Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Educación e linguas en Galicia Código 652601003
Titulación
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 1.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo central a reflexión sobre a relevancia da diversidade lingüística e o papel que o sistema educativo xoga no seu mantemento, coñecer a realidade sociolingüística galega e analizar o papel dos centros de ensino como axentes de planificación lingüística. Por tanto, a través do seu estudo, esta materia pretende incorporar a cultura da planificación e da intervención como factores esenciais da educación.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber deseñar mecanismos de recoñecemento no grupo escolar de preconceptos que conduzan á discriminación (nomeadamente a lingüística) e actuacións para a súa erradicación. AP38
AP38
AP38
CM9
Avaliar criticamente e en grupo as debilidades e as fortalezas dun proxecto lingüístico de centro de ensino real. AP38
AP38
Participar con argumentos sólidos e as claves da redacción académica en discusións dirixidas sobre a situación sociolingüística galega, os modelos de educación plurilingüe e o papel dos centros de ensino na planificación lingüística. AP38
AP38
AP38
A través das lecturas recomendadas, comprender a situación sociolingüística galega e coñecer a lexislación vigorante referida ao ensino das linguas en Galicia, mantendo un espírito crítico e comprometido cos valores de xustiza e equidade, asumindo a necesidade de actualización profesional ao longo da vida. AP38
CM9
CM9
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
Para que serve a educación?
Como apostamos polo plurilingüismo?
A situación sociolingüística da lingua galega Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega
As linguas no sistema educativo A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos
O papel dos centros educativos na planificación lingüística A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Foro virtual A13 A14 C4 C7 0.5 4 4.5
Proba mixta A9 A10 A13 0 4 4
Lecturas A10 A13 1 13.5 14.5
Sesión maxistral A13 3.5 0 3.5
Estudo de casos A10 A13 A14 11 0 11

Atención personalizada 0 0 0

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Existirá un caderno dixital para comentaren os/as estudantes as sesións e debater sobre as lecturas e os temas principais que se abordaren na aula.
Proba mixta Existirá unha proba obxectiva final, con contidos fundamentalmente prácticos, que o alumnado deberá superar con, cando menos, un catro para lle facer media co resto das cualificacións obtidas durante o curso.
Lecturas O alumnado deberá demostrar a comprensión das lecturas obrigatorias a través da súa participación no caderno dixital.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Estudo de casos Na aula estudaranse diversos supostos prácticos para responder á hetoxeneidade de centros e de situacións sociolingüística.

Atención personalizada
Metodoloxías
Foro virtual
Descrición
O docente fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia mentres esta se desenvolver.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Lecturas A10 A13 Elaboración de informes e participación nas discusións dirixidas con argumentos apoiados nas lecturas. 10
Estudo de casos A10 A13 A14 Elaboración de supostos prácticos, individual e grupalmente. 30
Proba mixta A9 A10 A13 Realización dunha proba final 30
Foro virtual A13 A14 C4 C7 Participación no caderno dixital 30

Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas actividades que non tiveren superadas.

Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non realizar os estudos de casos e/ou a proba obxectiva.

Fontes de información
Bibliografía básica Iglesias Álvarez (2012). "Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usos", A letra miúda nº 1 (2012).. Compostela: GENDL
Asorey Vidal (). "O ensino en territorios con conflicto lingüístico", Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo, 897-904.
Subiela e Fente (2012). "Reflexións relativas á elaboración participativa dun marco de planificación lingüística dos centros de ensino", en A letra miúda nº 1. Compostela: GENDL
Skutnabb-Kangas, T. (2011). "Resultados de crecementismo e a homoxeneización lingüística no ensino. Quen posúe os coñecementos máis válidos?" en Lingua e Ecoloxía. VIII Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacíóns sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2007). Planificacion linguistica nos centros de ensino 2007. Compostela: Xunta de Galicia

Bibliografía complementaria Silva Valdivia, B. (2008). Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro . Vigo: Galaxia
García Plata, Ignasi (). "A planificacio?n lingüística nos centros de ensino. A experiencia de Catalunya", A letra miúda nº 2, Revista de sociolingüística da CGENDL . Compostela: GENDL
Subiela, X. (2009). "Democracia e política lingüística en Galiza", en Monteagudo (coord.) Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Compostela: Consello da Cultura Galega
Calvet, L.J. (1995). A guerra das linguas e as políticas lingüísticas. Compostela: Laiovento
Silva Valdivia, B. (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Santiago: Universidade
Moreno Cabrera, J. C. (2006). De Babel a Pentecostés. Manifesto plurilingüísta. Barcelona: Horsoni
Ponencia de lingua do Consello da Cultura Galega (1999). Dereitos lingüísticos. Compostela: Consello da Cultura Galega
Díaz García et ali (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas . Santa Comba: tresCtres
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2002 [1997]). Lingua galega: normalidade e conflito. Ames: Laiovento
Skutnabb-Kangas, T. (2000). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights?. New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates
García Negro, Mª do Pilar (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Pontevedra: Cumio
Monteagudo, H. /Bouzada, X. (2002). O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). Vol. II. Educación . Compostela: Consello da Cultura Galega
Sanmartin Rei, G. (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías