Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Fisioloxía do exercicio II Código 620G01025
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Oro Claro, Luis Alberto
Correo electrónico
a.oro@udc.es
Profesorado
Oro Claro, Luis Alberto
Correo electrónico
a.oro@udc.es
Web
Descrición xeral A Fisioloxía do Exercicio describe e explica as adaptacións funcionais no organismo producidas polo exercicio e co treinamento físico deportivo, frecuentemente realizados co obxecto de mellora-las respostas fisiolóxicas do organismo.
O estudo da fisioloxía do exercicio e imprescindible para o alumno de Educación Física e outros profesionais da colectividade deportiva; seu coñecemento e interpretación relacional nos levará o tratamento preciso do organismo en cada momento e así alonxarnos de xuicios apriorísticos e actuacións intuitivas a hora de planificar as actividades físico-deportivas

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A22 Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A28 Realizar e interpretar probas de valoración funcional nos ámbitos da actividade física saudables e do rendemento deportivo.
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B6 Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B7 Xestionar a información.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B9 Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B13 Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B16 Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte.
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
B19 Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso.
B20 Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecerr o funcionamento xeral do corpo humano e utilizar correctamente a terminoloxía propia da fisioloxia do exercicio. - Coñecer os acontecementos e feitos mais relevantes na historia da fisioloxia do exercicio. - Identificar e coñecer os métodos de estudo e técnicas de avalición máis empregadas en fisioloxia do exercicio. - Comprender , analizar e interpretar as respostas agudas e adaptacións crónicas inducidas polo exercicio. - Saber aplicar as novas tecnoloxias de busqueda de información no ámbito da fisioloxia do exercicio e ser capaz de traballar en equipo na xestión de dita información. A2
A8
A18
A22
A27
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B19
B20
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.-Bioenerxética e exercicio.
2.-Corazon e sistema cardiovascular.
3.- Bases metodolóxicas e fisiolóxicas para a avalicion funcional do deportista.
4.- Termorregulación e exercicio.
5.- Axudas ergoxénicas e dopaxe.
6.- Cineantropometria e rendemento deportivo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A22 A27 A28 B1 B2 12 12 24
Proba mixta A2 A8 A18 3 18 21
Sesión maxistral B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 30 60 90
Traballos tutelados A18 A22 B3 B15 B16 B18 B19 B20 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 6 6
Actividades iniciais A2 A8 A18 A22 A27 1.5 1.5 3
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Coñecer as respostas fisiolóxicas durante o exercicio .
Saber aplicar as ferramentas específicas de valoración funciona
Proba mixta realización de unha proba tipo test de resposta múltiple.
desenrrolo de preguntas especificas sobre o temario
Sesión maxistral clasees maxistráis e aulas prácticas sobre os contidos específicos
Traballos tutelados elaboracion de un traballo tutelado
Actividades iniciais

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A8 A18 Examen de uhna serie de preguntas cortas e test. 90
Traballos tutelados A18 A22 B3 B15 B16 B18 B19 B20 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Elaboración dun traballo específico sobre a materia 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria Mc Ardle, W. (2010). Exercise physioloy. Ed. Lippincot Williams Wilkins
Gonzalez Gallego, J. (1992). Fisiología de la actividad física y del deporte. Interamericana
Wilmore, J.H. (2007). Fisiologia del eesfuerzo y del deporte.. Ed. Paidotribo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Fisioloxía do exercicio I/620G01013
Biomecánica do movemento humano/620G01014
Actividade física saudable e calidade de vida I/620G01023
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Aprendizaxe e control motor/620G01012
Fisioloxía do exercicio I/620G01013
Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías