Identifying Data 2015/16
Subject (*) Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria Code 652608823
Study programme
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatoria 4
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas
Coordinador
Cano López, Pablo
E-mail
pablo.cano@udc.es
Lecturers
Cano López, Pablo
Muriano Rodríguez, María Montserrat
E-mail
pablo.cano@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
Web
General description Con esta materia propoñémonos ofrecer orientacións sobre as vías de acceso ao exercicio profesional e, sobre todo, algúns criterios e modelos para o exercicio dos labores de programación e avaliación, que constitúen a cerna da profesión docente. Non temos, por suposto, a pretensión de receitar remedios específicos para todos e cada un dos problemas profesionais cos que ten que enfrontarse un docente. Se existen «fármacos» tales (cousa improbable, polo demais), nós ignoramos as súas fórmulas... O noso obxectivo é ben máis modesto. Consiste, por así o dicir, en botar a semente da reflexión metodolóxica, tanto máis necesaria canto máis precaria é a posición do docente nas aulas e menos segura a boa disposición do estudantado. Estamos certos de que, se nós logramos plantala, os nosos alumnos serán quen a facer que xermole e prenda, que é, no fin de contas, o que máis importa.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A20 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A27 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Os/as estudantes deben demostrar coñecemento teórico e dominio práctico dos principios e criterios que presiden o proceso de desenvolvemento e concreción do currículo (con especial atención aos que se refiren ao deseño de unidades didácticas, que e a súa derradeira fase). AJ20
AJ21
AJ27
CC1
CC3
CC4
CC6
Os/as estudantes deben familiarizarse coas concepcións «modernas» da avaliación, as cales, no canto de a reducir ao mero acto de corrixir e puntuar, prefiren contemplala como unha práctica que precede, acompaña e segue ao proceso de ensinanza-aprendizaxe (e que, por tanto, axuda a planificalo, a xestionalo e, por suposto, a valorar os seus resultados e extraer leccións para o porvir). AJ24
CC1
CC3
CC4
CC6
Os/as estudantes deben achegarse ao problema das adaptacións curriculares, facendo seus os valores que subxacen a elas (respecto da diferenza, consideración por «o outro») e asimilando (reflexiva e mesmo criticamente, de ser preciso) algunhas das pautas e suxestións que para levalas a cabo propoñen os especialistas en orientación educativa. AJ20
AJ21
AJ27
CC1
CC3
CC4
CC6
Os/as estudantes deben coñecer, grosso modo, as etapas do proceso de selección do persoal docente dos centros de titularidade pública, tomando conciencia dos principios que o presiden (igualdade, mérito, capacidade) e establecendo as oportunas comparacións cos procedementos en uso nos países do noso contorno. CC1
CC3
CC4

Contents
Topic Sub-topic
Parte de Lingua e literatura castelá
(Prof. Pablo Cano López)
1. LIMIAR: REPASO DE CONCEPTOS FUNDAMENTAIS
1. 1. A noción de currículum
1. 2. Os niveis de concreción curricular no sistema educativo español
2. O DOCENTE PLANIFICA
2. 1. A programación de aula: que é?, que criterios presiden a súa elaboración?
2. 2. As unidades didácticas: que son?, como se deseñan?, cales son as condicións xerais que deben satisfacer?
3. O DOCENTE OBSERVA E VALORA
3. 1. Ideas: a avaliación
3. 1. 1. Concepto e tipos
3. 1. 2. Obxectivos, criterios e instrumentos
3. 2. Actos: que e como adoitamos avaliar os docentes de Lingua castelá e literatura?
3. 3. Propósitos: que e como debemos avaliar os docente de Lingua castelá e literatura
4. APÉNDICE: DE GRADUADO EN LINGUA E LITERATURA CASTELÁ A TRABALLADOR DO ENSINO
4. 1. O estatus laboral do docente na escola pública española
4. 2. Vías de acceso ao exercicio profesional
Parte de Lingua e literatura galega
(Prof.ª Montse Muriano Rodríguez)
1. CUESTIÓNS PREVIAS SOBRE O ENSINO DA LINGUA E A LITERATURA NO CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO GALEGO.
1.1. Avaliamos as nosas competencias.
1.2. Exploramos recursos. As TIC ao servizo do docente e do alumnado.
1.3. Coñecemos o marco lexislativo do ensino secundario en Galicia.
2. A PROGRAMACIÓN EN LINGUA E LITERATURA GALEGA
2.1. A programación no ámbito editorial.
2.2. A programación dos departamentos de lingua e literatura galega dos centros.
3. A PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS NA AULA. O OBRADOIRO LITERARIO
3.1. O obradoiro literario no currículo.
3.2. Planificación do obradoiro.
3.3. Avaliación do obradoiro.
4. APROXIMACIÓN METODOLÓXICA E INCORPORACIÓN DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA AULA.
4.1. A literatura infantil e xuvenil como parte do currículo?
4.2. Propostas de animación á lectura na aula de secundaria e bacharelato.
4.3. Análise de experiencias reais e os seus resultados.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 3 15 18
Guest lecture / keynote speech A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 3 15 18
Workshop A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 20 40 60
Long answer / essay questions A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 1 1 2
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Os docentes farán unha descrición sucinta da materia e dos instrumentos bibliográficos pertinentes; a continuación, para saberen cómo encarar e planificar su labor docente, sondarán as ideas previas do alumnado por medio de preguntas e problemas.
Guest lecture / keynote speech Os docentes farán unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares da materia, esforzándose en todo momento por poñer de manifesto que as disquisicións teóricas non son simples logomaquias, senón que teñen gran relevancia para a planificación do traballo de aula. Que é a teoría de hoxe senón o que fica tras someter a práctica de onte a un proceso —descúlpese a metáfora— de filtrado e refinado?
Workshop Os docentes requirirán dos/as estudantes unha constante participación en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente.
Long answer / essay questions Nun exercicio que terá lugar en data e hora sinaladas con antelación abonda, os/as estudantes deberán mostrar o seu grado de asimilación das nocións que se lles presentaron e, sobre todo, das pautas que se lles ofreceron ao longo da materia.

Personalized attention
Methodologies
Introductory activities
Workshop
Description
Observación e formación doa alumnado en virtude da súa asistencia e compromiso coa cadeira

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Introductory activities A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Ao dito no apartado de «Metodoloxía» engadimos unha advertencia de obrigada lectura: a quen non asistise regularmente non lle serán valoradas as achegas que puidese facer no marco das actividades iniciais. 20
Workshop A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Ao dito no apartado de «Metodoloxía» engadimos unha advertencia de obrigada lectura: a quen non asistise regularmente non lle serán valoradas as achegas que puidese facer no marco dos obradoiros. 20
Long answer / essay questions A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Nada que engadir ao que se dixo no apartado de «Metodoloxía». 60
 
Assessment comments

Sources of information
Basic

Parte de lingua e literatura castelá (Prof. Pablo Cano López)

Cassany, D. et alii (2007). Enseñar lengua (14.ª ed.). Barcelona: Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Barcelona: Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011b). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.

Sevillano, M.ª L. et alii (2011). Programar en Primaria y en Secundaria. Estrategias y procesos. Madrid: Pearson.

Parte de lingua e literatura galega (Prof.ª Montse Muriano Rodríguez)

Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil (2.ª ed.). Madrid: Síntesis.

Jover, G. (2007). Un mundo por leer. Madrid: Octaedro.

Jover, G. (Coord.) (2009). Sentirse raro. Miradas sobre la adolescencia. Málaga: Junta de Andalucía. Dispoñible en: http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/abaco-portlet/content/015af83c-3362-4f74-929c-af321e6e6f36.

Pérez-Corbacho, J. (coord.) (2005). Cómo hacer programación didáctica y unidades didácticas: muestra de unidades (castellano, catalán, gallego e inglés). Granada: Grupo Editorial Universitario., 

Rodari, G. (2013). Gramática da fantasía: introdución á arte de contar historias (S. Gaspar, trad.) (2ª ed.). Pontevedra: Kalandraka.

Roig Rechou, B. A. (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Xerais.

Marco normativo e cuestións conexas

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación [texto consolidado]. Dispoñible en: http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2006-7899.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. Boletín Oficial del Estado, 295 (10-12-2013). Dispoñible en: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-12886.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 3 (3-1-2015). Dispoñible en: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-37.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 25 (29-1-2015). Dispoñible en: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-738.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 120 (29-6-2015). Dispoñible en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164-260615-0002_gl.html.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Habilitacións: habilitacións para a docencia en centros privados. URL: https://www.edu.xunta.es/habilitacions/.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Oposicións: xestión de oposicións e tribunais. URL: https://www.edu.xunta.es/oposicions/PaxinaInicio.do.

Complementary

Biblioteca Nacional de España, Gobierno de España, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Literatura infantil y juvenil. Guía de recursos bibliográficos. URL: http://www.bne.es/permalink/bdcfa61a-3831-11e0-80cd-0018fe323fc3.html.

Centro Virtual Miguel de Cervantes. Biblioteca de literatura infantil y juvenil. URL: http://www.cervantesvirtual.com/seccion/bibinfantil/.

CLIJ. Cuadernos de literatura infantil y juvenil. URL: http://www.revistaclij.com/.

Criaturas. Revista dixital de literatura infantil e xuvenil. URL: http://www.criaturas.gal/.

Fraga, A. M. (Coord.) (2015). Libros infantís e xuvenís de Galicia 2015. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Dispoñible en: http://www.cultura.gal/sites/default/files/documents/publicacion/libros_infantis_e_xuvenis_de_galicia_2015.9.5mb.pdf.

Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). URL: http://www.galix.org/.

González Guerra, A. e Ogando Valcárcel (s. d.). Galego: exercicios e pseudónimos. URL: http://ogalego.eu/.

Guerrero Ruiz, P. e Caro Valverde, M.ª T. (Coords.) (2015). Didáctica de la Lengua y Educación Literaria. Madrid: Pirámide.

International Board on Books for Young People. URL: http://www.ibby.org/.

Lomas, C. (1999). Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós.

Lomas, C. e Osoro, A. (Comps.) (1993). El enfoque comunicativo en la enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós.

Lomas, C. et alii (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós.

López Valero, A. e Encabo Fernández, E. (2001). El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario.

López Valero, A. e Encabo Fernández, E. (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Barcelona: Octaedro.

Martín Vegas, R. A. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis.

Mendoza Fillola, A. et alii (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal.

Mendoza Fillola, A. (Coord.) (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori.

Mendoza Fillola, A. (Coord.) (2003). Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Madrid: Pearson.

Onrubia Goñi, J. (Coord.) (2004). Criterios psicopedagógicos y recursos para atender la diversidad en Secundaria. Barcelona: Graó.

Pérez Esteve, P. e Zayas, F. (2007). Competencia en comunicación lingüística. Madrid: Alianza Editorial.

Pizca de Papel. Web especializada en Literatura infantil y juvenil. URL: http://elblogdepizcadepapel.blogspot.com.es/.

Prado Aragonés, J. (2011). Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI (2.ª ed.). Madrid: La Muralla.

Revista Babar. URL: http://revistababar.com/web/.

Serrano, J. e Enrique Martínez, J. (Coords.) (1997). Didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: Oikos-Tau.

Unamuno, V. (2003). Lengua,escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona: Graó.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.