Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A29 |
ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos. |
A30 |
XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos. |
A31 |
VALORACIÓN DE BENS INMOBLES: aptitude ou capacidade para realizar valoracións e taxacións inmobiliarios, incluíndo terreos rústicos e solares, edificacións e espazos urbanos. |
A47 |
ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe. |
A61 |
FUNDAMENTOS LEGAIS: comprensión ou coñecemento do marco legal do desempeño profesional no relativo á saúde, a seguridade e o benestar públicos e á regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B9 |
Creatividade. |
B10 |
Sensibilidade estética. |
B18 |
Razoamento crítico. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B27 |
Liderado. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
1.- Coñecer e comprender a regulamentación civil, administrativa e urbanística
2.- Coñecer e comprender a responsabilidade do arquitecto respecto dos principios básicos de ecoloxía, de sustentabilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente no urbanismo e o paisajismo.
3.- Aptitude para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación
de proxectos integrados de conxuntos e espazos urbanos.
4.- Capacidade para realizar valoracións e tasaciones inmobiliarias, incluíndo terreos rústicos e solares, edificacións e espazos urbanos.
|
A29 A30 A31 A47 A61
|
B5 B9 B10 B18 B20 B27
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
2. Lexislación sectorial
|
Lexislación sectorial
Estatal /Autonómica
Normativa Provincial
Percorrido pola lexislación de maior incidencia
|
1. Lexislación urbanística básica |
1. Lexislación urbanística básica Leis do chan. Regulamentos
Edificar: Dereitos e deberes que comporta
A acción urbanística
Obtención do chan: sistemas.
A intermediación da Administración na edificación e os usos do chan
Licencia e disciplina urbanística
O patrimonio público de Chan: Equipamentos-mercado do chan
|
3. Planeamento |
La ordenación del territorio
Historia- evolución
Lexislación de ordenación do territorio
Documentos de Ordenación do territorio.
Esquema xeral do proceso de plan
Os plans por dentro.
Contido documental dos plans.
Os documentos normativos do plan: memoria e normas urbanísticas.
Os documentos económicos do plan:estudo económico-financeiro e programa de actuación.
Percorrido dun plan desde se redacción ata a súa aprobación.
A posta en práctica dun plan: desenvolvemento e xestión do plan.
Plans xerais, especiais, parciais, sectorización, etc.
|
4. Economía urbana |
A economía urbana no seu contexto
O mercado do chan:
O chan como valor de uso e valor de cambio
Plusvalías derivadas da acción urbanística.
Produción do chan urbano (do chan rústico ao chan urbano).
Valor-prezo do chan.
O prezo da vivenda
Sustentabilidade. Axenda 21
Transporte e enerxías.
A vivenda pública en España. Evolución, lexislación.
A vivenda de protección oficial en Galicia
|
5. Deontología, Responsabilidade civil e Exercicio da profesión |
Actuación profesional do arquitecto
Responsabilidade dos arquitectos no exercicio da profesión
Profesión regulada. Servizos profesionais
Actuación da administración, Contratación
O proxecto de edificación e a dirección de obra
Sustentabilidade, conservación e rehabilitación
Informes e peritaciones
Lexislación da edificación |
6. Valoracións inmobiliarias |
Valoracións. Conceptos Xerais
Valoracións administrativas
Estimacións de custo dunha obra e avaliación de proxectos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
|
35 |
4 |
39 |
Obradoiro |
|
12 |
32 |
44 |
Traballos tutelados |
|
0 |
20 |
20 |
Recensión bilbiográfica |
|
0 |
10 |
10 |
Proba de resposta múltiple |
|
1 |
14 |
15 |
Discusión dirixida |
|
9 |
0 |
9 |
Proba obxectiva |
|
1 |
10 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como "Cconferencia", "método expositivo" ou "Lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Recensión bilbiográfica |
A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en expor unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo argumentan e discuten de forma libre, sobre informal e espontáneo un asunto, ainda que poden estar coordinados por un moderador. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Recensión bilbiográfica |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As clases prácticas en taller, os traballos tutelados e a recesión bibliográfica contarán con atención personalizada para o seu desenvolvemento por parte do alumno en sesións abertas con presenza dos seus compañeiros. As sesións maxistrais e probas terán unha atención personalizada para aclaración de conceptos e dúbidas en tutorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
|
Desenvolverase traballo en grupos de máximo 3 persoas e requirirá presentacións públicas e entregas parciais. |
30 |
Proba obxectiva |
|
Proba presencial de desenvolvemento de contidos teóricos e prácticos da materia |
20 |
Recensión bilbiográfica |
|
Achegarase ás prácticas de grupo e individual. |
5 |
Discusión dirixida |
|
Valorarase a capacidade de lectura crítica, escritura e a expresión oral en público. Destacando as conclusións e achegas propias. |
5 |
Sesión maxistral |
|
Esíxese a asistencia ás sesións maxistrais polo menos nun 75% para poder optar á superación da materia en calquera das oportunidades. A avaliación realizarase mediante a proba obxectiva, probas de respostas múltiples, recesión bibliográfica e traballos tutelados
|
10 |
Traballos tutelados |
|
Traballo de carácter individual e requirirá presentacións públicas e entregas parciais. |
20 |
Proba de resposta múltiple |
|
Exame tipo test a realizar a través da plataforma moodle |
10 |
|
Observacións avaliación |
Utilizarase o método de Avaliación Continua, o que supón que se controlará a asistencia a clase e que unha parte da cualificación obterase da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuadrimestre; pero debe completarse coa realización de probas teóricoprácticas que permitan comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentales propios da materia. Na avaliación final do estudante terase en conta: A asistencia a clase e o interese e participación nas sesións presenciais. A realización e exposición individual dos exercicios propostos. A realización de traballos en grupo e a súa presentación e defensa individual e/ou en grupo. As probas escritas ao longo do curso, que constarán de preguntas relativas tanto á parte teórica como aos exercicios realizados. Os exames parciais e/ou finais. Calquera outra actividade que se detalle na Guía Docente da materia Realizaranse prácticas curtas case todas as semanas, a maioría delas durante unha parte da clase. Será necesario a presentación de polo menos o 75% das prácticas para a cualificación por curso. Así mesmo, o traballo en equipo e individual será obrigatorio para a cualificación por curso. Esíxese a asistencia de polo menos o 75% das horas presenciais.
CONDICIÓNS PARA TODAS As OPORTUNIDADES Na avaliación do estudante nesta materia, aplicaranse as seguintes condicións simultaneamente para poder superala: -Cumprimentar a asistencia esixida en ambas as partes da materia. -A superación do taller cunha cualificación 5,0 sobre 10,0. -A superación das probas de resposta múltiple independentemente con 5,0 sobre 10,0 realizadas en clase -A superación da proba obxectiva con 4,0 sobre 10,0 realizada en clase. -Entrega dos traballos tutelados, sen erros graves. -Unha cualificación de 5,0 sobre de 10,0, en ambas as partes da materia (urbanismo e construción). CÁLCULO DA CUALIFICACIÓN Unha vez superadas as condicións anteriores realízase unha media ponderada entre as cualificacións de ambas as partes da materia. Na segunda oportunidade poderase recuperar aquelas partes non superadas realizadas durante o semestre, non se PODERÁ RECUPERAR As NON ENTREGADAS Ou NON REALIZADAS que supoñen un "NON PRESENTADO" como cualificación da convocatoria. Consérvanse as cualificacións das partes superadas na segunda oportunidade.O incumprimento da asistencia suporá a cualificación de "NON PRESENTADO" na convocatoria (en calquera das oportunidades)
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- CAMAGNI, Roberto:"Economía Urbana" Editorial Antoni Bosch, Barcelona 2005 - ESTEBAN I NOGUER, Juli: “Elementos de Ordenación Urbana”. Publicación Colegio Oficial de Arquitectos de Catalunya. Barcelona 1981. Ref. 60 ESTE - GONZÁLEZ-BERENGUER URRUTIA, José Luis: “Urbanismo Sectorial”. Editorial Montecorvo SA. Madrid 1999. - MARTÍNEZ CARO Y OTROS: “La ordenación urbana”. EUNSA. Pamplona 1985. - PANERAI Y OTROS. “Elementos de Análisis Urbano”. IEAL. Madrid 1985. - SANTAMERA, Juan Antonio: “Introducción al Planeamiento Urbano” - SORRIBES, Josep: " Las ciudades del siglo XXI" Centro Francisco Tomás Valiente. UNED Alzira Valencia, 2001 - Xunta de Galicia, “Directrices para a ordenación urbanística dos municipios galegos”. Consellería de Ordenación del Territorio e Obras Públicas. Xunta. - Texto Refundido de la Ley sobre Regimen del Suelo y Ordenación Urbana y sus Reglamentos, varios. BOE, Tecnos, Civitas. - GARCÍA ERVITI, Federíco: "Compendio de Arquitectura Legal" REVERTÉ. Barcelona, 2006 - TUNSTALL, Gavin: "La gestión del proceso de edificación" REVERTÉ. Barcelona, 2009 |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Urbanística 4/630G01032 | Proxectos 8/630G01036 | Construción 6/630G01037 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|