Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais |
A3 |
Elaborar plans estratéxicos a nivel directivo e operativo para asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas. |
A7 |
Ser capaz de establecer estratexias de liderado e empoderamento dos distintos axentes sociais que favorezan un clima institucional óptimo. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión |
B7 |
Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias |
B12 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B13 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B14 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B15 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B16 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
C1 |
Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades |
C2 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinais) relacionados coas súas áreas de estudo. |
C6 |
Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber definir e desenvolver propostas participativas axeitadas a diferentes contextos de acción |
AP2 AP3 AP7
|
BM1 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
CM1 CM2 CM6
|
Dominar metodoloxías participativas de análise da realidade, planificación e avaliación |
AP2 AP7
|
BM1 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
CM1 CM2 CM6
|
Elaborar a documentación pertinente derivada do proceso de planificación: plans de acción, proxectos, informes, memorias... |
AP2 AP3 AP7
|
BM1 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
CM1 CM2 CM6
|
Demostrar habilidades no manexo de procesos participativos a través de técnicas concretas |
AP2 AP3 AP7
|
BM1 BM5 BM7 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
CM1 CM2 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Planificación estratéxica e cultura participativa |
1.1. Cidadanía e políticas públicas
1.2. Participación cidadá e desenvolvemento comunitario
1.3. Planificación estratéxica: dimensión conceptual e eixes de desenvolvemento. |
2. Metodoloxías participaticas |
2.1. Análise da realidade
2.2. Formulación e avaliación do plan estratéxico
2.3. Modalidades de planificación: plan de caso, marco lóxico, axenda 21, orzamentos participativos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A3 B1 B12 B14 B16 C6 |
10 |
32 |
42 |
Discusión dirixida |
A2 B1 B7 B12 B13 B14 B15 C1 C2 C6 |
10 |
0 |
10 |
Estudo de casos |
A2 A3 A7 B1 B13 B14 C2 C6 |
10 |
0 |
10 |
Seminario |
A3 C2 C6 |
10 |
0 |
10 |
Proba de ensaio |
B1 C2 |
0 |
32.5 |
32.5 |
Presentación oral |
B5 B7 B15 |
2 |
4 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Discusión dirixida |
En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa. |
Estudo de casos |
Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias socioeducativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario. |
Proba de ensaio |
Busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando a capacidade de razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), creatividade e orixinalidade, espírito crítico, síntese, precisión conceptual e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
|
Presentación oral |
Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba de ensaio |
|
Descrición |
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais relacionáse coa necesidade dun seguimento do traballo do alumnado cando se empregan as metodoloxías sinaladas, e, ten especial relevancia na conexión das actividades relacionadas coas clases interactivas e expositivas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
B5 B7 B15 |
Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada. |
10 |
Proba de ensaio |
B1 C2 |
Implica un estudo amplo e profundo das cuestións clave abardadas na materia, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Valoraranse as capacidades de razoamento (argumentación, sinerxías...), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico, precisión conceptual e calidade da redacción, empregando unha linguaxe propia do contexto disciplinar. |
70 |
Seminario |
A3 C2 C6 |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Esixe un traballo previo individual e autónomo sobre os documentos, así como a asistencia e participación na aula, formulando preguntas, explorando contradicións, achegando argumentos... co obxectivo de favorecer a reflexión crítica e a comprensión.
Valorarase o grao de participación, a calidade das achegas, a capacidade de crítica e reflexión. |
20 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- AA.VV. (1992). Guía metodológica de apoyo a proyectos y
acciones para el desarrollo . Madrid: IEPALA
- AA.VV. (2010). La Democracia en Acción: Una visión
desde las metodologías participativas. Madrid: Antígona
- ANDER- EGG, Ezequiel (2007). Introducción a la
planificación estratégica. Buenos Aires: Lumen
- BLANCO, Ismael e GOMÁ, Ricard (coords) (2002).
Gobiernos locales y redes participativas. Barcelona: Ariel
- CABALLO VILLAR, MB e FRAGUELA VALE, R (coords) (2007).
A investigación-acción participativa no quefacer municipal . A Coruña:
Deputación Provincial
- CAMPO, Alejandro (2012). Herramientas para directivos
escolares II. Madrid: Wolters Kluwer
- COLINO, César e DEL PINO, Eloisa (2003). “Un fantasma
recorre Europa: Renovación democrática mediante iniciativas de promoción
participativa en los gobiernos locales”. Ponencia presentada a las II
Jornadas del Comité de Investigación en Soci. http://www.fes-web.org/sociopolitica/paginas/2jornadas.htm
- DE LA RIVA, Fernando (2003). Metodologías de análisis
de la realidad global y local. Plataforma para la Promoción del
Voluntariado en España
- FONT, Nuria; SUBIRATS, Joan (2000). Local y sostenible
la Agenda 21 Local en España . Barcelona: Icaria
- GANUZA, Ernesto e ÁLVAREZ, Carlos (coord.) (2003).
Democracia y presupuestos participativos. Barcelona: Icaria
- GÓMEZ GALÁN, Manuel (2003). Orientaciones para la
aplicación del enfoque del marco lógico: errores frecuentes y sugerencias
para evitarlos. Madrid: CIDEAL
- ICLEI (). Guía europea para la planificación de las Agendas
21 Locales. Bilbao: Bakez
- MARCHIONI, Marco (2006). “Democracia participativa y de
la crisis política. La experiencia de los planes comunitarios”. Cuadernos
de Trabajo Social, 19, 213-224.
- MARTÍNEZ LÓPEZ, Miguel (2007). Complejidad y participación:
la senda de la invención estratégica. Política y Sociedad, Vol. 44.
- MÚJICA, Marta; GÓMEZ-LIMÓM, Javier (2002). Plan de
acción para los espacios naturales protegidos del Estado Español. Madrid:
Europarc
- PEREZ RÚA, M; CABALLO VILLAR,MB e MONTERO SOUTO
(coords) (2006). Asociacionismo e participación cidadá: análise e
propostas. A Coruña: Deputación Provincial
- POSE,H e FRAGUELA, R (coords) (2006 ). Planificación
estratéxico en cultura . A Coruña: Deputación Provincial
- VILLASANTE, Tomás; MONTAÑÉS Manuel e MARTÍN, Pedro
(coord.) (2001). Prácticas locales de creatividad social. Construyendo
ciudadanía/2.. Barcelona: El Viejo Topo
- VILLASANTES, Tomás e GARRIDO Fco. Javier (coords.)
(2002). Metodologías y presupuestos participativos. Madrid: IEPALA, CIMAS
- VILLASANTE, Tomás (2013). ¿Hay ingeniería social en los
movimientos y en los procesos sociales? http://www.redcimas.org/biblioteca/teoria-y-epistemologia/
- WEISSMANN, Hilda; LLABRÉS, Antonia (2001). Guia para
hacer la Agenda 21 Escolar. Bilbao: Ministerio de Medio Ambiente
Revistas: - Educación Social. Revista de Intervención
Socioeducativa.
- Documentación Social.
- Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria.
- Revista Galega de Educación.
- Revista de CC. Sociales. 
- AmbientalMENTE sustentable.
- Revista Enlace.
- El Viejo Topo 
- Revista Encrucijadas
- Educational Gerontology Journal.
|
Bibliografía complementaria
|
|
CAMACHO, Hugo (2001). El enfoque del marco lógico 10 casos
prácticos : cuaderno para la identificación y diseño de proyectos de
desarrollo. Madrid: CIDEAL RAMÍREZ, Alfredo (2010). Democracia participativa: la democracia
participativa como profundización en la democracia . Valencia: Tirant lo Blanch |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|