Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Ampliación de Métodos Informáticos Código 631411604
Titulación
Licenciado en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Primeiro-Segundo Optativa 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Controlar o asento, a estabilidade e os esforzos, a nivel de xestión.
A3 Determinar por calquera medio a situación e a súa exactitude, a nivel de xestión.
A13 Planificar unha travesía e dirixir a navegación, a nivel de xestión.
A14 Planificar e garantir o embarco, estiba e suxeición da carga, o seu coidado durante a travesía e o desembarco, a nivel de xestión
A16 Transporte de cargas perigosas, a nivel de xestión.
A21 Explotar economicamente o buque en todos os ámbitos do comercio e transporte marítimo, fluvial e lacustre, e as súas interconexións.
A25 Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferrramentas físico-matemáticas.
A26 Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así coma representación e interpretación matemática de resultados obtidos experimentalmente.
A28 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos en outras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos en outras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B9 Versatilidade.
B11 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B14 Capacidade para acadar e aplicar coñecementos.
B15 Organizar, planificar e resolver problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de publicar información nun blog B5
B7
B11
C3
Coñecer as posibilidades de búsqueda de información dos buscadores web B11
C3
C6
Coñecer cómo suscribirse a páxinas web ou blogs facendo uso das tecnoloxías RSS B11
C3
C6
Ser capaz de compartir información cos compañeiros facendo uso do almacenamento virtual na rede B5
B7
B11
C3
Ser capaz de establecer unha rede de contactos profesionais B5
B7
B11
C3
Ser capaz de manexar aplicacións informáticas específicas para a carga do buque A1
A14
A16
A26
A28
B2
B4
B8
B9
B15
C3
C6
Coñecer as utilidades e as posibilidades de programación avanzadas das follas de cálculo B11
C3
Ser capaz de programar unha folla de cálculo para resolver problemas de Teoría do Buque A1
A14
A16
A25
A26
A28
B2
B4
B8
B9
B11
B14
B15
C3
C6
Ser capaz de programar unha folla de cálculo para resolver problemas de Economía Marítima A21
A25
A26
A28
B2
B4
B8
B9
B11
B14
B15
C3
C6
Ser capaz de programar unha folla de cálculo para resolver problemas de Navegación Marítima A3
A13
A25
A26
A28
B2
B4
B8
B9
B11
B14
B15
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. FERRAMENTAS TIC PARA TRABALLO COLABORATIVO 1.1. COMUNICACIÓN: BLOGS
1.2. BÚSQUEDA: BUSCADORES WEB
1.3. SÍNTESIS: RSS E FEEDS
1.4. COMPARTIR: ALMACENAMENTO NA NUBE
1.5. CONTACTOS: REDES SOCIAIS
2. MANEXO DE APLICACIÓNS DE CARGA 2.1. CÁLCULO DE CALADOS
2.2. CÁLCULO DA CARGA A BORDO
2.3. PLANOS DE CARGA
2.4. CRITERIOS DE ESTABILIDADE
2.5. RESISTENCIA ESTRUCTURAL DO BUQUE
3. FOLLA DE CÁLCULO 3.1. MANEXO
3.1.1. FÓRMULAS
3.1.2. FUNCIÓNS
3.1.3. GRÁFICAS
3.1.4. PROGRAMACIÓN CON VBA
3.2. TEORÍA DO BUQUE
3.2.1. MÉTODOS DE INTEGRACIÓN
3.2.2. MÉTODOS DE INTERPOLACIÓN
3.2.3. RESISTENCIA ESTRUCTURAL
3.2.4. CÁLCULOS DE CARGA
3.2.5. ESTABILIDADE
3.2.6. TRASLADO DE PESOS
3.3. ECONOMÍA MARÍTIMA
3.3.1. SOLVER
3.3.2. PROBLEMA DO TRANSPORTE
3.3.3. PROBLEMA DO TRANSBORDO
3.3.4. PROBLEMA DA RUTA ÓPTIMA
3.4. NAVEGACIÓN MARÍTIMA
3.4.1. PLANES DE VIAXE
3.4.2. DERROTA LOXODRÓMICA
3.4.3. DERROTA ORTODRÓMICA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 10 25 35
Debate virtual 2 2 4
Proba obxectiva 2 10 12
Aprendizaxe colaborativa 5 10 15
Traballos tutelados 3 9 12
Sesión maxistral 10 10 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumno. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase tanto no aula coa presenza do profesor como no traballo non presencial do alumno. Os problemas propostos estarán relacionados principalmente co mundo marítimo, de modo que o alumno terá que poñer en práctica os coñecementos aprendidos nas outras materias e comprobar como lle permiten solucionar problemas reales.
Debate virtual Faranse uso das redes sociais para establecer algún debate sobre contidos relacionados co temario da asignatura
Proba obxectiva Ao longo do cuadrimestre realizaranse probas de algunhas partes da materia, principalmente basadas en problemas.

Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba obxectiva, que constará de cuestións teóricas e problemas.
Aprendizaxe colaborativa Proporanse traballos por grupos a partires dunhas especificacións dadas. Cada alumno deberá responsabilizarse dunhas partes do traballo e axudar aos compañeiros nalgunha das partes que lles corresponderon a eles. Terán que facer unha posta en común do traballo e expoñelo finalmente na clase diante dos compañeiros.
Traballos tutelados Proporase aos alumnos o desenvolvemento de traballos sobre os temas tratados nas sesións maxistrais, co obxetivo de profundizar na aprendizaxe en temas moi concretos. Estes traballos deberán expoñerse na clase diante dos compañeiros.
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercícios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Debate virtual
Descrición
TRABALLOS TUTELADOS
A atención personalizada realizarase no aula resolvendo ás dubidas prantexadas polos alumnos previo a exposición dos traballos diante dos seus compañeiros.

APRENDIZAXE COLABORATIVA
A atención personalizada realizarase no aula indicando os pros e as contras nas opcións a descartar ou incorporar por parte dos grupos ao resultado final do seu traballo, comprobando que cada membro do grupo fai a parte que lle corresponde.

SOLUCION DE PROBLEMAS
A atención personalizada realizarase tamén no aula coma resolvendo as dúbidas durante a resolución autónoma dos problemas por parte do alumno.

ATENCION PERSONALIZADA
Realizarase no despacho do profesor nos horarios de titorías establecido a comezo de curso e posto en coñecemento do alumno polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Ademais o profesor resolverá as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A resolución de problemas relacionados co mundo marítimo nos que o alumno terá que poñer en práctica os coñecementos adquiridos previamente ao longo da Diplomatura e a Licenciatura nas outras materias e facendo uso das ferramentas informáticas aprendidas en Ampliación de Métodos Informáticos valorarase ata un máximo de 40 puntos 40
Traballos tutelados O desenvolvemento e exposición dos traballos propostos polo profesor valorarase ata un máximo de 10 puntos 10
Aprendizaxe colaborativa A participación activa no desenvolvemento dos traballos en grupo, así como o traballo previo á posta en común co grupo, valorarase ata un máximo de 20 puntos 20
Debate virtual A participación activa nos foros de debate sobre contidos relacionados co temario da asignatura facendo uso das redes sociais valorarase ata un máximo de 10 puntos 10
Proba obxectiva Ao longo do cuadrimestre realizaranse probas de algunhas partes da materia, que terán una valoración na nota final con un máximo de 20 puntos 20
 
Observacións avaliación

Avaliación mediante proba obxectiva final. O alumno examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá de esta proba obxectiva.


Non se gardará nengunha nota para a convocatoria de Setembro en nengún caso.

Fontes de información
Bibliografía básica Walkengach, John (2007). Excel 2007 power programming with VBA. Hoboken, N.J.: Wiley
McFedries, Paul (2010). Excel 2010: fórmulas y funciones. Madrid: Anaya Multimedia
Winston, Wayne L. (1994). Investigación de operaciones. México: Grupo Editorial Iberoamérica, cop
Martin iglesias, Joaquín P. (2011). Manual imprescindible de servicios Google como herramienta educativa. Madrid: Anaya Multimedia
Jeschke, Egbert (2011). Microsoft Excel 2010, Formulas & Functions Inside Out. Hoboken, N.J,: Microsoft Press
Derrett, D.R. (2006). Ship Stability for Masters and Mates. Oxford: Butterworth-Heinemann
Sanchez, Yoani (2011). Wordpress: un blog para hablar al mundo. Madrid: Anaya Multimedia

Manuais en formato PDF que veñen incorporados coas aplicacións Eseacon específicas para carga de buques.


Apuntes e transparencias elaboradas polo profesor.
Bibliografía complementaria Monk, Ellen F (2012). Problem solving cases in Microsoft Access & Excel. Boston, MA: Course Technology
Bovey, Rob (2009). Professional Excel development: the definitive guide to developing applications using Microsoft Excel, VBA and .NET. Upper Saddle River (New Jersey): Addison-Wesley
Bottfried, Byron S. (1998). Spreadsheet tools for engineers. Boston: McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Ampliación de Teoría do Buque/631411102
Navegación/631411101
Transportes Marítimos Epeciais e Estiba/631411104
Inglés Técnico Marítimo/631411106
Metodoloxía e Instrumentación na Navegación/631411610

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas de Axuda a Navegación/631411202
Organ. e Planif. do Transporte e a Navegación/631411203
Varadas e Abordaxes/631411601
Xestión da Seguridade Marítima/631411611

Materias que continúan o temario
Sistemas de Axuda a Navegación/631411202
Organ. e Planif. do Transporte e a Navegación/631411203
Varadas e Abordaxes/631411601
Xestión da Seguridade Marítima/631411611

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías