Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A18 |
Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e a súa situación actual (accións e metodoloxías utilizadas e profesionais que as levan a cabo) |
A1 A3
|
|
|
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional |
|
|
C7
|
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral para a concepción e a praxe da orientación profesional e ocupacional. |
A5 A8
|
|
C4
|
Analizar e deseñar actuacións de orientación ocupacional non sexista e reflexionar sobre o seu papel na consecución da igualdade de oportundiades entre homes e mulleres. |
A5 A9
|
B4
|
C4
|
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da igualdade de oportunidades. |
A14
|
|
C4
|
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente |
|
B6
|
C1
|
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe |
A2
|
|
|
Analizar e deseñar intervencións para a inserción laboral |
A6 A9 A18 A21
|
B1 B6
|
|
Coñecer, consultar e valorar recursos para a práctica da orientación ocupacional. |
A15
|
|
|
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida.
|
A1
|
|
C3
|
Consolidar hábitos de traballo cooperativo e potencia-las habilidades e actitudes sociais necesarias no desenvolvemento profesional
|
|
B5
|
|
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente.
|
|
|
C3 C7
|
Identificar os colectivos con especiais dificultades de inserción, analizar as súas características en relación cos factores de inserción laboral e coas necesidades de formación e orientación e valorar as implicacións para a intervención no campo da inserción socio-laboral |
A2 A8 A20
|
B4
|
C4
|
Identificar e valora-los posibles usos de Internet para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral |
A15
|
|
C3
|
Explorar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional
|
A1
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. Mercado laboral e Formación Profesional |
4.1. Características do mercado laboral actual
4.2. Mercado laboral e exclusión laboral.
4.3 Terminoloxía específica, finalidades e ordenación da Formación Profesional.
4.3. A acreditación de competencias: finalidade e procedemento.
4.4. Saídas profesionais para os/as educadoras/es sociais na formación profesional inicial e para o emprego.
|
TEMA 2. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación ocupacional |
2.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional: delimitación conceptual, relacións e aclaracións terminolóxicas
2.2. Enfoques explicativos da inserción
2.3. Modelos de intervención
2.4. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dficultade de inserción
3.2. A integración do enfoque de xénero na orientación ocupacional: finalidades e implicacións no deseño de programas e de itinerarios personalizados de inserción. |
Tema 3. Áreas de intervención, integración das TICs e recursos para a praxe da OO |
3.1. Áreas de intervención: que son e cales son ?
3.3. Internet e web 2.0: ámbitos de utilización na orientación ocupacional
3.4. Recursos para a praxe da orientación ocupacional |
Tema 4. Desenvolvemento institucional, situación actual da orientación laboral e perfil profesional dos/as orientadores/as laborais. |
1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación nos servizos públicos de emprego, nas accións de formación para o emprego e nos programas e proxectos de inserción sociolaboral. Análise da situación en Galicia e no resto das CCAA.
1.3 Perfil profesional do/a orientador/a laboral
1.4. A inserción laboral como ámbito profesional das/os educadoras/es sociais |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A5 A8 B1 C4 |
3 |
21 |
24 |
Estudo de casos |
A1 A3 |
7 |
23 |
30 |
Presentación oral |
B6 C1 |
1 |
1 |
2 |
Proba mixta |
A2 |
0 |
10 |
10 |
Simulación |
A6 A8 A9 A14 A15 A18 A20 A21 B4 B5 C3 |
14 |
40 |
54 |
Sesión maxistral |
A2 A1 C7 |
21 |
7 |
28 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
|
Estudo de casos |
A actividade de estudo de caso consiste na elaboración dun itinerario de formación para dúas persoas con perfís diferentes e previamente definidos polo alumnado. É unha actividade grupal. |
Presentación oral |
Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso. |
Proba mixta |
Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
|
Simulación |
Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento das profesoras. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas). |
Sesión maxistral |
O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Simulación |
Presentación oral |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento da actividades de estudo de caso, de simulación e de preparación da presentación oral. Para a actividade de simulación é obrigatoria a asistencia a tres sesións de titoría. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A1 A3 |
A actividade de estudos de caso consiste na elaboración dun itinerario de formación para dúas persoas que previamente teñen que ser caracterizadas en relación cos niveis de formación, expectativas e intereses, lugar de residencia, etc.
Esta actividade é grupal, máximo catro persoas.
|
10 |
Simulación |
A6 A8 A9 A14 A15 A18 A20 A21 B4 B5 C3 |
Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. |
40 |
Proba mixta |
A2 |
Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Requisito para superar a materia
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada a cada unha das dúas actividades que computan na avaliación . Convocatoria de xullo
Na
convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.
Avaliación das actividades grupais
As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación correspondente a cada unha. Actividades optativas
Coa realización de actividades optativas poden obterse até dous puntos. Para poder realizar estas actividades o alumnado debe de comunicarllo a profesora as que quere realizar, como moi tarde , na última semana de setembro.
Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas
Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter
unha asistencia superior ó 85%, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para poder optar esta modalidade hai que contactar, a máis tardar o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas.
coa docente para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento. Neste caso o alumnado, a maoires das actividades acordadas, ten que realizar un informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso
de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo
14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e
reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Os contidos incluídos nos traballos deben estar
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas
APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas
que se re-elaboran. Plaxio O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso. Falsificar unha sinatura Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. Copiar nos exames O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022 | Métodos de avaliación de programas/652G03023 | Orientación e políticas de emprego/652G03031 |
|
Materias que continúan o temario |
Orientación e políticas de emprego/652G03031 |
|
Observacións |
A materia optativa Orientación e políticas de emprego aporta coñecementos imprescindibles para os profesionais da educación social interesados no ámbito da inserción socio-laboral, entre outros, sobre as medidas e políticas de emprego, a caracterización do mercado laboral e o coñecemento do entramado institucional europeo, estatal e galego con competencias no ámbito do emprego e da formación. Esta materia ademais de aportar coñecementos profesionais axuda a facer unha lectura comprensiva e crítica sobre o mercado laboral , sobre as políticas de austeridade que se están aplicando e as súas consecuencias en termos de inequidad social, de incremento das desigualdades sociais. |
|