Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais. |
A6 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe. |
A9 |
Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan. |
A10 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa. |
A11 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula. |
A13 |
Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais. |
A14 |
Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática. |
A15 |
Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais. |
A23 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A24 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar. |
A34 |
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico. |
A35 |
Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos. |
A40 |
Formular e resolver problemas vinculados coa vida cotiá. |
A64 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. |
A68 |
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os principais debates teóricos e principais autores responsables de teorías sociolóxicas sobre a educación |
A2 A6 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A23 A34 A35 A40 A64 A68
|
B1 B3 B8 B9 B15 B16 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25
|
C4 C6 C7 C8
|
Coñecer os principais as principais correntes e debates sociais entorno á educación no século XXI |
A2 A6 A10 A13 A14 A15 A23 A24 A34 A35 A40 A64 A68
|
B1 B3 B8 B9 B15 B16 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25
|
C4 C6 C7 C8
|
Aplicar de forma inicial técnicas de investigación social para a recollida e análise da información |
A2 A6 A9 A10 A11 A13 A14 A23 A34 A40 A64 A68
|
B15 B16
|
C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. INTRODUCIÓN: A SOCIOLOXÍA COMO CIENCIA |
1.1. A socioloxía como ciencia social
1.2. Comprensión e definicións de Socioloxía: a perspectiva sociolóxica
1.3. As orixes da socioloxía: contexto histórico
1.4. Primeiros pensadores e principais paradigmas teóricos
1.5. Metodoloxía da investigación sociolóxica: principios básicos
1.5.1. Métodos de investigación en ciencias sociais
1.5.2. Técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social
1.5.3. Como se elabora un proxecto de investigación social |
TEMA 2. A CIENCIA SOCIOLÓXICA E A súa APLICACIÓN Á EDUCACIÓN |
2.1. O estudo sociolóxico da educación: relacións entre sociedade, socioloxía e socioloxía da educación
2.2. Escolas e perspectivas da socioloxía da educación
2.2.1. As achegas dos clásicos
2.2.2. Teorías sociolóxicas contemporáneas
|
TEMA 3. CULTURA, SOCIALIZACIÓN E ESCOLA |
3.1. Individuo, cultura e sociedade
3.1.1. Noción sociolóxica de cultura
3.2. Cultura e educación
3.3. Diversidade cultural e educación: a escola fronte á multiculturalidad
3.2. O proceso de socialización
3.2.1. Definición e concepto
3.2.2. Os axentes ou contextos de socialización
3.3. A socialización escolar
3.4. Funcións sociais da escola |
TEMA 4. ESTRATIFICACION SOCIAL, MOBILIDADE SOCIAL E EDUCACIÓN |
4.1. Principais sistemas de estratificación social
4.2. Principais teorías sociolóxicas sobre a estratificación
4.3. Mobilidade social e educación
4.5. Desigualdades de clase, xénero e etnia en educación
|
TEMA 5. INSTITUCIÓN EDUCATIVA, ECONOMÍA E EMPREGO |
5.1. Sistemas económicos e educación
5.1.1. A intervención estatal no sistema educativo
5.1.2. Globalización dos sistemas económicos e educativos: A teoría do capital social
5.2. Do sistema educativo ao mercado de traballo
5.2.1. Modelos explicativos da relación entre emprego e educación
5.2.1. A sobrecualificación
5.3. Conceptualización do abandono escolar
|
TEMA 6. SOCIOLOXÍA DO PROFESORADO E DO ALUMNADO |
6.1. O profesorado
6.1.1. O profesorado como categoría social
6.1.2. O profesorado como grupo de status
6.1.3. O profesorado como axente educativo
6.2. O alumnado
6.2.1. A condición de estudante
6.2.2. Educación e clase social
6.2.3. As relacións sociais na aula |
TEMA 7. FUNDAMENTOS SOCIAIS DO CURRICULUM |
7.1. Curriculum oculto e curriculum manifesto
7.2. Os enfoques sociolóxicos do currículo escolar
7.2.1. O currículo e a reprodución social
7.2.2. O currículo e a reprodución cultural
7.2.3. Teorías da resistencia e a produción cultural
7.3. Socioloxía, currículo e organización escolar |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A2 A6 A13 A34 B3 B1 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A61 A64 B5 C6 C7 |
4 |
8 |
12 |
Aprendizaxe colaborativa |
A14 A15 A35 A40 B2 B4 B8 B9 B14 B15 |
6 |
6 |
12 |
Discusión dirixida |
A23 A65 C4 |
6 |
0 |
6 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A10 A17 A18 A68 B16 B17 B20 |
6 |
12 |
18 |
Lecturas |
A22 |
2 |
12 |
14 |
Presentación oral |
A11 B23 B25 |
6 |
6 |
12 |
Sesión maxistral |
A24 B18 B21 B22 B24 C8 |
22 |
0 |
22 |
Traballos tutelados |
A7 A9 A19 B6 |
10 |
20 |
30 |
Proba mixta |
B19 |
2 |
18 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación, explicación e/ou aclaracións da Guía Docente da asignatura, e polo tanto, do programa e do plan de traballo: contido, metodoloxía de ensino-aprendizaxe, avaliación, etc... En definitiva, todas aquelas actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe coa finalidade de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Análise de fontes documentais |
Consiste na análise, procura e consulta dos documentos de traballo que recollen os contidos básicos da materia.Esta técnica metodolóxica supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos |
Aprendizaxe colaborativa |
Trátase do conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Supón unha ferramenta de aprendizaxe complementaria ó traballo autónomo e individual do alumno/a. |
Discusión dirixida |
Debates que permitan propiciar a acción participativa do alumnado -que lle xere unha certa “tensión intelectual”-, a través de interrupcións moderadas e organizadas pola profesora, para obter aclaracións nas que o alumnado tamén ten a “corresponsabilidade” de popoñer ou suxerir ideas respecto dos contidos teorico-prácticos que se estean a traballar. Trátase dunha técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Elaboración dun traballo de investigación sociolóxica sobre algunha das temáticas propias desta asignatura. Supón un proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Lecturas |
Propóñense un conxunto de textos e documentación escrita relacionada coa materia que o alumnado deberá ler, analizar, reflexionar, recensionar e/ou engadir como fonte de profundización nos contidos a traballar. |
Presentación oral |
Exposición diante da profesora e dos compañeiros/as, dos traballos de investigación individuais ou en grupo, realizados ó longo do cuadrimestre. Trátase dunha ferramenta do proceso de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Sesión maxistral |
Trátase do que se ven denominando Docencia Expositiva (DE). A dinámica baséase en clases maxistrais que transmitan os coñecementos básicos da asignatura. Polo tanto, falamos da exposición oral na aula dos temas que supoñen o contido teórico da materia. Pero ademáis, preténdese xerar uns mínimos para “poñer a funcionar a aula” e propiciar a acción participativa do alumnado -que lle xere unha certa “tensión intelectual”-, a través de interrupcións moderadas e organizadas pola profesora, para obter aclaracións nas que o alumnado tamén ten a “corresponsabilidade” de popoñer ou suxerir ideas respecto dos contidos teorico-prácticos que se estean a traballar. Trátase de motivar ó alumnado a través da reflexión e o diálogo aberto. Esta exposición oral vese complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”.
|
Traballos tutelados |
Supón o conxunto de prácticas levadas a cabo tanto nas horas presencias da denominada Docencia Interactiva (DI), exercida en grupos reducido (duns 20 alumnos/as), como o material resultado do traballo autónomo non presencial. A DI está concebida para que o alumnado desenvolva, necesaria e obligatoriamente, un traballo previo (lectura de material ad hoc), pero tamén é fundamental a participación activa e o traballo na aula (análise, reflexión, debate, discusión grupal e exposicións dos textos, material audiovisual, etc…). Esta metodoloxía está deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Actividades iniciais |
Análise de fontes documentais |
Aprendizaxe colaborativa |
Discusión dirixida |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Lecturas |
Presentación oral |
Proba mixta |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada realizarase coa finalidade de atender ás necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en grupos pequenos, relacionadas co estudo e os temas vinculados coa materia. Sempre que o alumno/a o considere necesario e cando a profesora o estime oportuno para mellorar o proceso de ensinanza/aprendizaxe, esta actividade desenrólase de forma vía virtual (a través de e-mail), na aula ou nos momentos que a(s) profesora(s) teñen asignados ás titorías de despacho e cuxo horario se comunicará previamente.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A61 A64 B5 C6 C7 |
Leituras de textos e libros relacionados coa temática da materia. |
10 |
Discusión dirixida |
A23 A65 C4 |
Debates na clase acerca dunha determinada temática vinculada coa asignatura. |
5 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A10 A17 A18 A68 B16 B17 B20 |
Realización dunha investigación en grupo sobre temas relacionados coa Socioloxía da Educación. |
15 |
Presentación oral |
A11 B23 B25 |
Presentacións dos traballos realizados ou de comentarios de textos asignados, ao igual que de debates nos que sexa necesario articular unha posición por parte do alumnado. |
5 |
Proba mixta |
B19 |
Trátase dun exame dos contidos da parte expositiva da materia. É necesario lograr un 5 para superar esta sección da materia, e que poida facer media coa avaliación dos contidos prácticos. |
50 |
Traballos tutelados |
A7 A9 A19 B6 |
As sucesivas tarefas que as profesoras no proceso de avaliación continua vaian consignando ao alumnado, e que conten coa dirección e apoio das docentes responsables. |
15 |
|
Observacións avaliación |
A materia consta dunha parte teórica e outra práctica. a) A parte teórica desenvolvida pola profesora en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5. b) A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas pola profesora e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos. c) A distribución da nota final da materia farase da seguinte maneira: 50% parte teórica, 40 % parte práctica e 10 % asistencia e participación en clase. d) Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media. Dado o desenvolvemento presencial da materia, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 por cento das sesións (teóricas e prácticas) de face a permitir un adecuado seguimento e a avaliación continua do alumnado. Os/As alumnos/as que asistisen a menos do 80% das clases deberán acudir a unha tutoría coa profesora e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia, sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final. Dentro dos criterios de avaliación da modalidade de avaliación continua considérase especialmente importante: a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises) b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía. c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o alumno mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). . |
Referencias bibliográficas.
ALMARCHA, A. Cien años de la sociología de la educación en España:1877-1977. En REIS, 2, 115-148.
ALONSO HINOJAL, I., Educación y Sociedad. Las Sociologías de la Educación. CIS. 1991.
BERGER, P.L. Y LUCKMANN, T. La construcción social de la realidad. Edit Amorrortu. Buenos Aires. 1995.
CARBONELL, J. (COMP.) La escuela, entre la utopía y la realidad: diez temas de sociología de la educación.Barcelona: Ediciones Octaedro, S.L., 1996.
CARDÚS, S. El desconcierto de la educación. Ediciones B. Barcelona, 2001.
DURKHEIM. E., Educación y sociología. Editorial Península. Barcelona. 1996.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (editor). Sociología de la Educación. Edit. Ariel. Barcelona, 1999.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. La Escuela a examen. Pirámide. Madrid, 1995.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y TERRÉN, E. Repensando la organización escolar. Akal. Madrid, 2008.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y GUTIÉRREZ SASTRE, M. Organización escolar, profesión docente y entorno comunitario. Akal. Madrid, 2005.
FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coor.), Sociología de la Educación. Prentice-Hall. 2003
GIDDENS. A., Sociología. Edit Alianza, Madrid. 1993
GIL VILLA, F., Teoría sociológica de la educación. Amarú. Salamanca. 1997.
GINER. S. Sociología. Edit. Península. Barcelona. 1993.
GÓMEZ JALDÓN, C. DOMÍNGUEZ, J.A. Manual de sociología de la Educación. Pirámide. Madrid, 2005.
GRAS, A. Sociología de la Educación. Textos fundamentales. Nancea. Madrid, 1985.
GUERRERO SERON, (1996). Manual de Sociolgía de la Educación, Sintesis, Madrid.
JEREZ MIR, R. Sociología de la Educación. Guía didáctica y textos fundamentales. CU. Madrid. 1990.
LERENA, C. Escuela, ideología y clases sociales en la España contemporánea Ariel, Barcelona, 2, 1985.
LERENA, C ' "Materiales de Sociología de la Educación y de la Cultura", Zero, Madrid, 1986.
LERENA, C. (edit,) Educación y Sociología en España. Akal, Madrid, 1984.
LÓPEZ RUPÉREZ, F. Preparar el futuro. La educación ante los desafíos de la globalización. Madrid, 2001.
MACIONIS, J. y PLUMMER, K. Sociología. Prentice Hall. Madrid, 1999.
ORTEGA, F. y OTROS. Manual de Sociología de la educación. Visor textos, Madrid, 1989.
QUINTANA CABANAS, J.M. Sociología de la Educación. Hispano-Europea. Madrid, 1989-
TABERNER GUASP, J. Sociología y educación. Funciones del sistema educativo en sociedades modernas. Editorial Tecnos. Madrid. 1999.
VARELA, J. Las reformas educativas a debate (1982-2006). Morata. Madrid, 2007.
Recursos web.
http://www.ase.es/ Páxina da Asociación de Sociología de la Educación.
www.usal.es/mfe/SdE Profesor M. Fernández Enguita, Sociedades, historia, educación.
|
Bibliografía complementaria
|
WiLLIS, P. (1988). Aprendiendo a trabajar. Cómo los chicos de clase obrera consiguen trabajos de clase obrera. Madrid: Editorial Akal
APPLE, M. (1987). Educación y poder. Barcelona: Paidós
APPLE, M. (2002). Educar "como Dios manda" mercados, niveles, religión y desigualdad. Barcelona: Paidós
TERRÉN, E. (2001). El contacto intercultural en la escuela: la experiencia educativa de gitanos e hijos de inmigrantes en el Área Metropolitana de A Coruña . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
TORRES SANTOMÉ, J. (2003). El currículum oculto. Madrid: Morata
PEDRÓ I GARCÍA, F. (2009). El profesorado. Madrid: Biblioteca Nueva
TORRES SANTOME, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata
GUTMANN, A. (2001). La educación democrática . Barcelona: Paidós
PENNAC, D. (2008). Mal de escola. Vigo: Xerais
CALERO, J. (2008). Sociedad desigual, ¿educación desigual?: sobre las desigualdades en el sistema educativo español. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia
THE WIRE SERIE (2010). The Wire. Warner: 2010 |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Teoría da educación/652G02001 | Historia da educación/652G02006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Teoría da educación/652G02001 | Historia da educación/652G02006 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Cando se establezan datas de entrega de prácticas, traballos tutelados, etc..., deberán cumprirse, agás casos excepcionais e debidamente xustificados. - Recoméndase, sobre todo para o alumnado "non presencial" procure estar en contacto e comunicación regular coa(s) profesora(s). |
|