Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Urbanística III Código 630011405
Titulación
Arquitecto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Cuarto Troncal 6
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia é un achegamento á comprensión do espazo construído polo home e da forma coma expresión da súa organización reflexionando sobre as causas que as xeran.
Presupón a importancia do análise, desenvolvendo aproximacións a unha metodoloxía do seu estudo, inculcando a esixencia do rigor e da busca de creatividade o longo deste proceso. A expresión gráfica, o dibuxo, coma forma de coñecemento,de expresión e coma intento de romper ca dicotomía entre clases teóricas e prácticas.
No estudo da forma do territorio, incídese na comprensión da súa dinámica a través do análise das súas transformacións entendendo a construción do espazo coma un proceso.
O enfoque é a partir do espazo do home de hoxe. Dunha aproximación á comprensión da paisaxe actual. Dende o presente da cidade de hoxe, dos procesos de construción do territorio actual e das súas respostas ca arquitectura, dende onde procedemos á reflexión sobre os cambios que se producen, valorando o seu pasado inmediato.
Desenvólvense clases sobre o coñecemento do soporte territorial e as discusións que sobre a cidade se produciron a partir do Movemento Moderno e que foron claves na comprensión teórica da cidade, do espazo construído polo home, buscando o que de común ten o discurso da paisaxe actual co da arquitectura de hoxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
A48 SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos.
A49 CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos.
A50 MORFOLOXÍA E REPRESENTACIÓN DO TERREO:comprensión ou coñecemento das bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial, urbanístico e paisaxístico e para practicar deslindes e parcelacións.
A52 MÉTODOS URBANÍSTICOS: comprensión ou coñecemento dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B16 Motivación pola calidade.
B17 Cultura histórica.
B18 Razoamento crítico.
B19 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas.
B23 Capacidade de xestión da información.
B24 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B30 Comunicación oral e escrita na lingua nativa.
B31 Coñecemento doutras culturas e costumes.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Competencias específicas A47
A48
A49
A50
A52
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
B22
B23
B24
B30
B31
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A CONSTRUCIÓN DO TERRITORIO ECOLOXÍA HUMANA
XEOGRAFÍA HUMANA
HÁBITAT RURAL
VIVENDA RURAL
INFORMACIÓN URBANÍSTICA
ANÁLISE DOS MODELOS DE EVOLUCIÓN DA CIDADE E FORMACIÓN DA PERIFERIA CIDADES EN EVOLUCIÓN
MOVEMENTO MODERNO
TEAM X
IMAXE DA CIDADE
A CIDADE COMA ARQUITECTURA
A CIDADE COMA CRECEMENTO
REVOLUCIÓN URBANA
PERIFERIA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A47 A48 A49 A50 A52 B1 B5 B6 B7 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B22 B23 B24 B31 C4 C6 C7 C8 0 146 146
Proba obxectiva B2 B3 B4 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B30 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas A materia ten un corpo teórico que se apoia nos libros cuxa lectura é imprescindible para acadar os coñecementos requeridos. Estes aparecen no apartado de fontes de información, e son tamén a base para a proba obxectiva.
Proba obxectiva Mediante o estudo dos contidos teóricos das lecturas que se indican nas fontes de información, adquírense, unha base teórica e os coñecementos necesarios da materia.
Estes coñecementos serán logo avaliados a través dunha proba individual obxectiva.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
Poderase consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente e as dúbidas que poidan xurdir na preparación da maateria. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través dos espazos de comunicación da ferramenta Moodle, e de e-mail.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B4 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B30 C1 Os coñecementos contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Emery Jones (). Alquerías y poblados.
Patrick Geddes (). Ciudades en evolución.
Pierre George (). Compendio de geografía rural.
Amos H. Hawley (). Ecología humana.
M. de Solá-Morales (). Formas estructurales de crecimiento urbano.
Aldo Rossi (). La arquitectura de la ciudad.
CIAM (). La carta de Atenas.
Keving Lynch (). La imagen de la ciudad.
Leonardo Benevolo (). La proyectación de la ciudad moderna.
Henry Lefebvre (). La revolución urbana.
Carsten Juel-Christiansen (). Monumento e nicho.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías