a preparación da proba obxectiva.
Esta atención personalizada pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula -titorías de grupo- e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico,do campus virtual ou de aplicacións como Teamviewer ou Ammyy). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A27 B1 B7 B9 B11 C3 C6 |
- Os requisitos para poder realizar a proba son:
1) Estar correctamente matriculado.
2) COMUNICAR AO PROFESOR A INTENCIÓN DE REALIZAR DITO EXAME CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DE 48 HORAS A SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do exame, que serán de entre 25 e 50 persoas según a dispoñibilidade de espazo. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e poderase realizar a inscrición a través do correo electrónico do profesor ou dunha lista (enquisa) habilitada na plataforma Moodle.
- A proba consistirá nun cuestionario con entre 50 e 100 preguntas que poderán ser de diferentes tipos: test de opción múltiple, verdadeiro-falso ou de completar.
- Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e se puntuará como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá 1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta cunha opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos.
- No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 1 punto.
- Para superar a proba haberán de cumprirse dous requisitos:
1) obter unha puntuación media mínima do 50% sobre a puntuación máxima posible e
2) cando na proba se avalíen máis dun módulo, esixirase ademais un mínimo do 40% da puntuación máxima posible en cada un deles. |
100 |
|
Observacións avaliación |
Proba parcialContémplase a realización dunha proba obxectiva parcial nunha data consensuada entre o profesor e o alumnado unha vez que se imparta a metade dos contidos. A proba terá as seguintes características: - Será voluntaria e será obrigado inscribirse para facer o exame cunha antelación de 48 horas, ben por correo electrónico ou ben a través dunha enquisa facilitada polo profesor a través da plataforma Moodle.
- Ten carácter liberatorio, de tal modo que, se se
supera, a materia queda aprobada para o resto do curso. En ningún caso
se conservarán ditas cualificacións para os cursos seguintes. - Configurarase con entre 50 e 70 preguntas coas memas características e mesma forma de puntuación que na proba obxectiva final.
- Superarase sempre que:
- Se obteña unha puntuación media dun 60% ou máis da puntuación total.
- E ademais de acadar ese 60% da puntuación total, deberá obterse alomenos un 40% da puntuación máxima en cada un dos módulos.
Cualificacións finais As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; a partires de 9 a Matrícula de Honra corresponderá (dentro do número máximo permitido), ás mellores cualificacións.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thibodeau, G.A. y Patton, K.T. (2013). Anatomía y fisiología.. Barcelona: Elsevier España
McArdle, W., Katch, F.I. y Katch, V. (2014). Exercise physiology. Nutrition, Energy & Human Performance.. Philadelphia: Lippincot Williams & Wilkins
López Chicharro, J. y Fernández Vaquero, A. (2006). Fisiología del ejercicio. Madrid: Médica Panamericana
Wilmore, J.H. y Costill, D.L. (2007). Fisiología del esfuerzo y del deporte.. Badalona: Paidotribo
Wilmore, J.H., Costill, D.L. y Kenney, W.L. (2015). Fisología del ejercicio. Nutrición, rendimiento y salud.. Philadelphia: Lippincot Williams & Wilkins
Astrand, P.O., Rodahl, K., Dahl, H.A. y Strome, S.B. (2010). Manual de fisiología del ejercicio.. Badalona: Paidotribo
Kenney, W.L., Wilmore, J.H. y Costill, D.L. (2015). Physiology of sport and exercise. Ghampaign: Human Kinetics
Tortora, G.J. y Derrickson, B. (2013). Principios de anatomía y fisiología.. Madrid: Médica Panamericana |
|
Bibliografía complementaria
|
American College of Sports Medicine (2011). Advanced exercise physiology. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Koeppen, B.M. y Stanton, B.A. (2009). Berne y Levy. Fisiología. Barcelona: Elsevier España
Dvorkin, M.A. y Cardinali, D.P. (2010). Best & Taylor. Bases fisiológicas de la práctica médica. Madrid: Médica Panamericana
Nolte, J. (1994). El cerebro humano : introducción a la anatomía funcional.. Barcelona: Mosby/Doyma
Garret, W.E. y Kirkendall, D.T. (2000). Exercise & Sport Science.. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Thompson, P.D. (2001). Exercise & sports cardiology. Singapur: McGraw Hill
Hansen, J.T. & Koeppen, B.M. (2002). Netter's Atlas of Human Physiology. California: Icon Learning Systems
Shepherd, G. (1994). Neurobiology. Oxford: Oxford University Press
Bear, M. (2008). Neurociencia: la exploración del cerebro. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Ponz Piedrafita, F. y Barber Cárcamo, A.M. (1989). Neurofisiología. Madrid: Síntesis
Kandel, E. (2001). Principios de neurociencia. McGraw Hill
Wasserman, K.; Hansen, J.E.; Sue, D.Y.; Stringer, W.W. & Whipp, B.J. (2011). Principles of exercise testing and interpretation. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Gilroy, A.M.; MacPherson, B.R.; Ross, L.M.; Schünke, M.; Schulte, E. y Schumacher, U. (2008). Prometheus. Atlas de Anatomía. Madrid: Médica Panamericana
Pabst, R. y Putz, R. (2006). Sobotta. Atlas de Anatomía Humana. Tomo 1. Cabeza, cuello y miembro superior.. Madrid: Médica Panamericana
Pabst, R. y Putz, R. (2006). Sobotta. Atlas de Anatomía Humana. Tomo 2. Tronco, vísceras y miembro inferior. . Madrid: Médica Panamericana
Guyton, A.C. y Hall, J.E. (2011). Tratado de fisiología médica. Barcelona: Elsevier |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Aprendizaxe e control motor/620G01012 |
|
Materias que continúan o temario |
Fisioloxía do exercicio II/620G01025 | Actividade física saudable e calidade de vida I/620G01023 | Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024 | Tecnoloxía en actividade física e deporte/620G01034 | Actividade física saudable e calidade de vida II/620G01036 | Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037 | Avances no adestramento de forza e resistencia (optativa)/620G01043 |
|
Observacións |
O acceso do alumnado aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pode darse dende calquera dos itinerarios de bacharelato. Esta asignatura precisa que o alumnado posúa uns certos coñecementos previos no ámbito da Bioquímica, a Citoloxía e a Histoloxía, que se corresponden cos niveis educativos previos. No caso de non cursar previamente materias cos contidos mencionados, sería conveniente que o alumnado procurase ler os devanditos contidos nos primeiros días de clase. Para iso, pode consultarse a bibliografía específica recomendada polo profesor no espazo da materia na plataforma Moodle da UDC. |
|