Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre Código 652G03030
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/HectorPose
Descrición xeral De natureza eminentemente práctica, ademais da docencia do prefesor responsable, tratarase de convidar a expertos no sector a compartir experiencias co alumnado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a terminoloxía específica da pedagoxía do lecer o do tempo libre A1
A5
A6
A9
B1
B4
Elaborar e xestionar medios e recursos para intervención no tempo libre A15
A19
A21
B3
B6
C6
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan presentar, defender e desenvolver proxectos cara o tempo libre A7
A11
A20
B6
C1
C3
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea e as súas potencialidades educativas. Lecturas
2. A acción-intervención educativa no tempo libre. 2.1 Espazos, ámbitos e contextos da acción-intervención no tempo libre.
3. A animación teatral como ferramenta de intervención no tempo libre en múltiples contextos. 3.1 Xenealoxía da animación teatral.
3.2 A súa práctica.
3.3 O teatro lido como recurso.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A5 A7 A9 A21 20 0 20
Traballos tutelados A6 A11 A15 2 29 31
Aprendizaxe colaborativa A20 1 6.4 7.4
Estudo de casos B1 B3 B4 10 40 50
Discusión dirixida B6 3 3 6
Lecturas C5 C6 C7 2 4.6 6.6
Simulación A19 C1 C3 2 8 10
Proba mixta A1 A7 2 16 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral xposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Deberá/an acudir a unha titoría como mínimo

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A11 A15 Os traballos tutelados nesta materia serán especificados polo docente na presentación do programa o primeiro día de clase. 20
Lecturas C5 C6 C7 O Dossier do alumnado que se porá a disposición do mesmo, serán artigos e documentos que, a longo das clases, o profesor poderá solicitar unha opinión sobre eles. Para computar positivamente ditas lecturas, o profesor formulará cuestións ao redor dos mesmos. 10
Proba mixta A1 A7 Será sen material, na data establecida pola xunta de Facultade, e constará de dúas preguntas. Unha longa a desenvolver (70%) e outra curta (30%). 70
 
Observacións avaliación

As persoas que non acadan un mínimo do 80% das sesións presenciais, de querer superar a materia deberán:


a. Realizar unha proba teórico-aplicativa o día do exame que supón o 100% da cualificación deste alumnado. O traballo tutelado, para estas persoas, será de obrigado cumprimento en consenso co profesor.

Fontes de información
Bibliografía básica
Bantulá, J. (2001): Juegos motrices cooperativos. Paidotribo: Barcelona.
Baroja, V. e Sebastiani, E. (2000): Unidades didácticas para secundaria IV. Jugar, jugar, jugar. INDE: Barcelona.

Caballo, María B. e Fraguela, R. (coords.) (2005): A acción municipal no tempo libre. Deputación da Coruña: A Coruña. Colección Cadernos Temáticos interea.

Cañas, J. (1994): Didáctica de la expresión dramática. Oactaedro: Barcelona.
Caride, J. A. e Vieites, M. (coords) (2006): De la educación social a la animación teatral. Trea: Gijón.
Caride, J. A. e Trillo, F. (coords) (2011): Dicionario galego de pedagoxía. Galaxia: Vigo.
Castro, M. e outros (2007): La escuela en la comunidad. La comunidad en la escuela. Grao: Barcelona.
Castro, M. e outros (2008): Educación Social e Escola. Nova Escola Galega. Santiago.
Cuenca, M. (2004): Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto.
Chacón, F. e Vecino, M. (2006): Cómo trabajar con adolescentes en el tiempo libre. Zaragoza: Certeza.
Eines, J. e Mantovani, A. (1997): Didáctica de la dramatización. Gedisa: Barcelona.
Del Pino, J. A.; Dauso, A. e Martínez, R. (2001): Prácticas de ocio, cambio cultural y nuevas teconologías en la juventud española de fin de siglo. Madrid: CCS.
Devos, F. (2006): Jóvenes pero alcanzables. Fundación Autor: Madrid.
Devos, F. e outros (2009): Infancia, juventud y comunicación. Fundación Autor: Madrid.
Educación Social (2006): Revista. Monográfico "El Juego, herramienta educativa", mayo-agosto.
Fraguela, R.; Lera, A. e Varela, L. (2002): "Contribución al desarrollo grupal a través de actividades motrices". Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, vol. 8, p.9-26
Froufe, S. (1998): Técnicas de grupo en animación comunitaria. Amarú: Salamanca.
Motos, T. (1983): Iniciación a la expresión corporal. Humanitas: Barcelona.
Motos, T. (1987): Prácticas de Dramatización. Humanitas: Barcelona.
Palacios, J. (1999): Jugar es un derecho. Fundamentos pedagógicos del juego. Xaniño: A Coruña
San Salvador, R. (2000): Políticas del ocio: cultura, turismo, deporte y recreación. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao.
Pantoja, L. (1998) (coord): Nuevos espacios de la educación social. ICE: Bilbao.
Setién, M. e López, A. (edit) (2003): Mujeres y ocio. Nuevas redes de espacios y tiempos. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao.
Tejerina, I. (1994): Dramatización y teatro infantil. Siglo XXI: Madrid.
Ucar, X. (1992): El teatro en la animación sociocultural. técnicas de intervención. Diagrama: Barcelona.
Vial, J. (1988): Juego y educación: las ludotecas. Akal: Madrid.
VEntosa, V. (1996): La expresión dramática como medio de animación en educación social. Fundamentos, técnicas y recursos. Amaru: Salamanca.



Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Animación e xestión sociocultural/652G03017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Dinamización de espazos de proximidade e participación social/652G03033

Observacións

Acordar co profesor o soporte e prazos dos traballos a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías