Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Informática Código 631G02154
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación.

Ademais, se temos en conta a progresiva informatización e automatización experimentada polos buques nestes últimos anos, e moi especialmente nas salas de máquinas, pódese comprender que as competencias adquiridas nesta materia tamén serán de gran importancia para o desenvolvemento da profesión dos futuros titulados en Enxeñaría Marina.

Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as demais, garda unha estreita relación coas Matemáticas e a Física (resolución de problemas, representación gráfica de resultados e interpretación), o Debuxo (CAD e Deseño industrial), Mantemento (xestión de proxectos e resolución de problemas de investigación operativa con ferramentas informáticas), moi especialmente coas materias de Electricidade, Electrónica, Automatización e Regulación (codificación da información, lóxica binaria, hardware, software).

Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, ...) atópase neste idioma.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade.
A13 CE13 - Levar a cabo automatizacións de procesos e instalacións marítimas.
A14 CE14 - Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
A15 CE15 - Manexar correctamente a información procedente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade.
A16 CE16 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores, no ámbito da súa especialidade.
A17 CE17 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A18 CE18 - Redacción e interpretación de documentación técnica.
A20 CE20 - Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B5 CT5 - Traballar de forma colaboradora.
B8 CT8 - Versatilidade.
B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C9 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
C10 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e poseer competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
C11 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
C12 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
C13 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer cómo se garda e manipula a información nunha computadora A15
B2
C3
Evaluar expresións lóxicas usando o álxebra de Boole A13
A15
B2
C3
Identificar as diferentes compoñentes hardware dunha computadora A16
C3
Ser capaz de ensamblar unha computadora a partires das suas compoñente A16
B2
B5
B8
Ser capaz de instalar varios Sistemas Operativos e aplicacións software nunha computadora A16
B2
B5
B8
Ser capaz de instalar e configurar unha rede de equipos informáticos A16
B2
B5
B8
Deseñar correctamente as táboas dunha Base de Datos B5
B9
C3
Ser capaz de efectuar diferentes tipos de consultas nunha Base de Datos B2
B5
B9
C3
C13
Ser capaz de deseñar informes a partires das consultas feitas a unha Base de Datos B2
B5
B9
C3
C9
Coñecer o funcionamento básico e as utilidades das follas de cálculo C3
Ser capaz de programar unha folla de cálculo para resolver diferentes tipos de problemas matemáticos A14
A17
B2
B5
B8
C3
C10
C11
Ser capaz de representar gráficamente e interpretar os resultados dunha folla de cálculo A14
A20
B2
B5
B8
C3
C11
C12
Coñecer os aspectos básicos da planificación dun proxecto C3
Ser capaz de planear un proxecto usando unha ferramenta informática A2
A17
A20
B2
B5
B8
C3
Coñecer diferentes ferramentas e aplicacións de software cartográfico A18
A20
C3
Ser capaz de planear unha travesía por mar usando aplicacións cartográficas A18
A20
B2
B5
B8
C3
Ser capaz de resolver os diferentes problemas de xestión que poidan xurdir ao longo dunha travesía por mar usando as ferramentas informáticas vistas ao longo do curso A2
A17
A20
B2
B5
B8
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. CODIFICACION 1.1. INTRODUCCION
1.2. NUMEROS DECIMAIS
1.3. NUMEROS BINARIOS
1.4. CONVERSION DECIMAL-BINARIO
1.5. REPRESENTACION DE NUMEROS NEGATIVOS
1.6. NUMEROS HEXADECIMAIS
1.7. CODIGO DECIMAL BINARIO (BCD)
1.8. CODIGOS ALFANUMERICOS
1.9. CODIGOS DE PARIDADE
2. LOXICA BINARIA 2.1. ALXEBRA DE BOOLE
2.2. FUNCIONS DIXITAIS BINARIAS
2.3. TABOAS DE VERDADE
2.4. PORTAS LOXICAS BASICAS
2.5. LOXICA PROPOSICIONAL
3. HARDWARE 3.1. UNIDADES FUNCIONAIS BASICAS
3.2. PLACA BASE
3.3. CPU
3.4. MEMORIA
3.5. SISTEMA DE INTERCONEXIÓN: BUSES
3.6. REDES
4. SISTEMAS OPERATIVOS 4.1. INTRODUCCION
4.2. PROCESOS E XESTION DO PROCESADOR
4.3. ADMINISTRACION DA MEMORIA
4.4. SISTEMAS DE ARQUIVOS
4.5. ENTRADA/SAIDA
5. BASES DE DATOS 5.1. INTRODUCCION
5.1. MODELO E-R
5.2. MODELO RELACIONAL
5.3. S.G.B.D.
5.4. TABOAS
5.5. CONSULTAS
5.6. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
6. FOLLA DE CALCULO 6.1. INTRODUCCION
6.2. FILAS E COLUMNAS
6.3. TIPOS DE DATOS
6.4. FORMATOS
6.5. FORMULAS
6.6. REFERENCIAS
6.7. FUNCIONS
6.8. GRAFICOS
6.9. RESOLUCION DE PROBLEMAS DE I.O.
6.10. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
7. PLANIFICACIÓN DE PROXECTOS 7.1 INTRODUCCIÓN
7.2 DIAGRAMAS DE GANT
7.3 PROGRAMACION TEMPORAL DUN PROXECTO
7.4 ASIGNACION DE RECURSOS
7.5 SEGUIMENTO DO PROXECTO
7.6 ANALISE DE CUSTOS
7.7 APLICACION AO MUNDO MARITIMO
8. SOFTWARE CARTOGRAFICO 8.1. FERRAMENTAS WEB PARA O TRABALLO COLABORATIVO
8.2. FERRAMENTAS WEB CARTOGRAFICAS
8.3. APLICACION A PROBLEMAS DE NAVEGACION MARITIMA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A18 A20 4 20 24
Sesión maxistral A15 15 15 30
Aprendizaxe colaborativa A18 B5 6 18 24
Solución de problemas A13 B2 B8 B9 C9 C10 C13 12 18 30
Prácticas de laboratorio A2 A14 A16 A17 A20 B9 B8 C3 C9 C10 C11 C12 C13 9 0 9
Proba obxectiva A16 A17 B2 B8 C3 C9 C10 5 25 30
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Proporase aos alumnos o desenvolvemento de traballos sobre os temas tratados nas sesións maxistrais, co obxetivo de profundizar na aprendizaxe en temas moi concretos. Estes traballos deberán expoñerse na clase diante dos compañeiros.
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercícios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade
Aprendizaxe colaborativa Proporanse traballos por grupos a partires dunhas especificacións dadas. Cada alumno deberá responsabilizarse dunhas partes do traballo e axudar aos compañeiros nalgunha das partes que lles corresponderon a eles. Terán que facer unha posta en común do traballo e expoñelo finalmente na clase diante dos compañeiros.
Solución de problemas As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumno. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase tanto no aula coa presenza do profesor como no traballo non presencial do alumno. Os problemas propostos estarán relacionados principalmente co mundo marítimo, de modo que o alumno terá que poñer en práctica os coñecementos aprendidos e comprobar como lle permiten solucionar problemas reales.
Prácticas de laboratorio Unha vez tratados os temas de Hardware e Sistemas Operativos, os alumnos acudirán a un laboratorio para proceder ás labores de ensamblado de equipos informáticos, instalación e configuración de S.O., e instalación de unha rede Wi-Fi.
Proba obxectiva Ao longo do cuadrimestre realizaránse probas escritas de algunhas partes da materia, principalmente basadas en problemas.

Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba escrita, que constará de cuestións teóricas e problemas

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Solución de problemas
Descrición
TRABALLOS TUTELADOS
A atención personalizada realizarase no aula resolvendo ás dubidas prantexadas polos alumnos previo a exposición dos traballos diante dos seus compañeiros.

APRENDIZAXE COLABORATIVA
A atención personalizada realizarase no aula indicando os pros e as contras nas opcións a descartar ou incorporar por parte dos grupos ao resultado final do seu traballo, comprobando que cada membro do grupo fai a parte que lle corresponde.

SOLUCION DE PROBLEMAS
A atención personalizada realizarase tamén no aula resolvendo as dúbidas durante a resolución autónoma dos problemas por parte do alumno.

ATENCION PERSONALIZADA
Realizarase no despacho do profesor nos horarios de titorías establecido a comezo de curso e posto en coñecemento do alumno polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Ademais o profesor resolverá as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A20 O desenvolvemento e exposición dos traballos propostos polo profesor valorarase ata un máximo de 10 puntos. 10
Aprendizaxe colaborativa A18 B5 A participación activa no desenvolvemento dos traballos en grupo, así como o traballo previo á posta en común co grupo valorarase ata un máximo de 25 puntos. 25
Prácticas de laboratorio A2 A14 A16 A17 A20 B9 B8 C3 C9 C10 C11 C12 C13 A participación de maneira satisfactoria na ensamblaxe de equipos e instalación de S.O. e redes terá unha valoración na nota final con un máximo de 10 puntos 10
Proba obxectiva A16 A17 B2 B8 C3 C9 C10 Ao longo do cuadrimetre realizaranse unha serie de probas basadas principalmente en conceptos teóricos e resolución de problemas que sumarán ata un máximo de 55 puntos. 55
 
Observacións avaliación

O alumno ten dúas posibilidades de avaliación: 

 
1. A avaliación continua. Mediante esta via, o alumno ten a posibilidade de superar a asignatura por curso mediante a presentación de traballos, as prácticas de laboratorio e as probas obxectivas que se realizarán ao longo do curso. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba final da convocatoria de febreiro. Esta vía tan só será aplicable no caso de que o alumno asista como mínimo ao 80% das horas presenciais.

2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta via se aplicará cando o alumno non opte á posibilidade de avaliación continua, ou ben cando non acade un mínimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso o alumno examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá desta proba obxectiva.

Non se gardará nengunha nota para a convocatoria de xullo en nengún caso.

Los criterios de evaluación contemplados en los cuadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 y A-III/2    del Código STCW y sus enmiendas relacionados con esta materia se tendrán en cuenta a la hora de diseñar y realizar su evaluación.

Fontes de información
Bibliografía básica Borruel, F. (2002). Access 2000. Madrid
Ujaldón, M. (2001). Arquitectura del PC. Madrid
Prieto, A. (2005). Conceptos de informática. Madrid
Floyd, T.L. (2006). Fundamentos de Sistemas Digitales. Madrid
Rodríguez, J. (2001). Microsoft Excel 2002. Iniciación y referencia. Madrid
Delgado J.M., Paz F. (2009). OpenOffice.org 3.0. Madrid
Bucki, L.A. (2009). OpenProj: the open source solution for managing your projects. Australia
Pablo Lopez Varela; Santiago Iglesias Baniela (2007). Planificacion, Programacion y Control de Proyectos mediante técnicas de camino critico. Santiago. Ed. Tórculo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas 1/631G02151
Física I/631G02153
Inglés/631G02155

Materias que continúan o temario
Física II/631G02158
Matemáticas III/631G02260
Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque/631G02356
Fundamentos de Regulación e Control/631G02257
Electrotecnia. Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque/631G02253
Automatización de Instalacións Marítimas/631G02357
Sistemas Xestión e Mantemento do Buque/631G02360
Fundamentos de Programación/631G02511
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02512
Automatización e Control de Procesos/631G02314
Xestión Integral do Mantenemento/631G02316
/
Automatización con PLCs e Instrumentación Industrial/631G02509

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías