Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Didáctica da expresión musical Código 652G01023
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura está encaminada a proporcionar a los graduados en Educación Infantil los fundamentos psicopedagógicos, las estrategias didácticas y los procedimientos necesarios para programar los contenidos Musicales del currículo de Educación Infantil.

Competencias do título
Código Competencias do título
A53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
B1 Aprender a aprender.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal. A54
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. A55
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. A57
Aprender a aprender. B1
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. B22
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A53
Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade. A56

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. Audición: Coñecemento dos elementos que constitúen a manifestación musical a través da práctica auditiva. 1.1. Calidades do son
1.2. Elementos constitutivos da música tonal occidental.
1.2.1. Ritmo.
1.2.2. Melodía.
1.2.3. Harmonía.
1.2.4. Forma.
1.3. Análise auditivo da sonoridade.
1.3.1. Timbre.
1.3.2. Dinámica.
1.3.3. Textura.
1.4. Realización de dictados.
1.4.1. Melódicos.
1.4.2. Rítmicos.
1.4.3. Mixtos.
MÓDULO II: Práctica vogal-instrumental. 2. 1. Individual.
2.1.1. Interpretación de cancións.
2.1.2. Realización de ritmos con percusión corporal.
2.1.3. Interpretación de melodías na frauta doce.
2.1.4. Realización de acompañamentos harmónicos básicos en instrumentos polifónicos.
2.2. Colectiva.
2.2.1. Fundamentos do canto coral.
2.2.2. Grupo instrumental mixto.
2.2.3. Improvisación.
MÓDULO IV. Música, movemento e xogo. Integración de diferentes recursos na expresión musical. 4.1. Representación espacial do son.
4.2. Creación e aprendizaxe de coreografías.
4.3. O conto musicalizado.
4.4. O xogo musical
4.5. O teatro musical.
MÓDULO V: Bases teóricas. Estudio das mais importantes liñas da pedagoxía musical xurdidas no século XX 5.1. Métodos relevantes del século XX, entre outros:
5.1.1. Emile Jaques-Dalcroze.
5.1.2. Zoltán Kodály.
5.1.3. Carl Orff.
5.1.4. Edgar Willems.
5.1.5. Justine B. Ward.
5.1.6. Shinichi Suzuki.
5.2. Novos enfoques do ensino musical, entre outros:
5.2.1. David J.Hargreaves.
5.2.2. Keith Swanwick.
5.2.3. Elliot David J.
5.2.4. Lucy Green
5.2.5. David K. Lines
MODULO VI: Introdución ás TIC e ás novas tecnoloxías aplicadas ao ensino musical. 6.1. Secuenciación MIDI.
6.2. Edición de partituras.
6.3. Edición de audio.
6.4. Transferencia de arquivos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A55 A56 B1 B22 B25 4 20 24
Proba mixta A53 A57 1 2 3
Obradoiro A54 A57 B1 20 20 40
Investigación (Proxecto de investigación) A57 C3 C7 C8 1 18 19
Actividades iniciais B1 C7 6 0 6
Sesión maxistral A53 A57 B1 B22 C7 16 32 48
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable.
Estas propostas poderán ter o apoio dos seguintes recursos:
1. Musicalización de textos, dramatización musical e creación de xogos musicais.
2. Interpretación de pezas vogais, instrumentais e mixtas.
3. Empleo de playback, audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
Os traballos serán realizados por grupos de cinco membros como máximo, e para que sexan válidos deberán responder aos obxectivos e contidos da materia.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental (tanto de modo individual como colectivo).
3. Elementos básicos de dirección vocal e instrumental.
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Investigación (Proxecto de investigación) Indicarase un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profesor/a guiarán ao alumnado no proceso de realización. Indicaranse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Obradoiro
Proba mixta
Traballos tutelados
Investigación (Proxecto de investigación)
Sesión maxistral
Descrición
Orientación e seguimento por parte do profesor/a tanto en horas de clase coma de titoría. Con isto preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A54 A57 B1 Dado que se trata dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados.
Será necesario ter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter un 5 neste apartado, polo que implica a obrigatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado.
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1 punto por cada asistencia, podendo chegar á máxima calificación coa asistencia ás 15 clases do cuadrimestre.
En caso de situacións excepcionais, poderase recuperar algunha clase previo consenso có profesorado.
15
Proba mixta A53 A57 Realizaránse as seguintes probas prácticas:
1.1. Lectura musical (25%)
1.2. Dictado musical (15%).
1.3. Entoación vocal. (30%).
1.4. Interpretación con frauta doce. (30%).
30
Traballos tutelados A55 A56 B1 B22 B25 Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá as dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable. Teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade.
2. Creatividade.
3. Utilidade práctica e viabilidade.
4. Coherencia cos obxectivos e contidos da materia
20
Investigación (Proxecto de investigación) A57 C3 C7 C8 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia no que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso axeitado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
10
Sesión maxistral A53 A57 B1 B22 C7 Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes xeito de comprobar se a aprendizaxe foi significativa. Para elo empregaranse diferentes tipos de probas:
1.1. Probas de resposta breve.
1.2. Preguntas tipo test.
1.3. Preguntas abertas.
1.4. Exercicios prácticos.


25
 
Observacións avaliación


 Observaciones de evaluación

Para aprobar a asignatura cómpre superar cada un dos anteriores apartados e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada un dos exames da proba mixta. No alumnado que de xeito debidamente xustificado non poda realizar as prácticas instrumentais, deberá realizar unha proba dos contidos traballados na aula. Debido a que parte desta materia consiste na interpretación instrumental e vogal en grupo,  o alumno que reúna os requisitos para considerarse non presencial deberá acudir á proba acompañado como mínimo de catro persoas.  No caso de no ser posible isto, presentará o acompañamento das pezas do programa en calquera formato dixital dos que se contemplan nos contidos da materia.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas, de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de riscaduras, etc. Todo elo supondrá reducción de puntos da nota obtida.

Se fará especial fincapé no coidado do medio ambiente en pro dunha educación  e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregrase material de refugallo e evitarase o uso de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Os traballo serán enviados  exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se utilizarán plásticos, se elixirá a impresión a dobre cara, e empregarase papel reciclado e evitarase imprimir borradores.





Fontes de información
Bibliografía básica

ALSINA. P. (1999). El área de educación musical. Barcelona: Graó.

ALSINA, P., Díaz, M., GIRÁLDEZ, A. e Ibarretxe, G. (2010). 10 ideas clave: El aprendizaje creativo. Barcelona: Graó

CHAO FERNÁNDEZ; R. (2005). Fundamentos didácticos de los métodos pedagógicos del siglo XX a la actualidad. Vilalba: Conservatorio Municipal.

DÍAZ, M. y GIRÁLDEZ, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Una selección de autores relevantes. Barcelona: Graó.

DÍAZ, M. y RIAÑO, M. (Coords.) (2007). Creatividad en educación musical. Santander: Universidad de Cantabria. Servicio de Publicaciones.

DÍAZ, M. (2002). “La música en el currículum de primaria”. En Aula 112, junio. Barcelona: Grao. 

DOMEQUE, M., LAGARRIGA, E. y SEGALÉS, E. (1988). Audición musical. Barcelona: Teide.

EISNER, E. (2004). El arte y la creación de la mente. Barcelona: Paidós.

ELLIOT, D. (Ed.) (2005). Praxial Music Education: reflections and dialogues. Oxford: University Press.

FORRAI K., FRISS G. y OTROS. (1981). Educación musical en Hungría. (Revisión española de M. Angulo). Madrid: Real Musical.

GARCÍA, P. y ESTEBARANZ, A. (2005). Innovación y creatividad en la enseñanza musical. Barcelona: Octaedro.

GARDNER, H. (2005). Inteligencias múltiples. La teoría en la práctica. Buenos Aires: Paidós

GIRÁLDEZ, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.

GIRÁLDEZ, A. (2007). La competencia cultural y artística. Madrid: Alianza.

GIRÁLDEZ, A. (2010). (Coord.). Música. Complementos de formación disciplinar. Vol. I. Barcelona: Graó.

GIRÁLDEZ, A. (2010). (Coord.). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.

GIRÁLDEZ, A. (Coord.) (2011). Didáctica de la música. Barcelona: Graó.

GÓMEZ ALEMANY, I. y VILAR MONMANY, M. (2003). “Diez años de formación de maestros de música”. En Eufonía nº 28. Barcelona: Grao.

GRAEME, F. (2003). Arte, educación y diversidad cultural. Barcelona: Paidós.

GREEN, L. (2001). Música, género y educación. Madrid: Morata.

HARGREAVES, D. (1991). Infancia y educación artística. Madrid: Morata.

HARGREAVES, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.

HEGYI, E. (1999). Método Kodály de solfeo vol. I y II. Madrid: Pirámide.

HEMSI DE GAÍNZA, V. (2002). Música: amor y conflicto. Diez estudios de psicopedagogía musical. Buenos Aires: Lumen

HEMSI DE GAÍNZA, V. (2002). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Buenos Aires: Lumen.

HURTADO, J. (2003). “Muchas leyes y pocas notas. Reflexiones de un maestro”. En Eufonía 28.Barcelona: Grao. 

LEVITIN, J. (2008). Tu cerebro y la música. El estudio científico de una obsesión humana. Barcelona: RBA.

LINES, D. (comp.) (2009) La educación musical para el nuevo milenio. Madrid. Morata.

MALAGARRIGA, T. y A. VALLS (2003). La audición musical en la Educación Infantil. Barcelona: Ceac.

MARTENOT, M. (1993). Principios fundamentales de formación musical y su aplicación. Madrid: Rialp.

MARTÍ, J. (2000). Más allá del arte: la música como generadora de realidades sociales. San Cugat del Vallés: Deriva Editorial.

PASCUAL, P. (2006). Didáctica de la música. Madrid: Pearson Prentice Hall

PIERRETTE, M. (1974). Bartók. Madrid: Espasa Calpe S.A.

SACKS, O. (2009). Musicofilia. Relatos de la música y el cerebro. Barcelona: Anagrama.

SANJOSÉ HUGUET, V. (1997). Didáctica de la Expresión Musical para maestros. Valencia: Piles.

SANUY, M. y GONZÁLEZ SARMIENTO, L. (1969). ORFF Shulwert. Música para niños. Introducción. Madrid: Unión Musical Española.

SMALL, CH. (2003). “Exploración, afirmación y celebración”. En Eufonía nº 28. . Barcelona: Grao.

SWANWICK, K. (1991). Música, pensamiento y educación.Madrid: Morata M.E.C.

VÍLCHEZ, L. (2009). La música y su potencial educativo. Madrid: SM.

WARD, J. (1964). Método Ward. Pedagogía musical escolar. París: Desclee & C.

WILLEMS, E. (1979). II ritmo. Brescia: La Scuola.

WILLEMS, E. (1979). Las bases psicológicas de la educación musical. Buenos Aires: Eudeba.

WILLEMS, E. (1994) El valor humano de la educación musical. Barcelona: Lábor.

WILLEMS, E. (2001). El oído musical. La preparación auditiva del niño. Barcelona: Paidós.

WUYTAC, J. (1998). Audición musical activa.  Porto: Associaçao  Wuytack  de Pedagogía Musical.

WUYTACK, J. (1988). Musicograma. Vigo: Asociación de Pedagogía Musical.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías