Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan. |
A2 |
PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións. |
A3 |
DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias. |
A4 |
PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos. |
A5 |
INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación. |
A7 |
SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes. |
A9 |
CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais. |
A12 |
PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO AMBIENTAL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de acondicionamento ambiental, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos. |
A19 |
ADECUACIÓN MEDIOAMBIENTAL: aptitude ou capacidade para realizar estudos medioambientais e paisaxísticos, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental. |
A20 |
PROXECTO DE ESPAZOS LIBRES: aptitude ou capacidade para redactar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización e de xardinería, así como os de obra civil e complementaria asociada a eles. |
A25 |
PROXECTO DE SEGURIDADE EN INMOBLES: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de seguridade, de evacuación de persoas e de protección contra incendios, tanto activas como pasivas, asi como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos. |
A29 |
ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos. |
A30 |
XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos. |
A34 |
FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos. |
A35 |
SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda. |
A36 |
SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura. |
A42 |
TEORÍA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento das teorías da arquitectura pasadas e presentes, especialmente as relativas á interdependencia de formas, usos e técnicas, á estrutura formal, ao estudo dos tipos e aos métodos de composición de edificios e espazos abertos. |
A43 |
HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos. |
A47 |
ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe. |
A48 |
SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos. |
A49 |
CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos. |
A50 |
MORFOLOXÍA E REPRESENTACIÓN DO TERREO:comprensión ou coñecemento das bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial, urbanístico e paisaxístico e para practicar deslindes e parcelacións. |
A51 |
BASES DE XARDINERÍA: comprensión ou coñecemento das bases de botánica, horticultura, floricultura e silvicultura e as técnicas de hidráulica precisas para realizar estudos e proxectos de xardín, de paisaxe e de urbanización. |
A52 |
MÉTODOS URBANÍSTICOS: comprensión ou coñecemento dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B9 |
Creatividade. |
B10 |
Sensibilidade estética. |
B18 |
Razoamento crítico. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B27 |
Liderado. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O estudante debe coñecer as prestacións que se demandan no proxecto e construcción do esparzo público, recoñecendo as categorías nas que se pode clasificar. Debe saber facer as análisis necesarias da problemática que plantexa, elaborando un catálogo dos tipos de espazos recoñecidos, en especial os relacionados cos conceptos xerais de rúa, praza e xogo. |
A1 A4 A5 A7 A9 A12 A20 A35 A36 A42 A43 A48
|
B5 B9 B10 B18 B20
|
C6 C7
|
O estudante debe de saber da normativa aplicable no proxecto de espazo público, coñecendo as súas prestacións como garante dunhas axeitadas condicións de accesibilidade e de servizo. Debe saber atopar a solución axeitada e demostrar que o seu proxecto cumpre con estas condicións. |
A12 A20 A29 A30 A34 A36 A47 A49 A50
|
B5 B9 B10 B18 B20
|
C6 C7
|
O estudante debe coñecer as condicións ambientais que afectan ao proxecto de espazo público, entendendo a relación entre vexetación e arquitectura como parte importante do seu valor e cualidade. Debe saber dar solucións axeitadas e cuantificar o valor ambiental do seu proxecto. |
A1 A2 A12 A19 A20 A47 A49 A50 A51
|
B5 B9 B10 B18 B20
|
C6 C7
|
O estudante debe alcanzar a competencia para dirixir e integrarse nun equipo multidisciplinar capaz de elaborar proxectos de espazo público, en escalas que irán, dende a estratexia de ordenación ata o proxecto de urbanización, incluindo o detalle da súa construcción e o entendemento dos elementos de servizo. |
A1 A2 A3 A7 A12 A19 A20 A25 A30 A34 A47 A48 A52
|
B5 B9 B10 B18 B20 B27
|
C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I:
PROXECTO E CONSTRUCIÓN DO ESPAZO URBANO |
I.I. ESPAZO PÚBLICO (RED) E TECIDO
I.II. CATEGORÍAS
I.III. RÚA
I.IV. PRAZA E XOGO
|
MÓDULO II:
CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE E SERVIZO. NORMATIVA APLICABLE |
II.I. ACCESIBILIDADE E MEDIO FÍSICO
II.II. TRAZADO DE VÍAS URBÁNS
II.III. APARCAMENTO
II.IV. PEATÓN E BICI
II.V. SERVIZOS URBÁNS |
MÓDULO III:
MEDIOAMBIENTE E ESPAZO LIBRE-PÚBLICO |
III.I. CONDICIÓNS AMBIENTAIS
III.II. PLANTA E ARQUITECTURA
III.III. ESPAZO VERDE
III.IV. BORDE URBANO |
MÓDULO I:
PROXECTO E CONSTRUCIÓN DO ESPAZO URBANO |
I.I. ESPAZO PÚBLICO (RED) E TECIDO
I.II. CATEGORÍAS
I.III. RÚA
I.IV. PRAZA E XOGO |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A50 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C7 |
40 |
40 |
80 |
Sesión maxistral |
A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A25 A29 A30 A34 A35 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A51 B9 B10 B18 B20 C6 |
30 |
15 |
45 |
Saídas de campo |
A2 A5 A7 A12 A19 A20 A25 A29 A30 A34 A35 A47 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B20 B27 C7 |
2 |
0 |
2 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A7 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B18 B20 C6 |
1 |
1 |
2 |
Presentación oral |
A1 A2 A4 A5 A7 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A47 A48 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C6 C7 |
10 |
0 |
10 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A4 A5 A7 A9 A12 A20 A29 A30 A34 A47 A48 A50 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C6 C7 |
2 |
0 |
2 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A51 A52 B9 B10 B18 B20 C6 |
1 |
7 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Obradoiro |
Traballo de proxecto dun espazo público con criterios ambientáis e de sostibilidade. O alumno deberá participar tanto na materia específica como no Taller 6, onde se vincula a parte práctica principal da asignatura, cunha asistencia mínima dun 80%, . |
Sesión maxistral |
Os distintos temas relevantes para o desenvolvemento do obradoiro serán obxecto de sesións maxistrais. |
Saídas de campo |
Considérase fundamental o coñocemento do espazo obxeto da anáise, polo que a visita o lugar elixido para o traballo considérase esencial. |
Proba mixta |
Ao final do curso o alumno realizará unha proba mixta (de xeito indiviual) na que se comprobarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso académico. |
Presentación oral |
Os traballos elaborados no obradoiro serán presentados públicamente. |
Discusión dirixida |
Os resultados do obradoiro serán obxecto de discusións dirixidas o longo do curso. |
Lecturas |
Ao longo do curso indícanse unha serie de lecturas de apoio, que son de gran utilidade para facilitar o entendemento e asimilación dos coñecementos teóricos; así como para establecer pautas e abrir posibilidades que orienten o traballo no obradoiro. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Presentación oral |
Discusión dirixida |
Obradoiro |
|
Descrición |
Centrarase no seguimento do traballo realizado polos alumnos, dun xeito individualizado, no que se pretende a aplicación dos coñecementos explicados na teoría |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A4 A7 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B18 B20 C6 |
Consistirá nun examen escrito que pode ter preguntas de resposta multiple ou de resposta breve, no que se valoran os coñecementos e habilidades que o alumno ten sobre as cuestións fundamentais da teoría, mais tamén poderá constar dalgunha pregunta para desenrolar temas relacionados coa parte práctica da asignatura. |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A50 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C7 |
O traballo final valorarase na suas vertentes analítica, planificadora e de deseño. O traballo práctico estará relacionado coa práctica do Taller 6, de tal maneira que, tanto o texto como as entregas formarán parte dos contidos do mesmo. As entregas serán únicas e para a avaliación do alumno será imprescindibla ter participado e entregado de forma completa o traballo do taller. O non cumprimento deste requisito, consensuado e ratificado na Xunta de Evaluación do Taller, suporá a calificación de Non Presentado. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Trátase dunha Avaliación Continua, controlada mediante a asistencia a
clase completada coa realización de probas teórico-prácticas que permiten
comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais
propios da asignatura. A avaliación do alumno dependerá, ademáis da súa
participación na materia específica, na que se estima unha asistencia mínima
obligatoria dun 80%, da participación e entregas realizadas no conxunto de
Taller 6, a onde se vincula a parte práctica principal da asignatura. Tanto a
non realización das probas propostas como o incumprimento de asistencia ou de
entregas suporá un Non Presentado como calificación da convocatoria. En
cualquera caso, a calificación final da asignatura será valorada coa
media que resulta das calificacións tanto das probas escritas e examen como as
probas teórico prácticas. O coñecemento do alumno deberá estar sempre en
cualquera de elas por riba do 50%. A
avaliación do estudante nas convocatorias extraordinarias levarase a cabo
mediante a realización dun único exame, se ben aqueles alumnos que non teñan
superado a parte correspondente ás probas teórico-prácticas, deberán tamén
acreditar a corrección e realización das mesmas. A avaliación do estudante
en sucesivas matrículas realizarase polo mesmo procedimento arriba
descrito. A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Proxectos 1/630G01001 | Proxectos 2/630G01006 | Proxectos 3/630G01011 | Proxectos 4/630G01016 | Urbanística 1/630G01018 | Proxectos 5/630G01021 | Urbanística 2/630G01024 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Proxectos 6/630G01026 | Urbanística 4/630G01032 | Urbanística 5/630G01042 |
|
|