Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía Código 652602E31
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
Correo electrónico
pilar.anta@udc.es
Profesorado
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
Correo electrónico
pilar.anta@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Esta materia pretende achegar os actuáis recursos de innovación educativa aos futuros docentes así como introducir as novas tecnoloxías e aplicacións coas que elaborar e desenvolver materiais didácticos na aula.

Competencias do título
Código Competencias do título
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e empregar ferramentas técnicas para a elaboración de materiais didácticos para o ensino-aprendizaxe da Tecnoloxía. AP23
AP25
CM3
CM6
Deseñar, elaborar e avaliar proxectos educativos innoadores. AP26
AP28
CM3
Coñecer os organismos que aglutinan os traballos e proxectos recentes sobre innovación e investigación educativa e como funcionan. AP25
Aproveitar os recursos que ofrecen os diversos organismos educativos que aglutinan traballos e proxectos recentes sobre innovación e investigación educativa para elaborar materiais didácticos. AP23
CM3
CM6
Valorar as distintas posibilidades de difusión dos materiais didácticos creados a través da rede. AP26
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
A investigación nas áreas e materias propias da especialidade de Tecnoloxía A situación actual dos proxectos educativos en Tecnoloxía.
As aportacións dos organismos oficiais.
Recursos para o deseño de Proxectos de innovación en Tecnoloxía. Posibilidades cara ao deseño de actividades de aula.
Estratexias de avaliación de propostas innovadoras no ensino da Tecnoloxía.
Proxectos de innovación. Características.
A integración das TIC na aula.
Avaliación dos proxectos de innovación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A25 1 0 1
Traballos tutelados A25 A26 A28 C3 6 24 30
Foro virtual A23 1 3 4
Discusión dirixida A26 C6 4 0 4
Estudo de casos A25 A26 A28 C3 1 4 5
Lecturas A25 A28 1 5 6
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos polo profesor abordando.
O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes:
1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado,
2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso
3. avaliación dos proxectos estudados
4. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía
5. conclusións finais
6. referencias bibliográficas
Os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
Foro virtual Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas para a discusión dirixida.
Discusión dirixida Actividade a realizar como síntese, despois da realización e entrega dos traballos tutelados.
Realizarase unha posta en común e discusión, guiada polo docente, por parte dos distintos grupos sobre os traballos realizados.
Servirá como retroalimentación das aprendizaxes.
Estudo de casos Análise de proxectos de innovación que se estean poñendo en práctica na actualidade, de cara á realización dos traballos tutelados, da participación nos foros e á discusión dirixida.
Lecturas Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Foro virtual
Estudo de casos
Descrición
Resolver dúbidas do alumnado en modalidade presencial, a través de titorías previamente solicitadas, ou modalidade virtual, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.

Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A25 A26 A28 C3 Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos polo profesor abordando.
O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes:
1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado,
2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso
3. avaliación dos proxectos estudados
4. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía
5. conclusións finais
Os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
Cada alumno identificará claramente a súa responsabilidade dentro do traballo entregado, de xeito que se poda avaliar o seu traballo desde unha perspectiva individual e outra colaborativa. Tendo cada unha delas un 50% de peso na cualificación final.
60
Foro virtual A23 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Valorarase tanto a participación individual para a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre recursos TIC como a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final.
10
Discusión dirixida A26 C6 A valoración desta proba será individual.
O alumnado deberá entregar previamente os traballos elaborados para que a docente poida preparar a discusión, de xeito que lanzará preguntas para valorar o coñecemento e reflexión sobre o propio traballo e as aportacións ás dos compañeiros.
30
 
Observacións avaliación
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traallos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5). Se o alumno non acada o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.
O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou de non presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados:
- No foro virtual
- Nos traballos tutelados
- Na discusión dirixida
Importante ter en conta que os contidos de todos os traballos tutelados realizados serán obxecto da avaliación, xa que todo alumno debe participar neles a través do foro virtual e da discusión dirixida. Ademais todos eles serán publicados pola docente na aula virtual e estarán a disposición dos estudantes.

Fontes de información
Bibliografía básica Zabala, A. e Arnau, L. (2007). 11 ideas clave Como aprender y enseñar competencias. Barcelona: Graó
Bautista, J. (12-6-2015). El ABC del Aprendizaje Basado en Competencias . http://info.shiftelearning.com/blogshift/el-abc-del-aprendizaje-basado-en-competencias
Area, M. y Adell, J (2010). eLearning: Enseñar y aprender en espacios virtuales. En J. De Pablos (Coord): Tecnología Educativa. La formación del profesorado en la era de Internet. Malaga: Aljibe
Mendina R (2012). Guías Zerbikas 5 Aprendizaje y servicio solidario, un proyecto integrado de aprendizaje.. Bilbao Zerbikas Fundazioa
Rodríguez, J. L. et al (2005). Internet y copetencias básicas: aprender a colaborar, a comunicarse, a participar, a aprender.. Barcelona: Graó
Cervera, D. (2010). Tecnología. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria/652602211
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria/652602222

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E1I2

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías